Textos dramatizados

"O alumnado de 1º ESO, coa colaboración da Biblioteca e enmarcado no programa Radio na Biblio, coordinados pola profesora Fátima Barreiro, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, preparou unha lectura dramatizada de fragmentos de "El Principito" de Saint-Exupéry. Prepararon o fragmento antes de subir a gravar e o propio alumnado controlou a mesa de misturas. Podedes escoitar aquí un dos capítulos gravados despois de ser editado. Esperemos que sexa un punto de inicio que se consolide o curso que vén."



Ningún comentario:

Publicar un comentario