"Ghalegho"



Unha curta sobre a autoestima dos nosos fenómenos lingüísticos dialectais e normativos, tan fortemente prexuizados durante anos.

DOCUMENTAL: "CHIANDO"



Neste microdocumental o promotor de TWITTER EN GALEGO cóntanos como conseguiu sacar adiante a súa iniciativa, todo un exemplo do activismo persoal do que se nutre a nosa lingua para sobrevir no mundo das novas tecnoloxías.

Premio Nóbel 2014 de literatura



PATRICK MODIANO é o Premio Nóbel de Literatura 2014.

Este novelista francés de ascendente xudeu desenvolve na súa narrativa os temas da memoria e a culpa, e para moitos está a escribir sempre a mesma novela, na que retrata a perfección a Francia da ocupación nazi.


Autor de novelas curtas, pero de grande intensidade narrativa. Cos seus 28 libros publicados xa contaba cos grandes premios da narrativa francesa. Premio de novela da Academia Francesa (1972) por Les Boulevards de Ceinture (Los bulevares periféricos), o prestixioso Goncourt (1978) por Rue des boutiques obscures (Calle de las tiendas oscuras)  e o Grande Premio Nacional das letras polo conxunto da súa obra (1996), traducida a 36 idiomas.


Na nosa biblioteca contamos con dúas das súas obras: Un pedigrí e Villa triste. En breve, esperamos ampliar o fondo bibliográfico deste autor.

"Casablanca", un clásico do cine.



"Sempre nos quedará París" e "Tócaa outra vez Sam", dúas frases que saíron da película Casablanca e perviven na nosa fraseoloxía cotiá.




Unha película que tes que ver e podes atopar na nosa biblioteca.