REPRESENTACIÓN DE AUTOMOCIÓN DO IES DE VILALONGA NA BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 CO KARTLONGA
Este domingo 24 de abril tivo lugar a 1ª carreira BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 na que o alumnado de 2ºCM de automoción que participou na construción do KARTLONGA, estivo presente na localidade de Trapaga, en Bilbao.
Esta carreira pertenece á categoría BRIGDESTONE F24/24 de coches eléctricos das organizadas por Greenpower Iberia e competimos con equipos de colexios privados de Euskadi, Navarra e outras partes de España. Somos o único centro público que compite e ademais fixémolo cun coche de desenvolvemento e creación propia dende cero.
Parabéns e moito ánimo a tod@s e forza a Nico e Yanire!
Segundo posto para o equipo de Automoción do IES de Vilalonga na carreira BRIDGESTONE TRAPAGA URBAN RACE 2022 e premio á mellor enxeñaría.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario