Vista á Audiencia Provincial de Pontevedra





CRÓNICA DUN XUÍZO POR TENTATIVA DE HOMICIDIO.

Imos facer a crónica dun xuízo que se celebrou o día 10 de febreiro de 2015,  onde se xulgaba por un intento de homicidio realizado o día 9 de novembro de 2011, producido baixo os efectos das drogas, a un acusado chamado José Luis e a vítima chamábase  Roberto.

O acusado, tras narrar os feitos desa noite, declarou que a vítima o recolleu na súa casa e foron a un domicilio dunha terceira persoa a consumir drogas, logo o vítima deixou o acusado na súa casa polo que se declara inocente.

Mentres que a vítima declara que ese mesmo día recolleu o acusado na súa casa, e foron ao domicilio, citado antes, a consumir droga. De volta ás súas casas fixeron unha parada, onde di que o acusado lle disparou.

Logo declararon as testemuñas:  os gardas civís dicían que a vítima chegou ó cuartel con feridas de bala e restos de sangue. Despois Solla, o pai do acusado, e mais un veciño, declararon que o acusado e mais a vítima se coñecían de toda a vida. A seguir, o dono da casa dixo que Roberto aquel día si entrara no domicilio e consumira drogas. Por último, a moza de Jose Luis narrou sucintamente a relación e a vida que levaba co acusado.

No xuízo déronse varias incongruencias. En primeiro lugar, que o acusado e mais a vítima se coñecían de toda a vida, mentres que a vítima dicía que se coñecían dende había un mes. En segundo lugar, o acusado e mais o dono do domicilio no que estiveron aseguraban que Roberto consumira drogas, mentres que este negaba os feitos. Tamén cabe mencionar que a vítima aseguraba non posuír drogas, pero a Garda Civil atopoulle un gramo de cocaína no seu vehículo. Por último, existen incongruencias xerais en todas as declaracións debido a falta de probas e o paso do tempo.

O xuízo quedou visto para sentenza.

Nun xuízo podemos observar os seguintes actores: un xuíz, é o que se encarga de ditar sentenza; o secretario xudicial, é o que recolle todo o que sucede no xuízo; o fiscal, que son os que defenden a legalidade no nome da sociedade; o avogado defensor, que se encarga de defender ó acusado. Os procuradores, representan os cidadáns ante a xustiza. O demandante, é o que inicia unha acción xudicial para solicitar algo ao que cre ter dereito. O demandado, aquel ao que se lle pide algo por vía xudicial. O acusado, aquela persoa a través da cal a Administración de Xustiza actúa por medio do Ministerio Fiscal por delictos e faltas. A Acción Popular, son os determinados grupos de persoas que actúan cun avogado como acusadores, en en defensa dos intereses colectivos. A testemuña, é alguén que di o que viu ou o que coñece dun determinado asunto que se está a xulgar. O perito, é a testemuña especializada. O xurado, que é un tribunal constituído por 9 cidadáns selecionados polas partes que ditamina a culpabilidade ou nun proceso penal. Outros elementos son o veredicto, que é a decisión final e por último a sentenza, que é a pena que impoñen os xuíces.

VALORACIÓN PERSOAL.

En canto á resolución do xuízo consideramos que o acusado é inocente polas continuas contradicións da vítima na reconstrución dos feitos. Por outra parte, a visita a este xuízo foi unha experiencia nova na cal podemos observar como está a xustiza hoxe en día, e como xulgan as persoas por igual. Consideramos que a visita á Audiencia Provincial de Pontevedra para presenciar un xuízo real foi para nós moi instrutivo e interesante, especialmente pensando nas persoas que están interesadas na carreira de dereito. Puidemos coñecer o funcionamento destes procesos e as persoas que nel interveñen. Ademais, tivemos a oportunidade de falar directamente cos “maxistrados” (xuíces), o fiscal e o “letrado” (avogado), que atenderon as nosas preguntas.

Adrían Rosal, Isabel Uzal e Roberto Fernández. (2º de bacharelato C)


No Día Internacional da Narración Oral estará connosco Paula Carballeira



Mañá 26 de marzo é o Día Internacional da Narración Oral e como feliz coincidencia contaremos no noso centro coa contacontos Paula Carballeira.

Paula que posúe un dos oficios máis bonitos, que como sabedes é percorrer o mundo vivindo do conto, conta asemade cun currículo moito máis extenso. É ademais escritora e actriz. Como escritora destaca sobre todo na narrativa infantil e xuvenil, con obras como: "A percura", "Mateo", "Smara", "Paco", "O principio". Tamén é autora teatral, con  pezas como: "Alicia & Alicia", "Boas noites" e "O refugallo", con estas dúas últimas obras acadou o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2006 e 2011 respectivamente. E como poeta ten dous poemarios: "Contatrás" e "Contatrás, II-I".Pero, se cadra, moitos de vós enseguida a recoñeceredes polos seus traballos como actriz nas series da TVG: "Pepe, O Inglés" e "Libro de Familia", onde desenvolvía o papel de Carmiña. 

Daquela, mañá estará connosco para facernos pasar moito medo cos seus Contos de medo, e a continuación realizará a entrega dos premios do Concurso de adhesivos 2014-15 (XXI Certame gráfico pola normalización lingüística), organizado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de secundaria do Salnés, que este ano tivo como tema: "Así falamos nós. As nosas variantes lingüísticas dialectais" e no cal o noso centro colleitou o maior número de alumnado gañador. Lucía Pérez Ana Otero na categoría de bacharelato.

Aí vos queda un avance do seu bo quefacer para ir abrindo boca.





PARÍS: inverno-primavera 2015

tous les films du studio  Ghibli

 dessins animés








                 2)  Pinacothèque de Paris
    le besair                        lago di Garda

Apaixona internarse nas tripas deste poderoso edificio e apoderarse durante dúas horas de todos os seus segredos. Grazas tamén polo guía, un funcionario simpático, encantado co seu traballo e de enorme sensibilidade.
"Esta ópera ultramoderna, obra del arquitecto Carlos Ott, fue inaugurada en 1989. Su arquitectura está marcada por la transparencia de las fachadas y por el empleo de materiales idénticos en el interior como en el exterior. Con una gran sala de 2 700 plazas dotada de una acústica homogénea, sus equipos únicos de escena, sus talleres integrados para los decorados, trajes y accesorios, sus salas de entrenamiento y de ensayos, la Ópera Bastille es un gran teatro contemporáneo."

4) Exteriores: Chantilly,
  Château de Chantilly e Mussée Condé
Nos arredores de París é fácil encontrarse con enormes espazos públicos de estilo versallesco que  podes visitar. Sempre te sorprenden, é un pracer. Este ofrece, ademais dos espazos naturais e arquitectónicos, unha coidada e selecta pinacoteca no museo do castelo.
Rb.

"MATRIARCAS" PARA O DÍA DA MULLER



Mágoa que teñamos que seguir reivindicando este día na procura de demostrar que somos iguais na diferenza. 

Unha mostra do seu labor creador e, asemade, unha homenaxe ás nosas MATRIARCAS esta canción de Guadi Galego

ADHESIVOS PREMIADOS


A Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés convocou un ano máis o seu concurso de adhesivos, en concreto trátase da XXI CERTAME GRÁFICO POLA NORMALIZACIÓN 
Este ano o tema eran as nosas variedades dialectais, na reinvidicación de "así falamos nós"
A participación foi moi grande no noso intituto e os resultados foron moi positivos, como podemos observar nas fotos da exposición dos traballos participantes.



O noso centro resultou gañador porque foi o que obtivo máis alumnos premiados, de aí que esteamos a realizar  exposición de premiados e finalistas.


LUCÍA PÉREZ obtivo o primeiro premio, na categoría de bacharelato, co seu "Ghaiteiro" e ANA OTERO acadou o segundo premio, na mesma categoría, coa súa "Ghoma"



Con estes traballos tentamos eliminar os fortes prexuízos que afectan ás nosas variedades dialectais, sobre todo, á gheada e ó seseo. E reinvindicar o orgullo de termos unhas variedades dialectais que nos identifican como son o "Cantín" e "Mirín"