CLUB DE LECTURA 2º BAC: A CRUELDADE DE ABRIL

Pequenos agasallos foron acompañando as xuntanzas nestes dous anos de club de lectura co alumnado de Bacharelato. As lecturas, as palabras e mesmo os silencios alimentaron un interese que medraba na compaña dos textos e no contacto con algúns dos nosos autores e autoras, pero sobre todo, nutríase dese seguir estando xunt@s.
Estes son algúns dos traballos nos que Uxía, Ángela e Ainhoa reflectiron coa pintura
algunhas pasaxes do libro A crueldade de abril de Diego Ameixeiras. Tamén Antía e Elena nos deixaron un curioso e detallado escenario do crime, e outras compañeiras e compañeiros fixeron escenarios, déronlle unha vida propia co relato a algúns dos personaxes, e mesmo gravaron pasaxes ou documentaron na prensa escrita e audiovisual o crime do casino.



Canto talento e corazón se espalla neste xuño cara a novos camiños e canto deixaron no seu paso polo noso club de lectura e o IES de Vilalonga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario