Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Ciencias. Amosar todas as publicacións

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIAS

 

Nas últimas semanas o club de Ciencias desenvolveu unha actividade de Física, na que o alumnado realizou o deseño e confección de sistemas sifónicos para a construción de fontes de fluxo infinito.

Parabéns polo traballo desenvolvido durante todo o curso!


ACTIVIDADE CLUB DE CIENCIAS

 O pasado 4 de abril tivo lugar unha actividade do club de Ciencias onde o alumnado puido comprobar a lei de Hooke dos corpos elásticos e calcular a constante característica dun resorte, así como comprobar o movemento acelerado dunha esfera. Foi unha sesión moi interesante!


II SEMANA DA CIENCIA IES DE VILALONGA

 




O noso planeta está en perigo! A contaminación está afectando aos distintos ecosistemas e tamén á nosa saúde.

Mais non todo está perdido: o noso alumnado de ESO deberá pór en práctica os seus coñecementos para superar distintos retos científicos que permitan crear unha máquina ecolóxica revolucionaria. O planeta está nas súas mans!

                              ⇓

                 Segue abaixo