Amosando publicacións coa etiqueta 3º de ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º de ESO. Amosar todas as publicacións

TERCEIRO E CUARTO DE ESO VAN Ó TEATRO


 








O día 3 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO  asistiu a unha representación no auditorio de Cambados. Foron Os Quinquilláns,   partindo de textos de Madein Galiza de Séchu Sende,  os encargados de mostrar algúns dos prexuízos lingüísticos que afectan á nosa lingua.

 Estas son manifestacións do noso alumnado despois de ter asistido á representación:
“Unha obra cunha mensaxe moi importante. O galego forma parte da nosa cultura, é a nosa lingua e temos que falala e coidala para que os fillos dos nosos fillos tamén a falen. (...) Oxalá nunca se perda a nosa lingua”. (Alba González)
“Recomendo profundamente esta obra para aqueles que consideren que o galego non é unha lingua. Ó contrario, o galego é unha lingua máis, unha lingua románica e lingua oficial en Galicia. (...) A adaptación do texto Madein Galiza axuda á normalización lingüística”. (Gabriel Folgada)
“A representación mostraba unha nena que falara galego ata que un día na discoteca Koyote atopou un “atrapalinguas” que lle quitou a súa lingua”. (Lucas Cores)
“Falou galego moito tempo, ata que un día foi de festa e un home de LanguagePlanning lle arrincou de novo o galego e comezou a falar castelán outra vez”. (Adrián Míguez)
“Hai unha axencia con persoas que intentan que desapareza o galego. Para conseguilo, vanlle corrixindo ós falantes de galego cada palabra ata roubarlles a lingua”. (Nuria Carballa)
“Mediante unha metáfora, móstrase  como o galego vai sendo menos utilizado debido ós prexuízos: os  “ ladróns de palabras” eran un grupo de persoas pertencentes a unha organización que quería destruír o galego”. (Lucía Villanueva)
“A perda da lingua simbolízase cunha persoa chamada Roba Palabras, que animaba á protagonista, Estrela, a deixar o galego. A pesar das dificultades (a familia, o instituto, as persoas da empresa que convencen os galegos para que falen en castelán), o galego séguese utilizando xeración tras xeración”. (Jaime Camiña)
“Chegou á panadaría de sempre e pediu  pan en castelán, pero o dependente dálle pans galegos (de Carral, de Cea...) e ela probou un cachiño e recuperou a lingua”. (ÁlexCacabelos)
“Vese a evolución lingüística que sofre a protagonista. (...) Ao final, Estrela lembra cal é a súa propia lingua e  está decidida a ensinárllela aos seus fillos , o galego.  (...) Cada vez son máis as persoas que deixan de falar galego para falar castelán polos prexuízos lingüísticos, pero esta obra ensínanos a apreciar a nosa lingua”. (Daniel Castro)
“Fronte ó desprezo dos falantes de castelán cara ó  galego e á obsesión por unificar todos os idiomas para crear unha única  “lingua do futuro”, transmítenos que o galego non é un castelán mal falado, que cada lingua é unha gran riqueza e que nós debemos apreciar esa riqueza que posuímos”. (ÁngelBerreco)
“Resultou interesante porque mostra o desprezo que sofre o galego no seu propio lugar”. (Alexia González)
“Unha obra presentada polo grupo Os Quinquilláns, que aínda sendo de corte humorístico, trata un tema serio como é a conservación da lingua. (...) Unha obra que contén unha mensaxe moi importante que non debemos esquecer”. (Mario Santiso)

Presentación de ENÓRMIC BANDA

o pasado mércores 6 de xuño realizouse a presentación da revista ENÓRMIC BANDA de banda deseñanada dos EDLG do Salnés no CPI Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. 

Este ano os dous alumnos escollidos para publicar o seu traballo na revista foron: María Welss Prol con "Historietas de hospitais" de 3º de ESO e Daniel Castro Besada con "Pokemon" de 2º de ESO.

A revista deste ano ten un toque moi xaponés, dado que no seu limiar colaborou o profesor Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku de Toquio e a portada e a contraportada correu a cargo de  Anémona de Río, autora do primeiro manga en galego Tam




O Faro de Vigo e La Voz de Galicia fixéronse eco desta nova. 

Concurso literario no IES de Sanxenxo




O noso alumnado do grupo de voluntarios da biblioteca escolar  e do club de lectura de 3º de ESO, xunto cos dos grupos de clubs de lectura de 1º de bacharelato participaron no XII Certame Literario de Narración Curta e Poesía do IES Sanxenxo o pasado día 18 de maio nese centro escolar.

Esta é unha cita á que acudimos todos os anos, que conta con varias categorías.  O noso centro participa este ano nas de segundo ciclo de secundaria e na de bacharelato. 


O día 15 de xuño no Auditorio Emilia Pardo Bazán é a entrega de premios. Unha parte importante deste alumnado está a espera ansioso do veredicto, dado que moitos son ex alumnos dese centro escolar.


"Polo correo do vento" con Maruja Mallo


Os integrantes do colectivo cultural Polo correo do vento estiveron connosco o pasado día 23 co alumnado de 1º de ESO co obxectivo de visibilizar a figura da nosa pintora Maruja Mallo, homenaxeada no Día das Artes 2017.
Libro publicado por Polo correo do vento
A actividade foi coordinada entre o EDLG, a biblioteca escolar e o Departamento de plástica para dar a coñecer a vida e obra desta pintora. De aí que o alumnado de 3º de ESO realizou unha serie de versións dos seus retratos de muller, que xa están expostas nos nosos corredores. E o vindeiro día 6 contaremos con outra charla de Emilio Insua sobre esta insigne pintora vivierense, neste caso para o alumnado de 3º de ESO e 1º de bacharelato.


Manuel Manquiña ensínanos interpretación.


Dentro do programa EduMOTIVAcon  o pasado 16 de maio estivo co alumnado de 3º de  ESO o actor, Manuel Manquiña, realizando un pequeno obradroiro de interpretación. Aínda que na proposta inicial tentamos traballar o monólogo humorístico, o medo escénico da maioría do alumnado fixo que este se convertese en pequenas pezas dramatizadas por parellas e tríos.



Enriba das táboas do noso salón de actos estiveron en primeiro lugar Antía Martínez e Lara de 3ºA, que escenificaron unha peza titulada “As nosas relacións coas máquinas”, onde se ironizaba sobre as chamadas telefónicas nas que tratamos con máquinas ou operadores estranxeiros. 




En segundo lugar, Marcos Muñiz, Aitor e Isaac de 3ºB levaron á escena “As crónicas da Arnosa” e “A nosa clase”, pezas que trataban a singularidade do seu vecindario e da súa clase en particular. 



En terceiro lugar, Pedro e Vicente de 3ºA escenificaron "As relacións dos adolescentes cos seus móbiles". E por último Mateo, Jonathan e Alejandro de 3ºA fixeron un pequeno teatriño sobre os “Estereotipos de profes” e Noa, Antía Miniño e Ainhoa de 3ºA sobre os “Estereotipos de galegos”. 


Ó remate das súas intervencións Manuel Manquiña aplaudiu nalgúns casos e corrixiu noutros: ben a proxección da voz, ben a dicción, ben a expresión corporal ou a posta en escena do noso alumnado. 

Tamén lles falou da distribución de roles no canto de interpretar dúos enriba do escenario: o listo e o parvo, o simpático e o serio, o alto e o baixo.

O fomento da cultura do esforzo e da creatividade quedaron patentes nesta actividade como obxectivos cumpridos dentro dos que se pretendían traballar en EducaMOTIVAcon.

Teatralización de "Cousas" de Castelao

Resultado de imaxes para cousas os quinquillánsO vindeiro 23 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO e o de 2º de bacharelato asistirá representación de "Cousas" no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo da man da compañía Os Quinquilláns. Tamén asistirá alumnado do IES de Sanxenxo.



3º da ESO contra o maltrato de xénero.


O alumnado de 3º da ESO fixo unhos vídeos sobre o maltrato de xénero que merece a pena ollar.
O profesor que os guiou e animou foi Manuel Radío Oubiña de Lingua e Literatura española.

Obradoiro de xornalismo no IES de Vilalonga



A escola de xornalistas de Galicia acudiu ao IES de Vilalonga para impartir uns obradoiros sobre o xornalismo ao alumnado de 3º ESO. Estes obradoiros tiveron una duración de dúas horas cada un nos que se trataron diversos temas.
Explicáronnos que é un xornalista, en que consiste o seu traballo, de onde obteñen a información, os diferentes lugares onde poden publicar as súas novas, etc.
Insistiron sobre todo en que unha parte da información que aparece nos medios de comunicación non sempre é certa e en que temos que ter coidado coas fontes de onde sae esa información e a súa fiabilidade.
Ademais, para completar os obradoiros acudiu ao IES de Vilalonga a TVG que gravou a actividade en directo para o programa de A Revista . A TVG entrevistou a algúns dos alumnos sobre o que aprenderán e se lles gustara a actividade ou non.

Sabela Ara Solla (3ºESO)



Podedes ver o programa A Revista neste enlace

DÍA DA PAZ NO IES DE VILALONGA

O alumnado de 3º de diversificación no quixo deixar de aportar o seu gran de area á conmemoración do día da paz. Velaiquí o seu traballo.




Enredando versos en SALAMANCA

Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui.

O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
 

Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste
O primeiro día paramos en Zamora a comer. Xa en Salamanca visitamos a librería Hydria e á noite realizamos un recital da man do poeta Raúl Vacas e o cantautor, Fernando Maés.
Exemplo de Urban Knitting.

Os seguintes días visitamos a biblioteca municipal G. Torrente Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla ornitolóxica con José Luis Moreno "Pájaros en la cabeza". 

Fixemos un roteiro guiado por Salamanca e visitamos o Museo de Arte Contemporáneo. Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a visita ó Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte urbana  pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar  na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal,   Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)

De volta á casa paramos en Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como  o Beato mozárabe de Tábara.