BOAS VACACIÓNS.


O equipo da biblioteca desexa a toda a comunidade escolar un Bo Nadal e un Próspero ano novo 2020.

XORNADA DE TEI NO IES DE VILALONGA.

O mércores día 19 de decembro de 2019 tivo lugar no instituto un xornada de Titorización Entre Iguais. O alumnado de 3º da ESO xogou, bailou e divertiuse. O obxectivo é que os alumnos/as socialicen, se fagan novas amizades, interactúen, etc. Como mostra as seguintes fotos:


100 anos da revista Nós


«Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós. É a ansia qu’oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu verdadeiro e inmorrente, a evidencia luminosa do mañán, o que nos fai saír. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantable na vitalidade e no xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó acomprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra, unha xeración que se deprocatou do seu impeiroso deber social de crearen pra sempre a cultura galega..». O 30 de outubro de 1920 saía do prelo en Ourense o primeiro número da revista Nós con este editorial escrito por Vicente Risco. Agora, para conmemorar o seu centenario e destacar o seu legado en canto que colocou «a lingua, as artes e a ciencia galega nun nivel privilexiado de calidade», a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura impulsou a mostra «Nós» de onte a hoxe: 100 anos de historia, que ata o 25 de xaneiro se poderá ver no Museo do Pobo en Santiago e, posteriormente, visitará outras cidades e localidades galegas. 
La Voz de Galicia 12/12/2019


O Planetario no IES de Vilalonga





“IMPRESIÓNS DO PLANETARIO”
O día 7 de novembro no pavillón do instituto houbo una pequena actividade.
Participou todo o alumnado de 1º ESO, e o que se mostrou foi o espazo.
Toda a actividade transcorre ao longo da mañá; íamos en diferentes grupos de 18 persoas, máis ou menos. Eu fun despois do segundo recreo coa meirande parte dos meus compañeiros de clase; chegamos ao pavillón mollados polo día de chuvia que facía. Ao chegar atoparámonos co planetario, inchable e o chico do planetario estivo explicándonos unhas normas básicas para estar no planetario.
Entramos e sentámonos; eu senteime ao carón de Nuria e de Naiara: estivemos ollando a nosa galaxia, a lúa, os planetas...
A min pareceume moi entretida a actividade porque aprendín cousas da miña galaxia que non sabía.
Ainhoa, 1º ESO B


“IMPRESIÓNS DO PLANETARIO”

O planetario foi o xoves 7 de novembro. Os nenos e nenas de 1º ESO B, ao chegar ao pavillón, recibiunos un home que nos deu a introdución do que íamos ver dentro do planetario.
O planetario era unha especie de cúpula feita cun plástico que se rompía facilmente. Dentro había un proxector cunha lente de forma circular que representaba en 360 graos; para mover a imaxe precisábase dun mando que case todos recoñecemos ao instante: era o mando da XBOX, ou polo menos parecíase a el.
As imaxes víanse grazas a unha aplicación moi parecida a Google Earth, pero que non so se vía a Terra senón outros planetas tamén.
O home deunos moitísima información sobre o Universo, os movementos da Terra e canto tardan en cada un deles; os movementos da Lúa e canto tardan eses movementos e as distancias no Universo, entre outras cousas.
A min pareceume divertido, gracias ao movemento en 360º. Ademais o home, mentres explicaba, facíanos preguntas para que entendéramos mellor.
Foi unha moi boa experiencia!!
Rodrigo, 1º ESO B

“IMPRESIÓNS DO PLANETARIO”
Os alumnos de 1º ESO visitamos o planetario que estivo situado no pavillón ás primeiras horas do día 7 de novembro. Todos os alumnos asistimos a súa visita en diferentes grupos. A miña clase foi acompañada polos mestres Marcos e Patri, que son encargados de ensinarnos Xeografía e Historia. Na actividade, explicáronnos perfectamente o sistema solar.

Chegamos ao pavillón e alí un home ensinounos algunhas normas a cumprir: penso que foi moi exixente. Alí viaxamos dende unha praia ata o Universo, no que vimos estrelas, planetas, órbitas...
En xeral, non me gustou moito, xa que non podías realizar preguntas, tiñas que sentarte dunha determinada maneira e mareaba moito, por iso durante un rato non mirei as imaxes e  pechei os ollos.
Iria, 1º ESO B


Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.



















O luns 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero quixemos deixar constancia do noso rexeitamento contra a mesma. A comunidade educativa fixo distintas actividades:
Co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, parte do alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato realizou unha selección entre as  informacións  ofrecidas sobre o tema en distintos medios de comunicación.

















A actividade tiña como obxectivo  a  reflexión dos nosos alumnos e das nosas alumnas sobre a desigualdade e outras formas de violencia, máis ou menos visibles, que sofren as mulleres a vida cotiá e que se desen conta de que “non só doen os golpes” ou de que “o control tamén é violencia”.  Por iso, as cartolinas empregadas como soporte mostran ademais comentarios suscitados entre a nosa mocidade a raíz dos achados. 
Achados que resultan moi variados: estatísticas, entrevistas, noticias, campañas de concienciación....  Chama a atención, por exemplo,  unha iniciativa que aparece en El País e que é recollida nun dos traballos:  un cartel de Amnistía Internacional colocado nunha marquesiña de Hamburgo que, grazas a unha cámara que capta a dirección das olladas, ofrece unha imaxe amable dunha parella se hai alguén ollando cara a eles e, pola contra, unha situación de violencia de xénero cando ninguén os está a mirar. No mesmo traballo aparecen dúas fotografías duns noivos o día da súa voda. A primeira non nos di nada, pero na segunda vemos como o noivo lle retorce á noiva un brazo, un brazo  con negróns que denotan que el é un maltratador e que non é a primeira vez que ela é a súa vítima.

Os traballos pódense ver no cubo que a Biblioteca ten na entrada do IES e no taboleiro do EDLG.
 



O alumnado da materia de Igualdade de 2º da ESO, xunto a súa profesora Patricia Díaz González de Xeografía e Historia, fixeron distintas actividades. Colocaron nos chanzos das escaleiras do Edificio 1 frases con mensaxes de igualdade:







e fixeron un vídeo que enviaron ao concurso imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo do 25  de decembro de 2019, convocado pola Xunta de Galicia. Aquí vos deixamos o vídeo gañador e alguhas fotos da entrega de premios en Santiago.








O día 25 lemos un Manifesto contra a violencia de xénero as 10h co alumnado da ESO no edificio 1 e as 12h no edificio 2 co alumnado de bacharelato e os ciclos.


O noso alumnado participou no concurso de vídeos contra a violencia de xénero, convocado polo CIM do concello de Sanxenxo. Resultaron finalistas: Andrea Dovalo e Candela Torres de 2º ESO C e Claudia Pérez e Mateo Rozas de 3º ESO B.
 Parabéns a eles/elas e as súas profesoras.

Hábitos saudables



Os días 19 e 26 de novembro leváronse a cabo obradoiros para reducir a pegada ecolóxica e fomentar hábitos de consumo responsables, mediante a sensibilización e participación no festival de Climetraxes: e ti, que pegada deixas?.
Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Relixión, aínda que tamén participaron o departamentos de Xeografía e Historia, Filosofía e Bioloxía. O alumnado ao que ía dirixido eran os distintos niveis da ESO, participaron case todas as clases, sobre todo os de 1º da ESO.

FOMOS AO TEATRO


O alumnado de 3º da ESO e 1º de bacharelato coas profesoras de Lengua Española: Fátima Barreiro, Gemma Sánchez e de Lingua Galega Carmen Sayáns foron o teatro a Sanxenxo. Viron a obra "R2D2 y el caballero de la triste figura" que versaba sobre Don Quixote. A representación tivo lugar no auditorio Emilia Pardo Bazán do Concello.
A impresión do alumnado foi positiva.


















Actividades deportivas


O alumnado de Educación Física de  Montserrat Ferreirós participou na carreira da Fase Zonal de Campo a Través. Foi o día 15 de novembro no concello de Portas. Pasárono moi ben e quedaron destacados en moitas probas. 

NORABOA CAMPIÓNS!

ANDREA BARREIRA VISITA O IES DE VILALONGA








A escritora Andrea Barreira acudiu este mércores ó IES de Vilalonga para ofrecerlle unha charla sobre Palabra de bruxa ó alumnado do terceiro curso de ESO.
A súa intervención versou sobre a maneira de idear a novela, a creación dos personaxes e a escolla dos seus nomes, o deseño da portada... A fonsagradina mostrouse moi próxima, especialmente cando fixo circular entre os asistentes  algúns dos libros que lle serviran para obter información sobre temas como a Inquisición coa intención de proporcionar un marco de realismo á historia de Berenice. Despois disto, sorprendeu cando visualizou a creación literaria empregando unha caixiña da que saían papeis con anotacións, papeis que remataban nun tarro de cristal que representaba a obra na que as ideas ían tomando forma. Para rematar a súa visita, a autora asinoulle ó alumnado  exemplares de Palabra de bruxa.
Sen dúbida, as palabras de Andrea abrirán novos camiños para a comprensión e a interpretación da obra publicada pola Editorial Galaxia.







Premios Xerais 2019


Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros fixéronse cos Premios Xerais 2019, que  deu a coñecer o fallo da edición deste ano en Vigo, segundo informou a propia editorial.

Así, a  XXXIV edición do PREMIO MERLÍN de Literatura Infantil recaeu en Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) con ' Xelís, ou  guieiro dás botellas de mar', que foi elixida polos membros do xurado entre 28 obras que concorreron ao concurso, dotado con 10.000 euros de premio.

Ademais de colaborar habitualmente en distintos medios de comunicación pola súa formación de xornalista, Aneiros traballa no Consello da Cultura Galega e conta con diversas novelas publicadas, como ' Eu de  maior  quero ser' ou '*Ás de  bolboreta'.

Rosa Aneiros agradeceu a Xerais o premio e explicou que na súa obra "denuncia a deterioración do planeta, en particular dos océanos pola contaminación dos plásticos", pero tamén se trata dun libro "de esperanza sobre o poder da amizade e da forza de nós".

PREMIO JULES VERNE
Pola súa banda, a filóloga, poeta e narradora, Emma Pedreira (A Coruña, 1978), recibiu o  XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa súa obra 'Vos  corpos invisibles', que foi elixida entre 20 textos e tamén estará galardoada con 10.000 euros.

"Gañar o Jules Verne é unha absoluta sorpresa. Téñolle moitísimo respecto á literatura escrita para ese que é o público máis esixente, natural e curioso, pero tamén o máis agradecido, o infantil-xuvenil. Tardei en chegar ata aquí e decidirme a escribir unha historia que me leva a dialogar coa xente máis nova", sinalou tras coñecer a noticia.

PREMIO  XERIAS DE NOVELA
Así mesmo, o xurado da  XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado tamén con 10.000 euros e ao que concorreron 44 obras, outorgou a Amador Castro ( Nandulfe-Chantada) devandito galardón polo seu título 'Xangai a Barcelona'.

Castro publicou dous libros: 'Memorias de antes  do  encoro' e ' Pillabán,  pillabán'. El mesmo recoñeceu que "comezou tarde nisto da novela" pero non "na literatura".


ElCorreoGallego.es

Viaxe didáctica de automoción









 12  ao 14 de novembro de 2019





O alumnado de automoción de Ciclo Medio e FP básica está de excursión. Acompáñanos os profesores Álvaro Rodríguez Díaz e José Casalderrey. Aquí os vemos o primeiro día visitando as instalacións de Gestamp, situada  no polígono das Gándaras en O Porriño que se dedica a produción de compoñentes metálicos de automoción.

     Parece que o pasan ben! Nesta imaxe vémolos visitando a fábrica de  Mercedes- Benz en Vitoria, unha multinacional de primeira liña.

Centro de formación de Iturrondo onde lles explicaron unha maqueta do Toyota Prius.

E despedíronse de Navarra en Lizarte SL, líder en recambios do automóbil.

Vinde amodo, mañá xa nos vemos!!!!

Exposición do Centro de Tulizeni


No taboleiro do edificio de Bacharelatos e Ciclos podemos ver novas fotografías de Antonio Pampliega que complementan as expostas no taboleiro da Biblioteca do edificio principal co gallo da celebración do Día da Biblioteca.
Son  imaxes de mulleres adolescentes, nais, repudiadas, vulnerables polos estragos da guerra, vítimas de violencia sexual, abandonadas, rexeitadas pola sociedade e imaxes de menores abandonados, nacidos de violacións, vítimas de violacións reiteradas, non acompañados agrupadas en dúas series: As mulleres do Centro Tulizeni  e  Os menores do Centro Tulizeni.













Esta exposición procede do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arosa.