Amosando publicacións coa etiqueta RELACIÓNS LABORAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RELACIÓNS LABORAIS. Amosar todas as publicacións

CINE: Clásicos para non esquecer. ENTROIDO 2015

BOUDU salvado das augas, 1932. Jean Renoir
Bonita fábula, excelente director e gran interpretación. Este vagabundo non quere vivir na súa sociedade, e logo tampouco se vai deixar integrar...

L'ATALANTE, 1934. Jean Vigo
Unha das grandes películas do cine clásico. Unha historia de amor e vida perfectamente contada: sinxela, emotiva e fermosa...

LAURA, 1944. Otto Preminger
Cine negro americano. Marabillosa Gene Tierney

OS INÚTILES, 1953. Federico Fellini
Por que non queren traballar estes cinco mozos?
"Unha reflexión sobre a existencia"

BANDA APARTE, 1964. Jean-Luc Godard
Estes rapaces franceses dos anos sesenta xogan a ser personaxes de cine negro americano entre o barrio de Clichy (do vello París) e o (máis periférico) de Joinville-le-Pont. Poucos recursos lle foron suficientes a Godard para facer esta linda película: boa fotografía e a interpretación de Anna Karina. Quen nos dera bailar este marabilloso solo de claqué cando retornabamos polas noites de verán ao camping de Joinville, pola orela do Marne...!

O DESERTO VERMELLO, 1964. Michelangelo Antonioni
Por un deserto da era industrial con Antonioni e Mónica Vitti. Anodinas vivencias, poderosas imaxes.

RAQUEL, RAQUEL, 1968. Paul Newman
Como esquecer esta película que tantos e tantas vimos na primeira xuventude? Falábanos directamente ao corazón: a súa rabia era a nosa, os seus medos e os seus soños tamén, a liberdade  era o ben máis preciado... Moi ben por Joanne Woodward e Paul Newman, que non só foron fermosos...!
Rb.

CINE PARA PENSAR, PARA AMAR, PARA EMOCIONAR...

 Un invierno en la playa."Inteligencia, tono y talento"Josh Boone. EE UU, 2012. A vida día a día. O amor duradeiro: un proxecto de vida en común; agora que o amor vai tan barato ben paga a pena deterse en películas coma esta dirixida ás emocións. Nada está perdido, verás. Gústame este cine fresco, fermoso e reflexivo que nos está a chegar de América.

 
Hannah Arendt. "H. Arendt, pensadora alemana de orixe xudeu" / "Eichmann en la horca"). Filme alemán 2013, da directora Margarethe von Trotta, "Un elogio de la inteligencia".


Las horas del verano. Olivier Assayas, un importante director do cine francés actual. Francia 2008. "Un film francés terso, fluído y suave como la corriente serena de ese río que en la metáfora representa el paso del tiempo..." 


                                       



    





En tierra de hombres. Niki Caro. EE UU, 2005    (ficha didáctica). Filme moi interesante para traballar na aula. A crítica é controvertida e ás veces un pouco despiadada e irreflexiva. É certo que a actriz Charlize Theron é moi boa e a música tamén, pero non só. Talvez non sexa suficiente vela con ollos de europeo sen máis. Trasladémonos a USA e miremos como funcionan as súas leis laborais; como se vive e se relacionan na América profunda - non é o mesmo que no Manhattan de Woody Allen; e quen se foi de Europa para alá, non sempre foi o mellor, tamén emigraron as comunidades máis retrogradas fuxindo do libre pensamento. América é moi grande e hai sitio para todos. E aquí?, son as comarcas mineiras outra cousa que terra de homes? En calquera caso saiban os novos e os non tan novos que nada se nos dá gratuitamente, non vaia ser que todo estea por ganar.

1 DE MAIO: A BELEZA QUE CHE DEBO. NA TÚA MEMORIA

CINE: 
Unha manadiña de xoias con música
Na casa, de François Ozon
Excelente película francesa de 2012 para ver cos nosos alumnos dos  IES.  Lévanos da ficción á realidade e viceversa. Invítanos a fixarnos naquel alumno que se senta ao fondo da aula..., mais...

Ariel Rot - Papi dame la mano


Mediterráneo ,  de Gabriele Salvatores
 Película italiana de 1991. Talvez é tempo de que volvamos a Grecia. Entón, no filme, chegaron alí os xermanos para deixalos ben mortos, agora volveron para matalos vivos. Volvamos a Grecia para quedarnos alí e ver pasar o tempo desta guerra desde calquera outeiro nunha fermosa illa, sen máis. Para amala e amar e preservar a memoria da súa memoria, do seu legado. Que os ladros do norte e seus cómplices do sur  afoguen no seu propio lixo... Nós quedámonos coa beleza. Sinxela, fermosa...

Isadora, de Karel Reisz 
Película inglesa de 1968. Retrata a vida da bailarina Isadora Duncan, que prendeu en moitas de nós, seguramente, un soño de liberdade e de incansable búsqueda de beleza...

Manel - Deixa-la, Toni, deixa-la


Os catrocentos golpes,  de François Trufaut
Película francesa de 1959. Antoine Doinel, asfixiado polos problemas familiares e sociais e maila fría disciplina escolar, emprende a fuxida cara ao mar...

Oci Ciornie - Ninna Nanna


                                  Tess,  de Roman Polanski. 
Película de 1979, de ambiente inglés pero rodada  en Francia. Enorme recreación do seu autor a partir dunha novela inglesa. Non debe descoñecerse este relato feminista que é ademais unha gran obra de arte. 

Manel - Teresa Rampell



Chovendo pedras, de Ken Loach

Esta película inglesa de 1993 é bastante máis que unha obra 

divertida, encarna a loita pola dignidade humana, dereito que a 

señoraThatcher puxo en cuestión para asalariados e 


parados. 


Total, daquela, que máis lle daría á filla do tendeiro e, hoxe, á 

filla do pastor luterano e seus esbirros?



A Aura, de Fabián Bielinski 

Unha película arxentina de 2005, un thriller ben artellado e 

unha espléndida actuación de Ricardo Darín. Interesante.

MARIO BENEDETTI - TODAVIA