Amosando publicacións coa etiqueta DEREITOS HUMANOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEREITOS HUMANOS. Amosar todas as publicacións

Exposición DH

 

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que marca un fito na historia dos dereitos humanos. Elaborada por representantes de todas as rexións do mundo con diferentes antecedentes xurídicos e culturais, a Declaración foi proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en París, o 10 de decembro de 1948 (Resolución 217 A (III)) como un ideal común para todos os pobos e nacións. A Declaración establece, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro e foi traducida a máis de 500 idiomas. A  DUDH é amplamente recoñecida por inspirar e achandar o camiño para a adopción de máis de setenta tratados de dereitos humanos, que se aplican hoxe en día de maneira permanente a nivel mundial e rexional (todos conteñen referencias a ela nos seus preámbulos). 

O IES de Vilalonga ten, estos días, unha exposición sobre os DH, prestada por Amnistía Internacional, no corredor do Edificio 1. Os obxectivos é que o alumnado coñeza algún destes artigos, que os compreda e os asuma como propios e fundamentais.O seu contido foi traballado, sobre todo, co alumnado de 3º da ESO.





CONFERENCIA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS


O  martes 20 de febreiro de 2018 tivemos o privilexio de acoller no noso Centro ao profesor e político colombiano Gustavo Pedraza. A súa conferencia titulada: "Impunidade e guerra en tempos de paz" resultounos extremadamente interesante en diferentes aspectos. Primeiro contounos que está refuxiado en España por medio de Amnistía Internacional, ONG que nos serviu de mediadora para a súa visita; a causa do asasinato do seu irmán Carlos Pedraza (maestro e político de esquerdas) e a posterior reclamación de explicacións por parte da súa familia.
Falounos de como os Dereitos Humanos non están sendo respectados en Colombia (onde o Presidente acaba de recibir o Premio Nobel da Paz), como a oposición política é perseguida e encarcelada, como a nivel político, policial e xudicial domina a corrupción, como os medios de comunicación nos manipulan e como son pisoteados os dereitos do pobo en xeral e dos indíxenas en particular.
Realizouse un sondeo entre o alumnado que participou nesta experiencia: 3º ESO A e 2º de bacharelato, e os resultados indícanos que lles resultou interesante e de actualidade, non lles resultou pesada nin larga e suxiren que se fagan máis de este estilo. O seu interese demostrouse, así mesmo, no coloquio que tivo lugar na parte final da actividade no que fixeron numerosas preguntas ao conferenciante.

"Invisibles. Nenos soldado"



Extracto do documental "Invisibles", producido por Javier Bardem. Este fragmento corresponde á parte dirixida por Fernando León de Aranoa, que levou a súa cámara até Uganda para denunciar a situación dos nenos soldados, que son secuestrados ás súas familias para obrigalos a matar ata morrer.

Baixo este título desenvólvense dúas historia de ficción "O sono de Bianca" e "Cartas a Nora" e tres documentais: "A voz das pedras", "Ouma" e " Crimes invisibles". Estas historias lévanos á República Centroafricana, Colombia, Uganda e a República Democrática do Congo para reflectir e recordar situacións coma as enferrmidades de chagas e do sono, os Night Commuters de Uganda, a violencia de Colombia e a agresión sexual na República Democrática do Congo.


 Nesta ligazón podes atopar o documental completo.

Pena de morte no 2013



Segundo os datos de Amnistía Internacional en contra da tendencia mundial á abolición da pena de morte, en 2013 Iraq e Irán aumentaron o número global de execucións. O alarmante número de execucións levadas a cabo no 2013 nun grupo illado de países –principalmente neses dous estados de Oriente Medio– supuxo que foran executadas cerca de 100 personas máis ca o ano anterior en todo o mundo, o que representa un aumento de case o 15 por cento. 

CINE POLOS DEREITOS HUMANOS




O martes 16 de decembro e o mércores 18, organizado pola Biblioteca en colaboración co departamento de Filosofía, organizamos tres megasesións cinematográficas: "Quero ser como Beckham" para 1º e 2º de ESO, "A bicicleta verde" para 3º e 4º de ESO, "A verdade oculta" para 1º e 2º de BACHARELATO. O obxectivo, a parte de disfrutar de cine de calidade, foi reivindicar os dereitos humanos, especialmente os da muller, deste xeito rendemos a nosa homenaxe ós Dereitos humanos e en particular, ós das mulleres. As sesións foron un éxito.