Amosando publicacións coa etiqueta VÍDEOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VÍDEOS. Amosar todas as publicacións

"Carta décima a María Victoria Moreno"



A alumna Cecila Lores, integrante do grupo Maruxas sen prexuízos,  de 2º de bacharelato A, achéganos o último vídeo co que pechamos a nosa homenaxe audiovisual á María Victoria Moreno realizada desde o IES de Vilalonga. 

Neste caso inspirado na "Carta décima" da particular biografía Doce cartas a María Victoria Moreno de Ánxela  Gracián

"Anagnoriseando"



Continuamos cos nosos vídeos de 2º de bacharelato sobre as Letras Galegas, neste Isabel Garrido e Alba Fernández xa se centran de cheo na autora das nosas letras 2018, María Victoria Moreno e na súa obra "Anagnórise" analizando pormenorizadamente diversos aspectos desta novela.

8 de marzo Día da Muller


Recordamos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, con distintas actividades. Os días anteriores a Biblioteca preparou unha exposición sobre mulleres importantes na historia  en diferentes campos : matemáticas, astronomía, física, filosofía, etc. empregamos para a mesma unha serie de carteis enviados pola Xunta de Galicia.


Un grupo de alumn@s de 2º de bachiller e profesoras fixeron pancartas con lemas relacionados con este evento e lazos morados para a comunidade escolar:


Na pantalla da entrada do Edificio 1 proxectamos vídeos sobre igualdade, enviados pola Xunta de Galicia e outras institucións: Ministerio de Educación, Centros escolares, etc.


O día 8 de marzo fixemos unha concentración na entrada do IES a favor da igualdade de xénero, durante a mesma lemos un manifesto sobre as peticións dos diferentes colectivos neste día (sindicatos, partidos políticos, asociacións feministas, etc.)


O alumnado de 2º FP BÁSICA contra o maltrato de xénero




  O alumnado de FP básica II de automoción e de administrativo fixeron un extraordinario traballo contra a violencia de xénero, realizaron unha serie de vídeos sobre este tema baixo a supervisión do profesor Manuel Radío (Lingua e Literatura española), a profesora Diana Pérez Facal(Administrativo)e o profesor Crisanto Veiguela Martíns (Tecnoloxía) .O día 25 de novembro foron proxectados no salón de actos. O resultado foi óptimo.
             Déixovolos aquí para que os poidades ver.


Parabéns a estes alumn@s!

"Sorbete de limón" de Noa e Clara

Seguimos dando a coñecer as coñecer as receitas elaboradas polo noso alumnado, neste caso trátase dun "sorbete de limón" moi axeitado para a calor que vai, cuxa elaboración nos ensinan Noa Martínez e Clara Moldes de 2º de ESO A.


.

"nAmorAndo"


nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.

"nAmorAndo" é un  vídeo realizado polo alumnado dos centros públicos de 4º de ESO de Pontevedra, que participou no programa do mesmo nome, financiado por este concello. Nel traballáronse diferentes mitos e crenzas erróneas sobre o amor romántico, así como a identificación de comportamentos perigosos na relación de parella.

Trátase dun proxecto de Jone Ojeda. A realización do vídeo é do espejomagicoproducciones.com.  e a imaxe e a realización de Juan Carlos Pérez.

Tamén é interesante achegarnos nas aulas ó seguinte artigo: "Así se adaptan as ilustracións dalgúns contos ós novos tempos"

"Principiñas e Princesiños"


Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.


O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.

"Principiñas e Princesiños" é un vídeo que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.

Trátase dun proxecto de  Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde. 


Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"

"Unitarias. Historia dun mestre galego"

Unitarias. Historia dun mestre galego from Adivina Producciones on Vimeo.

"Eu entraba na escuela e poñíame a falar castelán", esta é unha das frases extraídas deste documental que revisa trinta e cinco anos do noso sistema escolar educativo, desde 1961 ata 1996.

Nesta ligazón encontraredes máis información sobre este interesante documental. 

"Contextualizando a Filgueira"



Documental de Gonzalo E. Veloso sobre o escritor, historiador e profesor Xosé Filgueira Valverde, a quen se lle dedica en 2015 o Día das Letras Galegas. Interveñen historiadores, investigadores, familiares e amigos. Participantes: Carlos Reigosa, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández Rei, Xusto Beramendi, Daniel Lanero, Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez, Andrés Rodríguez Almansa, Víctor Freixanes, Ramón Villares, Inma López Silva, Henrique Monteagudo, Pegerto Saavedra, Carlos Valle, Francisco Díaz-Fierros, Xosé R. Fandiño, Anton Lopo, Luis Cochón, Amaia Bóveda, Valentín G. Bóveda, Xavier Fortes, Xosé Fortes e fillos/as de Filgueira Valverde.

OUTROS RECURSOS NA REDE NESTE ENLACE DE BOTÓNS. (PORTAL GALEGO DE EDUCACIÓN)

Engadimos tamén outra proposta de Associaçao Galega da Língua (AGAL) para traballar este autor que se completa co visionado do documental: "Decreto Filgueira".  

A dobraxe audivisual en lingua galega

A Coordinadora Galega de Traballadores/as da Normalización da Lingua (CTNL) fai un chamamento á importacia da dobraxe audiovisual en lingua galega.

Ilustramos a nova co humor de Carlos Branco e o seu mítico: "neste país dobrouse porno"

"Eu digo"



"Eu digo..." é unha creación nacida no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo en reacción cómplice ó video anterior de "Ghalegho".  Ambos os dous son dúas reivindicacións necesarias das nosas variedades dialectais.

"Ghalegho"



Unha curta sobre a autoestima dos nosos fenómenos lingüísticos dialectais e normativos, tan fortemente prexuizados durante anos.

"O meu amigo Nietzsche"


Unha curta para comezar o curso con gañas de aprender e buscar na lectura o medio para superar calquera tipo de conformismo cunha realidade que nos pode ser adversa.

LETRAS GALEGAS: IES POETA DÍAZ CASTRO



De novo, logo de ternos agasallado co fermoso vídeo de "A  lus do mundo" o IES de Guitiriz que leva o nome do poeta volve con outra excelente interpretación musicada dun poema seu. Parabéns.

"Penélope" de Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro, LETRAS GALEGAS 2014



"Penélope" é o poema máis emblemático de X. M. Díaz Castro. Con el imos celebrar a súa figura e esculcar os múltiples recursos que se nos ofrecen sobre o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014.

A páxina da Coordinadora Galega de EDLG ofrece unha selección estupenda da que podemos botar man para dar a coñecer a figura deste poeta, autor de Nimbos.

O Caderno de lingua de Román Landín tamén achega unha boa compilación sobre Díaz Castro.

Jordi Bayarri na nosa biblioteca








JORDI BAYARRI e os seus cómics de divulgación sobre grandes figuras da ciencia xa están na nosa biblioteca, grazas á colaboración de profesora Nuria que se encargou de facérnolos chegar.