Exposición sobre os ecosistemas dunares do litoral galego




Ao longo da costa galega existen numerosos ecosistemas dunares de importante valor ecolóxico, moitos deles protexidos pola lexislación.



No noso concello temos o privilexio de ter un no Itsmo da Lanzada onde mesmo hai un observatorio de aves.




A través desta exposición prestada pola FEG (Federación Ecoloxista Galega) podemos coñecer distintas especies da flora e da fauna presentes nestes espacios naturais.


















Nun dos paneis podemos ver qué é unha duna, cómo se forma e qué importancia ten a flora na súa conservación.












Esta exposición foi traida ao centro polo profesor Oscar Luis Pérez García do Departamento de Ciencias Naturais.






Aviso selectividade 2017




ATENCIÓN AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO!


Saíron os parámetros de ponderación das probas de selectividade 2017, na páxina web da CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia) podedes encontrar toda a información que precisades en canto á matrícula, exames, notas de corte, etc. Tamén acaban de saír  os parámetros de ponderación das materias voluntarias. Aquí vos deixo a ligazón coa páxina da CIUGA:

21 de marzo, Día Mundial da Poesía



Resultado de imaxes para día internacional da poesía








Un poema de Luísa Castro para celebrar o Día Mundial da Poesía




Os nenos do grupo son salvaxes coma min.
Tragamos cristais e son o xefe indio.
A tribo obedéceme
porque teño a lingua chea de cristais
e como terra.

Tocamos a través dos postes sen prevención,
amámonos polas tardes na cova do golpe
preto da estación onde a xente agarda con froita
                                             para enfermos,
fuximos á praia e non imos ó colexio,
os nosos pais búscannos ata o anoitecer,
estamos afogados entre os brazos dos polvos,
as nosas cabezas despeitéanse contra as rochas.

Pero na casa. 

(De Baleas e baleas. 1988)


Celebración do Día da Muller no IES de Vilalonga

O 8 de marzo, ás 12h, fíxose unha concentración á entrada do centro na que participaron alumnado e profesorado e durante a cal se leron versos adicados ás mulleres.

















Durante os dous recreos e no hall do centro proxectouse ademais o video realizado polo alumnado do IES Politécnico de Vigo que podedes ver máis abaixo.



No edificio principal pódese ver unha exposición de textos sacados do libro de Galeano Mulleres.



Entroido no IES de Vilalonga






Un ano máis a  Dirección do centro organizou un concurso de disfraces no que participaron tanto o alumnado como  o profesorado.

Participando no concurso: "Grease"

  O concurso rematou con baile amenizado por un disc jockey de Studio 21.

















Aquí vos deixamos unha mostra do noso entroido

 

Exposición dos traballos do CONCURSO DE ADHESIVOS 2017




Durante este trimestre contamos coa exposición dos traballos que participaron no CONCURSO DE ADHESIVOS 2017 organizado polo EDLG.


Este ano foron os seres míticos galegos os protagonistas das ilustracións e lemas que parciparon no concurso: trasnos, sereas, urcos, meigas, nubeiros, unicornios, homes do saco, lobishomes, Santa Compaña e demais fauna máxica galega decoraron os nosos corredores.

Con lemas tales como: "Soña en galego", "Penso, logo falo", "Por unha Galiza de lenda", "Nas nubes sempre está, máis o galego nunca esquecerá" "Mergúllate no galego", "Terra de meigas", "Animais fantásticos e onde atopalos en Galicia", "Exercita o galego", "Embrúxate co galego".



Charla-coloquio de tres exdeputados no IES de Vilalonga.




O día 2 de marzo tivo lugar unha charla de tres ex-deputados, organizada polo Seminario de Administrativo do Centro, a responsable foi a profesora Marina García Presas. Recolleu información da mesma o periódico Faro de Vigo:


"O instituto de Vilalonga acolleu onte unha charla- coloquio cuxo obxectivo era informar o alumnado do funcionamento do Parlamento de Galicia. Como relatores asistiron os exdiputados Rosa Oubiña ( PPdeG), Xulio Xosé Pardellas de Blas ( PSdeG-PSOE)  e Francisco Trigo Durán (BNG). 

Son sesións divulgativas que buscan dar a coñecer o traballo que se leva a cabo no Parlamento Autonómico. Os exparlamentarios explicaron as funcións da Cámara, a súa composición e órganos e contestaron ás preguntas dos estudantes. A charla completouse cunha proxección audiovisual, na que se fixo un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia."


8M DÍA DA MULLER 2017



"Hoxe é o Día da Muller.

Ó longo da historia, varios pensadores, humanos e divinos, todos machos, ocupáronse da muller, por diversas razóns:

  • Pola súa anatomía
    • Aristóteles: "A muller é un home incompleto"
    • Santo Tomás de Aquino: "A muller é un erro da natureza, nace dun esperma en mal estado"
    • Martín Lutero: "Os homes teñen ombros anchos e cadeiras estreitas. Están dotados de intelixencia. As mulleres teñen ombros estreitos e cadeiras anchas, para ter fillos e quedarse na casa"
  • Pola súa natureza
    • Francisco de Quevedo: "As galiñas poñen ovos e as mulleres, cornos"
    • San Juan Damasceno: "A muller é unha burra tozuda"
    • Arthur Schopenhauer: "A muller é un animal de pelo longo e pensamento curto"
  • Polo seu destino
    • Dixo Yahvé á muller, segundo a Biblia: "O teu home dominarate"
    • Dixo Alá a Mahoma, segundo o Corán:"As boas mulleres son obedientes"
Do libro Mujeres de EDUARDO GALEANO

Infografía sobre o pensamento crítico



Cada día nos é máis difícil verificar o que lemos dixitalmente, a alfabetización informacional (ALFIN) é importante para a que o noso alumnado desenvolva a competencia do tratamento da información dixital. Esta infografía dános algunhas ferramentas cos seus oito sinxelos pasos para poder axudarnos a atopar a "postverdade".