SAMAÍN CON "CASO PECHADO"

O venres 28 de outubro gozamos de Caso Pechado, un espectáculo de Raquel Queizás con narracións orais para adolescentes que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror.

Unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar. Case todos foron resoltos, son casos pechados, agás algúns…

Unha boa forma de celebrar o Samaín para 1º e 2º de ESO e 1º e 2º de FPB administrativo.







Club de lectura do IES de Vilalonga.

 Esta semana comezamos cos Clubs de Lectura da Biblioteca do IES de Vilalonga.

Neste caso un grupo de alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha sesión do Club de Lectura o martes 25 de outubro do 2022. Este foi realizado en formato de programa de Radio, facendo un pequeno podcast sobre a lectura de "O home invisible" de H. G. Wells. 

Aquí podemos ver unhas imaxes da gravación do programa.











Aquí vos deixamos o podcast para o que o poidades escoitar.  



PREMIOS NACIONAIS PARA A LITERATURA GALEGA

Ismael Ramos por Lixeiro e Marilar Aleixandre por As malas mulleres, veñen de ser recocoñecidos co "Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández" e "Premio Nacional de Narrativa", respectivamente. Poeta e narradora de dúas obras de diferentes xéneros da literatura galega actual que deixan constancia do traballo de grande calidade que estamos producindo dende Galicia.

            Parabéns para ambos e para a literatura en galego!

           

             



Contratos programa: Riscos laborais

CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Este martes 20 de outubro realizáronse  actividades de sensibilización en prevención de riscos laborais no IES de Vilalonga.  O alumnado de 1ºFPbásica tratou de identificar, avaliar e controlar posibles riscos e perigos asociados á actividade laboral. Foi todo un éxito!!! Parabéns ao alumnado e profesorado!.

Contratos programa: Emociona-t

 

OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Esta semana tivemos unha sesión do Programa Emociona-t con Gloria Fontán de GAPEFA, dirixida ao alumnado de  4ESO  e 2º FPB Auto do IES de Vilalonga, sobre intelixencia emocional para  dotalos/as de estratexias e recursos persoais para manexar as emocións de maneira saudable.

Guías de lectura de outono 2022

 

Emprendemento no rural.

 

CO EMPRENDEMENTO NO RURAL GAÑAMOS TODOS! .

O alumnado de FP BÁSICA, CM e CS de Administrativo do IES de Vilalonga participaron na charla Dá o paso, emprende no rural! co obxectivo de motivar á xuventude a ser emprendedores e demostrar que un futuro no rural é posible.

Premio Planeta 2022

A  escritora Luz Gabás, autora do best seller Palmeras en la nieve,  gañou este sábado pola noite o  premio Planeta, que se anunciou durante unha cena multitudinaria en Barcelona, con unha novela titulada Lejos de Luisiana. Cristina Campos quedou finalista nesta 71ª edición con Historias de mujeres casadas.

Lejos de Luisiana é un relato histórico ―tres das catro novelas que publicou Gabás  o son― transcorre no  século XVIII durante o período en que este territorio pertenceu a España. Relata a historia de amor entre un indio e unha colona. “É unha novela coral na que o contexto histórico é moi importante”, explicou Gabás cando subiu ao escenario a recoller o galardón. O seu relato, sinalou, discorre “na tensión entre a paixón e a razón “que describiu como un de os grandes temas da  súa literatura. Tratase de unha novela coral, na que os personaxes se ven baqueteados por uns  acontecementos que acabarían por cambiar o mundo.

Historias de mujeres casadas é tamén un relato de amor, neste caso contemporáneo e, como indica o su propio título, é ante todo una historia de mulleres. Campos explicou que o seu libro arranca con tres mulleres da  súa idade que se coñecen nun  entorno laboral. “Iso sírveme para tratar a historia dos seus matrimonios, pero tamén a intimidade feminina e o desexo”, sinalou. Unha de elas coñece a un home na rúa e o que empeza como un xogo acaba por converterse en algo que cambia a súa vida.

Guillermo Altares. El País. 15/10/2022

DÍA DAS ESCRITORAS 2022

 O día 17 de outubro celebramos o Día das escritoras e deixamos polos corredores unha pequena mostra do mundo literario feminino galego. Non queremos deixar de lado, nestes tempos convulsos e de conflito, a visibilización da guerra e da violencia desde o punto de vista de varias das nosas autoras.






Emprender no rural!

 Hoxe no centro participamos na Iniciativa de compromiso co rural de Casa Grande de Xanceda a través da formación "Paso de vaca". Varios grupos de alumnado de formación profesional de administrativo achegáronse deste xeito ao que é a actividade emprendedora no mundo rural galego. 

Formas de seguir tendo vida nas nosas aldeas son necesarias hoxe máis que nunca.


Automoción triunfa!


III Ecorally Petronor na cidade de Bilbao: o sábado día 1 de outubro  de 2022 o Departamento de Automoción do IES de Vilalonga expuxo un modelo fabricado por eles nos talleres do centro: Karlonga,  xunto cos da Universidade de Lisboa. Fixeron unha  visita nocturna a cidade, e máis tarde desprazáronse a Miranda de Ebro onde fixeron noite. O domingo día 2, desprazáronse o Circuíto de Navarra na localidade de Los Arcos, onde participaron na última carreira do campionato GREENPOWER 22 competindo na  categoría de Formula 24+. Carreira onde indo terceiros tiveron que retirarse por quedar sen enerxía, por calcular mal a carga da batería. Igualmente acadaron o premio BEST BODY WORK co seu coche. O mérito é que xunto con Lisboa, son os únicos que fixeron dende cero o coche.
Ese día no circuíto de Navarra celebrouse tamén  unha proba de F4, Copa Saxo e Turismos GT, válidas para o  campionato de España. 
Pasámolo moi ben e con moito aprendizaxe para todo o equipo!
Chegamos de volta o Instituto as tres da madrugada sen incidencias destacables.

Departamento de Automoción-Rafael Domínguez.