Amosando publicacións coa etiqueta novembro 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novembro 2019. Amosar todas as publicacións

Hábitos saudables



Os días 19 e 26 de novembro leváronse a cabo obradoiros para reducir a pegada ecolóxica e fomentar hábitos de consumo responsables, mediante a sensibilización e participación no festival de Climetraxes: e ti, que pegada deixas?.
Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Relixión, aínda que tamén participaron o departamentos de Xeografía e Historia, Filosofía e Bioloxía. O alumnado ao que ía dirixido eran os distintos niveis da ESO, participaron case todas as clases, sobre todo os de 1º da ESO.

ANDREA BARREIRA VISITA O IES DE VILALONGA








A escritora Andrea Barreira acudiu este mércores ó IES de Vilalonga para ofrecerlle unha charla sobre Palabra de bruxa ó alumnado do terceiro curso de ESO.
A súa intervención versou sobre a maneira de idear a novela, a creación dos personaxes e a escolla dos seus nomes, o deseño da portada... A fonsagradina mostrouse moi próxima, especialmente cando fixo circular entre os asistentes  algúns dos libros que lle serviran para obter información sobre temas como a Inquisición coa intención de proporcionar un marco de realismo á historia de Berenice. Despois disto, sorprendeu cando visualizou a creación literaria empregando unha caixiña da que saían papeis con anotacións, papeis que remataban nun tarro de cristal que representaba a obra na que as ideas ían tomando forma. Para rematar a súa visita, a autora asinoulle ó alumnado  exemplares de Palabra de bruxa.
Sen dúbida, as palabras de Andrea abrirán novos camiños para a comprensión e a interpretación da obra publicada pola Editorial Galaxia.







Viaxe didáctica de automoción









 12  ao 14 de novembro de 2019





O alumnado de automoción de Ciclo Medio e FP básica está de excursión. Acompáñanos os profesores Álvaro Rodríguez Díaz e José Casalderrey. Aquí os vemos o primeiro día visitando as instalacións de Gestamp, situada  no polígono das Gándaras en O Porriño que se dedica a produción de compoñentes metálicos de automoción.

     Parece que o pasan ben! Nesta imaxe vémolos visitando a fábrica de  Mercedes- Benz en Vitoria, unha multinacional de primeira liña.

Centro de formación de Iturrondo onde lles explicaron unha maqueta do Toyota Prius.

E despedíronse de Navarra en Lizarte SL, líder en recambios do automóbil.

Vinde amodo, mañá xa nos vemos!!!!

Exposición do Centro de Tulizeni


No taboleiro do edificio de Bacharelatos e Ciclos podemos ver novas fotografías de Antonio Pampliega que complementan as expostas no taboleiro da Biblioteca do edificio principal co gallo da celebración do Día da Biblioteca.
Son  imaxes de mulleres adolescentes, nais, repudiadas, vulnerables polos estragos da guerra, vítimas de violencia sexual, abandonadas, rexeitadas pola sociedade e imaxes de menores abandonados, nacidos de violacións, vítimas de violacións reiteradas, non acompañados agrupadas en dúas series: As mulleres do Centro Tulizeni  e  Os menores do Centro Tulizeni.













Esta exposición procede do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arosa.