Outra visión de Castelao

O CMDC Breogán do Grove colabora coa Biblioteca do IES de Vilalonga

 

O Presidente do CMDC Breogán do Grove, Félix Lamas, coa coordinadora da Biblioteca do IES, Alba Piñeiro.
 
 O CMDC Breogán do Grove cedeu temporalmente a exposición "Balcóns con memoria. Castelao vive" que fixera co gallo do ano Castelao e que estivera exposta nos balcóns da villa meca durante o verán. Esta exposición, que colocamos no IES para conmemorar o día das Artes, está composta de cadros de artistas do municipio grovense que fixeron unha interpretación de obras ou da propia figura do autor galego. Entre os artistas que cederon estas obra atópanse caricaturistas consagrados, como Gogue, ilustradoras, como Lucía Cid ou fotógrafos, como Paco Luna.
Unha oportunidade única para celebrar as artes cunha visión máis local, e para coñecer de preto as obras de artistas da contorna.
 
Unha marabilla para os sentidos que percorre o corredor do IES e que podedes contemplar aquí.


Paco Luna

Nekro e Andrea Menéndez

Mario Rodríguez e Lucía Cid
 
Sandra Tarboada e Laura Meis
 
Nadia Otero
 

Tamara Domínguez




 

SEMANA DO LIBRO, OBRADOIRO DE LETTERING

 A voltas con O PRINCIPIÑO

 Esta semana, co gallo da celebración da Semana do Libro, a Biblioteca, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá, organizou un obradoiro de Lettering para o alumnado de 2º ESO. O alumnado puido entender a base desta arte e as técnicas máis comúns da man de Velaísca, quen impartiu o obradoiro
 
                                
Velaísca, o grupo que impartiu o obradoiro

O alumnado puxo en práctica o aprendido, primeiro a través do traballo cun tipo de tipografía, para ir collendo soltura coas ferramentas apropiadas.
 

 
Despois traballaron cunha única palabra, quecomo dende a Biblioteca adicamos esta semana ao libro O Principiño, o alumnado escolleu desta lectura.
 
 


E con esta preparación, lanzáronse a crear cartaces coas frases da obra que escolleran previamente nas clases de Lingua e Literatura Castelá.
 










Creando obras así de bonitas!