ADEUS A UN DOS GRANDES NARRADORES ACTUAIS: 
CARLOS RUIZ ZAFÓN.


Carlos Ruiz Zafón faleceu no día de hoxe deixando para nós un gran número de novelas. Grazas á súa boa pluma converteuse nun dos grandes escritores españois. De feito, dise que é o segundo autor español máis lido. Xa coñecederedes o nome do primeiro. 
A fama internacional chegoulle coa obra La sombra del viento, da que xurdiu unha tetralogía concluíndo no 2016 con El laberinto de los espíritus. Mais, como xa saberedes, antes desta fama, Zafón foi un autor xuvenil. El príncipe de la niebla, El palacio de la medianoche e Marina son algunhas das obras que máis se pasean polos andeis das Bibliotecas dos centros educativos.


Ademais de deixarnos todos estes títulos, a Carlos Ruiz Zafón debemos agradecerlle que fora capaz de achegar a literatura aos mozos e mozas e que moitos de vós descubrísedes o pracer pola lectura.








Lecturas para todos/as.

O Proxecto Meiga da Consellería de Educación, universidade e formación profesional da Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa piloto E-LBE.2 que forma parte do Plan LIA . Busca que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital e dean conta das posibilidades que ofrece para a mellora da competencia e dos hábitos de lectura entre os máis novos.
Dadas as circunstancias espaciais que estamos a vivir e co ánimo de acercar a lectura dixital a todos/as  mándanos trece imaxes que fan referencia a cada un dos carruseis da propia plataforma. Cada unha das imaxes ten un código QR que vos dirixe á web.
Esperamos que vos guste!




Unha vez que entredes pediravos a vosa identificadión e o contrasinal, enviádeme un correo a ma.teresafidalgo@edu.xunta.es e mándovolo eu. 
A desfrutar!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Club de lectura de 1º de bacharelato.

Outro curso máis que vai chegando ao seu fin e toca facer reconto das actividades que se propuxeron dende a Biblioteca, como os clubs de lectura. No caso de 1º de Bacharelato hai moi bos momentos compartidos nesas sesións de mediodía, sempre aderezadas cun biscoito de sobremesa, acompañado de boa conversa e risas. Hoxe toca recordar as actividades que realizou o alumnado en torno aos libros que se compartiron, actividades nas que despregaron o seu talento (algunha ten madeira de artista) e que demostraron que un libro sempre promove creacións marabillosas. Aquí están algunhas mostras do bo saber destes rapaces e rapazas.

A primeira lectura foi o cómic Blacksad, de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido, e moitos dos rapaces e rapazas se decantaron por facer un “booktrailer”.


Na segunda lectura, as actividades foron máis variadas. Neste caso a obra foi a novela Alterworld de Antonio Huertas, que nos permitiu coñecer, dun xeito moi ameno, algo máis sobre a ciberdelincuencia. Os rapaces e rapazas fixeron unha recomendación en vídeo, un booktrailer e unha recopilación dixital dos lugares onde se deselvolve a historia: https://prezi.com/view/CK0j0tq3u6qv3qdKf0g3/


 

 
E, xa sabedes, o ano que ven vós podedes desfrutar destas lecturas, só tedes que pedilas na Biblioteca.


CLUB DE LECTURA 2º BAC: A CRUELDADE DE ABRIL

Pequenos agasallos foron acompañando as xuntanzas nestes dous anos de club de lectura co alumnado de Bacharelato. As lecturas, as palabras e mesmo os silencios alimentaron un interese que medraba na compaña dos textos e no contacto con algúns dos nosos autores e autoras, pero sobre todo, nutríase dese seguir estando xunt@s.
Estes son algúns dos traballos nos que Uxía, Ángela e Ainhoa reflectiron coa pintura
algunhas pasaxes do libro A crueldade de abril de Diego Ameixeiras. Tamén Antía e Elena nos deixaron un curioso e detallado escenario do crime, e outras compañeiras e compañeiros fixeron escenarios, déronlle unha vida propia co relato a algúns dos personaxes, e mesmo gravaron pasaxes ou documentaron na prensa escrita e audiovisual o crime do casino.



Canto talento e corazón se espalla neste xuño cara a novos camiños e canto deixaron no seu paso polo noso club de lectura e o IES de Vilalonga.