17 de abril 2025

 

No Día do libro a

 comunidade

 educativa

 do IES de Vilalonga quixo

 demostrar

 que un libro ten 1000

 vidas, atopando

 mensaxes nas páxinas

 desbotadas de

 libros que xa esgotaran a

 súa vida.

 Unha iniciativa moi

 creativa na que

 colaboraron

 Departamento de  Lingua

Castelá e o de Inglés coa

 Biblioteca.



Día do Libro 2025

    Co gallo da celebración do Día do Libro o Departamento de Castelá en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Inglés, organizaron unhas recomendacións literarias nas que participou o alumnado e o profesorado do centro. O alumnado fixo as súas recomendacións a través das Piruletas literarias, que suman a creatividade ao pracer de ler, estiveron expostas na Biblioteca, acompañadas dun libro xigante que nos recordou o parcer de ler en todas as linguas que se poden empregar no instituto. O profesorado colgou as súas recomendacións no corredor do edificio 1, para que fora visible para toda a comunidade escolar.