Día do Libro

 

O 22 de abril celebramos o Día Internacional do Libro no IES de Vilalonga, o 23 era o Día desta celebración pero foi sábado. Fixemos varias actividades para visibilizar esta data:

   Colocamos unha pancarta no cubo da entrada do Edificio 1:


      Espuxemos un libro xigante no porche do centro:

 
 
O alumnado de distintos grupos escribiron textos e ilustráronos para expoñelos polos corredores:


 

    Repartimos flores para o alumnado que se acercara a coller un libro:

 

                                Feliz Día do Libro a tod@s 👏

VIII Encontro global - ONG Entreculturas


 

REPRESENTACIÓN DO IES DE VILALONGA NO ENCONTRO DA ONG ENTRECULTURAS

Esta fin de semana está tivo lugar o “VIII Encuentro Global: Agentes de cambio 4.7.” da ONG Entreculturas, no que participaron as alumnas Sara Martínez Nogueira (1º bac), Lola Rea Poza (4ºESO), Jenifer Lamelas Barreiro (4º ESO) e Daniela Nores López (4ºESO), acompañadas pola  profesora Ana María González García. Este encontro celebrouse os días 21, 22, 23 e 24 de abril de 2022 en Guadarrama, Madrid, e traballáronse temáticas como o traballo en rede, a Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e a participación cidadá e xuvenil.

Parabéns ás alumnas e profesora do IES de Vilalonga pola seu compromiso e participación.


 

Automoción do IES de Vilalonga on fire


REPRESENTACIÓN DE AUTOMOCIÓN DO IES DE VILALONGA NA BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 CO KARTLONGA

Este domingo 24 de abril tivo lugar a 1ª carreira BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 na que o alumnado de 2ºCM de automoción que participou  na construción do KARTLONGA, estivo presente na localidade de Trapaga, en Bilbao.

Esta carreira pertenece á categoría BRIGDESTONE F24/24 de coches eléctricos das organizadas por Greenpower Iberia e competimos con equipos de colexios privados de Euskadi, Navarra e outras partes de España. Somos o único centro  público que compite e ademais fixémolo cun coche de desenvolvemento e creación propia dende cero.

 Parabéns e moito ánimo a tod@s e forza a Nico e Yanire!

 


Segundo posto para o equipo de Automoción do IES de Vilalonga na carreira BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 e premio á mellor enxeñaría.

Parabéns!



Semana das Letras


 O IES de Vilalonga celebramos a Semana das Letras, do 4 ao 8 de abril, con distintas actividades culturais. Fixemos obradoiros, conferencias, encontros con escritores, exposicións...

Os obxectivos eran:

  1.  Achegar diversas formas de saber e aprender a comunidade escolar.
  2. Animar a creación en distintos contidos e con diferentes métodos.
  3. Afondar nas diversas formas de facer literatura.
  4. Achegarnos a distintos xéneros da literatura galega actual.
  5. Facer unha primeira aproximación ao Día das Letras Galegas.
  6. Aprender a gozar da literatura.

A continuación tedes as entradas das distintas actividades realizadas: