DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO NO IES DE VILALONGA


Con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (2 de abril), no IES de Vilalonga quixemos facernos partícipes desta data e contribuír ao labor que como comunidade educativa nos corresponde desde unha perspectiva xeral e diversa, pero tamén como resposta ao particular requerimento do noso alumnado no TEA.

Contamos para este día coa colaboración directa da Asociación Neen@s de Sanxenxo, os artigos do seu Decálogo para a inclusión das persoas con autismo foi parte das actividades que se desenvolveron nalgúns grupos, é parte física dos nosos corredores e agardamos que tamén teña calado nas conciencias do noso alumnado. Para rematar o día, a presidenta de Neen@s, Montserrat Fernández, veu ler ao centro un manifesto.

Agradecemos a colaboración da Asociación Neen@s e a de toda a comunidade educativa neste camiño de pequenos pasos e grandes obxectivos. 

#DiaMundialAutismo #HazFeliz

OBRADOIROS SOBRE AUTISMO

A semana pasada o 30 de marzo empezamos  coas primeiras sesións dos obradoiros sobre o Transtorno no Espectro do Autismo (TEA) que recibiu o alumnado de 1º e 2º ESO, coa psicóloga Yolanda García. 

Parabéns a Yolanda polo seu traballo e á comunidade educativa do IES de Vilalonga por participar e contribuír a unha convivencia diversa e posible que poida ir máis alá das aulas e reflectirse na sociedade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario