Festa fin de curso




O día 23 de xuño remataron as clases e con elas o curso 2016-2017.

VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!

Fixemos unha festa, na que se entregaron os premios do Concurso do Logo do Instituto, e despois tivemos música co grupo "Mensaje siciliano" formado por ex-alumnos do Centro.

Entregaron os premios a directora do IES,  Mª Esther Prol Triñanes, e o subdirector,  José Velay Cascallar.

                                                  1º premio: Samuel Vega Blanco

                                                  2º premio: Carlos Acuña da Silva
                                                     3º premio: Nerea Camiña Touriño


Bo verán a tod@s !!!!!!!!!!!!!!!!!


Entrega de premios do Certame literario de Sanxenxo


O 15 de xuño repartironse os premios do Certame literario do IES de Sanxenxo, no Auditorio Emilia Pardo Bazán. O IES de Vilalonga acudiu como participante e invitado, celebrouse unha festa na que deu unha conferencia o xornalista invitado: Serafín Alonso. Os premiados do noso instituto foron:

Alumnado finalista na categoría C do  centro:
Afoso  Abalo Lucía

e na categoría D:
Anxo Castelo Bravo
Ramón Azores Vázquez
Lara Tacón Martínez
Pablo Rodríquez López
 Roberto  Trigo Lores
 Iván Cores Vázquez
RODRÍGUEZ
 Aarón Ortigueira García
Cecilia Rodiño García
Martina  Basdediós Tilve
Ana Fernández Escudero

PARABÉNS A TO@S !!!!!!!






Recensións de libros de temática antropolóxica




A antropoloxía é unha rama da filosofía que se ocupa da idea de “ser humano”. Non é unha ciencia, porque o seu obxecto non se reduce a un campo categorial en particular: o campo biolóxico, o campo cultural, o campo psicolóxico, etc. Por iso necesita nutrirse de saberes científicos como a zooloxía, a socioloxía, a psicoloxía, e tamén de obras literarias que iluminan aspectos da existencia humana. Un modo de achegarse a estes saberes é a través da lectura e análise de obras significativas. Na biblioteca contamos cunha ampla bibliografía, tanto ensaística como literaria,  que nos axuda a coñecer mellor as características máis salientables do ser humano. O alumnado da materia fixo a recensión de algunhas desas obras para animar á súa lectura. Estes traballos foron realizados baixo a supervisión do profesor de antropoloxía Fernando López Prada.

Traballo artístico de aplicación de teorías éticas




A profesora Mónica Leal Cacheda do Seminario de Filosofía realizou  unha serie de  traballos co seu alumnado de 1º de bacharelato no que  debía escoller unha situación cotiá na súa contorna e analizala usando os criterios de dúas das teorías éticas estudadas, a escoller: o eudemonismo de Aristóteles, o hedonismo de Epicuro, o utilitarismo de Stuart Mill ou a ética do deber de Kant.  Esta análise debía reflectirse nun obxecto artístico que producira unha emoción  no espectador ó que se invitaría a reflexionar sobre asuntos coma o consumo de alcohol, o silencio ante a agresión, a dopaxe no deporte, a homosexualidade e outros moitos temas que preocupan o alumnado. 



Voluntariado biblioteca 2016-2017



Xa chegaron os diplomas dos voluntarios e voluntarias da biblioteca deste curso, recoñecemento sen dúbida merecido pola bo labor realizado e a súa actitude sempre positiva.

O traballo en equipo debe ser nos centros educativos un feito habitual que sirva para xerar un ensino dinámico, cooperativo e solidario.

3º ESO A
·         AFONSO ABAO, LUCÍA.
·         AMADO FERNÁNDEZ, ALEJANDRO. 
·         BASDEDIÓS TILVE, EVA.
·         CACABELOS FERNÁNDEZ, ERIKA. 
·         CAMIÑA CANEDA, MARÍA.
·         CAMIÑA TOURIÑO, NEREA. 
·         CHAN PIÑEIRO, PEDRO. 
·         MAGDALENA QUIÑONES, ANA. 

·         STRAEHLI FANDIÑO.
3º ESO B:
·         ANAZCO MOLDES, PATRICIA DE LA CARIDAD.
·         GÜIMIL VÁZQUEZ, IRENE. 
·         OTERO RODRÍGUEZ, NICOLÁS. 

        Axudaron en:
-        Organizaron a celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz o 30/01/2017. Fixeron mediante papiroflexia paxaros que colgaron nos corredores, pegadas de cores nas que escribiron frases e palabras relacionadas coa paz, colocáranas dende a entrada principal ata a biblioteca e nas escaleiras ata as aulas. 
-           Axudaron despois das catalogacións do 2º e 3º trimestres a poñer as etiquetas e colocar as novidades nos andeis e nos expositores.
-          Preparación do Día dos Namorados, 14/02/2017. Fixeron unha  caixa de correos para que os compañeiros e compañeiras depositasen as cartas, fixeron poemas de amor cos compañeiros de 3º da ESO  e despois colgaron os de todos nun tendal na  biblioteca, tamén un corazón enorme para publicitar o día. Ese día recolleron as cartas e repartíronas polas aulas con gran algarabía.   
-           Recolocaron libros nos andeis, sobre todo enciclopedias que xa non     se usan, para colocalas en zonas que non teñen fácil acceso e deixar os       mellores espazos para os fondos máis usados.
-          O día 11/02/2017 celebrouse o Día da Muller e a Nena na Ciencia, a Biblioteca fixo carteis de científicas famosas e esquecidas, os voluntarios axudaron a colocalos e participaron nunha exposición- explicación da mesma.
-          Colocaron os Haikus que fixeron os alumnos de 4º da ESO baixo a tutela da profesora de Lingua española Ana Blanco, non corredores do edificio 1, onde están o alumnado da ESO. (15/03/2017) (fotos)
-           O 18/04/2017, martes de 16,15 a 18h fixemos un obradoiro de restauración de libros, impartido por Gregoria Ferreira. O obxectivo é valorar os libros como fonte de coñecemento e patrimonio de todos, estes en especial, pois son dunha biblioteca escolar e foron comprados con diñeiro público.  Así mesmo, trabállanse valores como o compañeirismo, a tolerancia, solidariedade, etc.                                                                                                                   
-          Do 17 ao 21 de abril celebramos a semana do libro e o Día do Libro o venres, pois o 23 era o domingo. Axudaron a colocar un libro xigante na entrado do Centro, con recensións de libros, que gustaron especialmente, feitas polo alumnado. Colocaron un faro realizadoo con libros e cunha serea luminosa encima que simbolizaba, segundo eles, a luz do coñecemento. No faro colaborou o profesor de plástica, Eduardo Pérez Baamonde, membro do equipo da biblioteca. O venres a Biblioteca deu un caravel con cada libro que  se prestaba, os voluntarios axudaron, e foron de moita axuda pois houbo moitos préstamos. 

Reflexión de fin de curso para os pais e nais.


Estes días de fin de curso son moi duros para o noso alumnado (e tamén para o profesorado). De aí que o máis normal é que os docentes nos atopemos con distintos choros e desgustos varios nas clases en relación coas notas finais. Algúns son simples rabietas por un punto máis na nota, pero outros obedecen a unha presión á que, sen querer, sometemos o noso alumnado, ben como pais, ben como docentes. Por iso, é importante que algúns lean esta carta que circula pola rede estes días para reflexionar sobre o asunto.





O noso club na X Xornada dos Clubs de Lectura





 Este pasado sábado, 17 de maio, unha representación de clubeir@s do  noso club de lectura que se chama A PRAIA DAS PALABRAS chegou disposto a SOMERXERSE!!! nas moreas de actividades e obradoiros que lles tiñan preparado desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Comezamos a mañá entregándolle o Premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado. 


Continuamos co relatorio inaugural a cargo de Óscar López do Programa Página Dos, que rodeado de rapazada de distintos clubs de lectura explicounos coa axuda do cámara como facer reportaxes en vídeo sobre libros. Para iso contou tamén coa axuda da booktubeira, Violeta Moon e da escritora Ledicia Costas, á quen unha das clubeiras lle fixo unha minientrevista en directo. 


A seguir, @s nos@s clubeir@s asistiron ós respectivos obradoiros e charlas: obradoiro de cómic con Xosé Tomás e encontros con autores de "Literatura de viaxes" con Andrea Maceiras, Rosa Aneiros moderado por Montse Pena Presas; mesa de autores/autoras sobre as "Claves literarias para tres voces de éxito" con Antón Riveiro Coello, Ledicia Costas, Pedro Feijóo moderada por Ramón Nicolás; encontro con Marcos Calveiro e mesa de autores e autoras  novos "Botarse a escribir"con Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial e  Tamara Andrés  moderada por Francisco Castro.


Pola tarde contabamos coa presenza do escritor, César Mallorquí, que nos engaiolou co seu "Eloxio á mala literatura", explicándonos que o de ler é o vicio máis san que existe. 


Non faltou un momento para estar  eles, en primeira liña, a pedirlle un autógrafo.









O peche da Xornada correu a cargo do pandereteiro, Xabier Díaz, e as Adufeiras do Salitre e foi un final de festa en todo o sentido literal da palabra, xa que non faltaron cantos e bailes dos asistentes para animalo.



Podes atopar máis fotos e minivídeos desta actividade na seguinte ligazón: https://goo.gl/photos/e3ffbAT8aLsMgy6h7

Roteiro da pedra da auga e visita o Mosteiro de Armenteira




O pasado 24 de maio o alumnado de PMAR de 3º da ESO fixeron unha saída pedagóxica co profesor de Lingua española Rafael Arines. O obxectivo era achegar ao alumnado o entorno natural e cultural cercano, conectando a actividade con distintos contidos do programa da materia: Ámbito lingüístico e social: o vocabulario das plantas e das árbores, do entorno rural; os cambios históricos e sociais dende a Idade Media á actualidade; a importancia do camiño de Santiago e das redes relixiosas francesas na historia, arte e literatura medievais galegas, etc. Tamén se abordaron contidos de ampliación buscando motivar ao alumnado: o funcionamento dos muíños, as tradicións relativas a San Xoán (especialmente no relativo as plantas mediciñais), o Priscilianismo, a figura destacada de Exeria como como reivindicación da muller na historia medieval, a pesar da forte discriminación. 
Por outra banda búscase fomentar a actividade física eo disfrute da natureza como fonte de placer e benestar nun entorno axeitado pola súa fermosura.
O alumnado participande valoraron moi positivamente a realización da actividade nun ambiente construtivo, ademais de lúdico e afectivo.




"Cabalos e lobos" de Fran P. Lorenzo




A novela de Fran P. Lorenzo "Cabalos e lobos" foi a protagonista das lecturas obrigatorias do terceiro trimestre de 1º de bacharelato. Esta novela foi Premio Blanco Amor 2014.

Cabalos e Lobos é a clasificación que fai un dos protagonistas da novela, Álvaro, das persoas. Os lobos son aqueles que necesitan depredar para sobreviviren, mentres que os cabalos, como no xadrez, son capaces de saltar con elegancia e beleza, sen ter que danar a ninguén.

Concurso de HASHTAGS do Concello de Sanxenxo

A Concellería de Cultura convoca un concurso de 'hashtags' para promocionar o "II Concerto pola Lingua"

O departamento de Cultura acaba de poñer en marcha un concurso de hashtags co obxetivo de fomentar e dinamizar o uso da lingua galega entre os rapaces  e promocionar o"II  Concerto pola Lingua", organizado polo Concello de Sanxenxo e que terá lugar en Portonovo o próximo 16 de setembro e contará coa presenza de dous grupos galegos PELEPAU e RUXE RUXE.



Esta iniciativa está orientada ó alumnado da ESO, bacharelato e ciclos formativos matriculados nos centros educativos do municipio que deberán entregar o seu hashtag ó profesorado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no centro no que estea matriculado. O hashtags deberán estar en galego e non poderán conter estereotipos sexistas.

O premio é unha tableta Samsung Galaxy Tab A 10"
O prazo de entrega finaliza é o día 14 de xuño.

Concurso literario no IES de Sanxenxo




O noso alumnado do grupo de voluntarios da biblioteca escolar  e do club de lectura de 3º de ESO, xunto cos dos grupos de clubs de lectura de 1º de bacharelato participaron no XII Certame Literario de Narración Curta e Poesía do IES Sanxenxo o pasado día 18 de maio nese centro escolar.

Esta é unha cita á que acudimos todos os anos, que conta con varias categorías.  O noso centro participa este ano nas de segundo ciclo de secundaria e na de bacharelato. 


O día 15 de xuño no Auditorio Emilia Pardo Bazán é a entrega de premios. Unha parte importante deste alumnado está a espera ansioso do veredicto, dado que moitos son ex alumnos dese centro escolar.


Unha poetisa xenial


Célebrase o centenario do nacemento desta importante poeta española, o seu estilo inxenuo, infantil e puro namorounos a tod@s. Dende aquí quero deixar o meu recoñecemento a esta escritora, pola dozura e a bondade das súas obras. 
 Acercádevos aos seus libros merece a pena!!!



                 

Emilio Ínsua veu contarnos a Maruja Mallo


Aínda que semelle difícil falar dunha figura tan emblemática como a nosa pintora Maruja Mallo, o noso colega Emilio Ínsua sabe como ninguén transmitir a vida e obra desta figura tan potente e tan descoñecida, sobre a cal ten un ensaio titulado: Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936, co cal gañou en colaboración con Carlos Nuevo Cal o XXIII Premio Literario Ánxel Fole no 2009

A nosa pintora vangardista está na nómina das mulleres invisibilizadas e o que noutro país é case unha operación de mercadotecnia internacional, como acontece con Frida Kahlo, no noso queda na marxe das explicacións da Xeración do 27, ou na sombra dalgúns dos  seus representantes máis ilustres como Rafael Albertí ou Miguel Hernández, como se non fose ela quen os asombrase.

O relatorio estivo presentado polo profesor e pintor, Eduardo P. Baamonde, que traballou co alumnado de 3º de ESO a etapa dos seus retratos de mulleres. Tamén contamos coa presenza do alumnado de 1º de bacharelato.

Os nosos parabéns para os premiados nos Xerais 2017.

Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo Glez.
Este pasado sábado, 3 de xuño, na illa de San Simón, como vén sendo habitual, tivo lugar a cerimonia que celebra a editorial Xerais para outorgar os seus afamados premios. 









Estes premios están divididos, a día de hoxe, en tres categorías: Novela, Premio Merlín de Literatura Infantil e e Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. 


Desde este centro escolar queremos dar os parabéns ós escritores e á escritora que os recibiron. En especial, a Santiago Lopo e a Manuel Lourenzo González, por seren dous dos escritores que nos visitan con moita asiduidade, tanta que xa nos é difícil lembrar cantas veces viñeron a charlar sobre as súas obras desinteresadamente co noso alumnado.

Santiago Lopo fíxose co Premio de Novela Xerais 2017 pola súa obra "A arte de trobar", Manuel Lourenzo González foi Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017 por "Ceiba de luz" e María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 por "Fígaro".


Debemos lembrar a especial importancia do premio a Santiago Lopo porque, como profesor, compartiu as nosas aulas durante varios anos. Ademais desas abundantes charlas posteriores co alumnado, xa como escritor, unha delas aínda a pasada semana. 

De  Manuel Lourenzo González, tamén amplamente coñecido polo alumnado do noso centro por telo visitado en numerosas ocasións,  sinalar o seu triplete ó ter acadado xa as outras dúas categorías destes premios.

Títulos como "Hora zulú" de Santiago Lopo e "Flor de area" de Manuel Lourenzo González, aínda son lecturas dos clubs de lectura neste último trimestre.

Con María Canosa aínda non tivemos o pracer de coincidir nas nosas charlas, pero esperamos ansiosos que entre na nómina de autoras que nos visitan para compartir a súa obra co alumnado.

Parabéns ós tres, unha vez máis. Agardamos ansiosos a publicación das vosas obras  para compartírmolas cos rapaces.  

Presentación de "Enórmic Banda"

A nova no Faro de Vigo

"Enórmic Banda", a revista de banda deseñada dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés,  saíu á luz un ano máis. O milagre fano posible unha serie de profesores entusiastas que este ano renderon homenaxe a unha das súas baluartes, Rosa Feixoo, tristemente desaparecida hai poucos meses. A ela está dedicado o limiar da revista da man do escritor Ramón Caride. Tamén este ano contamos cun debuxante de prestixio, Manel Cráneo, para a nosa portada e contraportada. Pero o máis especial de toda a nosa revista son os traballos do noso alumnado nela. Neste caso desde o IES de Vilalonga, Eva Basdediós e María Camiña de 3º de ESO foron as escollidas, pero non queremos deixar de citar que a colleita de bandas deseñadas deste ano foi especialmente boa e que o alumnado de 1º de bacharelato entregou estupendos traballos que non puideron entrar para a selección da revista por presentárense fóra de prazo. De aí que estean  nunha exposición nos corredores do noso centro para todos aqueles que os queiran ver.


A presentación da revista desenvolveuse o pasado día 30 de maio no IES Ramón Cabanillas. As nosas alumnas non puideron compartila co outro alumnado seleccionado porque se atopaban na saída do Club de lectura na illa de San Simón, pero séntense igualmente premiadas coa publicación dos seus traballos na revista.