23 de abril. Día do Libro

 O martes 23 de abril celebramos no IES de Vilalonga o Día Internacional do Libro. A biblioteca e a comunidade educativa levamos a cabo diversas actividades. 

O departamento de Lengua e Literatura castelá organizou un mercadillo de libros, consistía nun trueque de libros: traer un e levar un.



A biblioteca organizou o tradicional "un libro unha flor" de todos os cursos, sempre é un éxito rotundo:





Feliz Día do Libros a Tod@s: 
“La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo.” Joseph Addison

CHARLA BRAIS ARRIBAS

O pasado 11 de abril o alumnado de Antropoloxía puido asistir á conferencia do Brais Arribas, un dos novos filósofos galegos máis prolíficos e interesantes. Na súa última obra trata os problemas filosóficos e éticos asociados ao Transhumanismo, que é una corrente de pensamento que reflexiona sobre como mellorar mediante a tecnoloxía á especie humana.

Charla de motivación (CFR)


Xornada formativa organizada polo Centro de Formación e Recursos (CFR)

O CFR de Pontevedra vén de organizar unha xornada formativa dirixida non só a pais e nais, senón tamén a estudantes de ESO, Ciclos Formativos e Bacharelato. A charla, que terá lugar o próximo martes 30 de abril no IES de Vilalonga, estará a cargo do medallista olímpico de esgrima e coach Jose Luis Abajo, “Pirri”. Baixo o título “O método para conseguir os teus obxectivos”, o poñente abordará cuestións como:

- O autodiagnóstico: coñecer as nosas mellores habilidades para explotalas ao máximo.

- O autocontrol: disciplina táctica e xestión emocional.

- A automotivación: planificación de obxectivos realistas.

Programa Iguala-T


















Hoxe tivo lugar a terceira sesión do taller "Encaixando Pezas" dentro do programa Iguala-T.   

Baixo a guía experta da técnica, o alumnado de 1º de ESO explorou como as diferenzas 

individuais poden complementarse para alcanzar obxectivos comúns. Estas sesións

 foron un éxito, proporcionando ferramentas prácticas para promover a igualdade de xénero.


ACTIVIDADE CLUB DE CIENCIAS

 O pasado 4 de abril tivo lugar unha actividade do club de Ciencias onde o alumnado puido comprobar a lei de Hooke dos corpos elásticos e calcular a constante característica dun resorte, así como comprobar o movemento acelerado dunha esfera. Foi unha sesión moi interesante!


Excursión da materia de relixión.

 

O xoves 4 de abril o alumnado de 4º da ESO e de bacharelato, da materia de relixión, fixeron unha visita ao mosteriro de Armenteira e o convento de San Francisco en Santigo de Compostela:

Primeiro visitamos o mosteiro de Armenteira, alí unha monxa falounos da súa historia, da orde do Císter e da súa propia como unha monxa  seguíu sendo unha deportista runner, ademais de monxa contemplativa. Aprendimos cousas moi interesantes. Despois dimos unha volta polo mosteiro facendo exercicios sobre a súa historia, por último visitamos a tenda.

Logo marchamos para Santiago a visitar o convento dos franciscanos e o seu albergue para persoas sen teito. Alí un frade falounos da súa labor para/por os transeúntes e ensinounos o albergue e as instalacións en xeral. Tras a comida visitamos o convento en sí: a igrexa, a biblioteca (moi grande e bonita con moitos libros antigos e importantes), o comedor histórico, etc. Pareceunos precioso e quedamos co seu recordo na memoria.

Cara o final da saída paseamos pola contorna da catedral de Santiago e da antiga universidade. Vimos a chegada de peregrinos a praza do Obradoiro, a súa emoción e alegría representada en lágrimas e sorrisos. Con todo isto recordaremos a saída con cariño e gran emoción.

Resumo de : Gabriela Abal, Clara Domínguez, Andrea Otero e Sara Otero. (4º da ESO)





Formación de Radio para o profesorado do Centro.

Formación de Radio dentro da Liña de Formación proposta polo centro e o CFR de Pontevedra.


Este ano, en colaboración co CFR fixemos no IES de Vilalonga unha liña de formación para a Radio do Centro, para que o profesarado se vaia introducindo pouco a pouco no mundo da radio e os podcast. Para iso estivemos facendo varias actividades ó longo do curso. Entre esta os días 4 e 18 de Abril o profesorado do IES de Vilalonga estivo recibindo unha formación para a posta en marcha, de forma moito máis profesional, a Radio na Biblio. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 Para iso veu  dende o CPI Manuel Suárez Marquier veu María Dolores Sánchez Blázquez, parte do Equipo de Radio A Voz da Mata. Na que nos foi explicando a súa experiencia coa radio de centro, como foron os seus incios e como avanzar no noso proxecto de Radio. Ó longo destes días veu a dar unha interesantes charlas e motivar o profesorado do IES de Vilalonga para conseguir mellorar o proceso de avanzar nun proxecto moi interesenta.

De parte dos profesores que participamos, damoslle as grazas a María Dolores Sánchez Blázquez por unha labor tan ben realizada. Aportounos moitas boas ideas e intetaremos seguir o que nos dixo.

Orla de 2º de bacharelato

 

Esta semana do 8 ao 12 de abril de 2024 o alumnado de 2º de bacharelato estivo facendo as fotos para a orla de final de etapa. O final de curso acércase, moitos exames e moitas emocións. 

Ánimo a todas e todos!

BIBLIOTECA HUMANA


Como proxecto para o Traballo de Fin de Mestrado, a alumna que estaba a facer as prácticas no Departamento de Orientación organizou unha BIBLIOTECA HUMANA SOBRE ITINERARIOS PROFESIONAIS.

O alumnado de 4º da ESO e 2º de FPB puido escoitar a 6 persoas diferentes que se dedican a 6 campos profesionais distintos contar a súa historia, tanto laboral como académica, que os levou a chegar alí.


O obxectivo era poder ter diferentes perspectivas sobre a vida académica e profesional, tendo en conta que non pasa nada se se equivocan, que poden chegar a desenvolver un traballo que os faga sentir satisfeitos aprendendo dos erros cometidos no camiño.

ACTIVIDADE CLUB DE CIENCIAS







Nesta sesión do club o alumnado participante puido desenvolver unha actividade de Bioloxía , identificando as diferentes partes dun peixe (Xarda_Scomber Scombrus) mediante a disección do mesmo. Moi interesante!