Guía de poesía de outono


 Ler poesía é unha experiencia íntima, ás veces abrumadora, ás veces relaxante; pero nunca indiferente.

Achégate á poesía, oirás melodías.

Guía de cómic de outono

 

Aí van as imaxes e referencias dalgúns dos cómics que engadimos á biblioteca este 

 outono. Hai máis. Vinde a buscalos.

Guía de lecturas de outono


Ola a todos/as, aquí vos deixamos algúns dos libros que lemos este outono. Están na biblioteca, vinde buscalos.

NACE O CLUB DE LECTURA EX LIBRIS NO IES DE VILALONGA

 No mesmo día que no IES de Vilalonga despedimos este ano, démoslle a benvida presencial no ao Club de lectura de adultos EX LIBRIS, unha iniciativa á que xa lle tiñamos ganas hai tempo e que inauguramos hoxe cunha xuntanza para comentar a lectura de Infamia de Ledicia Costas. Pouco queda que dicir da obra mais ca convidar a ler, xa que o exercicio é cousa de cada lector/a.



 O certo é que conformar este grupo supuxo xa inicialmente a dobre satisfacción da boa acollida que tivo e do que isto supón nun ano como o que estamos a vivir, pero a xuntanza de hoxe significou ademais compartir entre persoas que nos vemos cada día no traballo outra parte de nós, a da curiosidade das vivencias, a interpretación das emocións, das vidas dos outros, eses aos que axexamos en cada páxina, ás veces procurando moldealos aos nosos desexos, outras, procurando que nos sorprendan... 

 Parabéns e que dure moito a vida do Club de lectura EX LIBRIS do IES de Vilalonga!



Podcast en Historia de 1º de bacharelato

 


Este é o podcast que fixo  Elena Muñíz, alumna de 1º de bacharelato D, como actividade para a materia de Historia do Mundo Contemporáneo que imparte a profesora Patricia Díaz. Pareceunos que merecía ser destacado polo seu bo facer e o seu traballo. O tema:  as revolucións industriais.
Tamén moi destacado foi o traballo de Daniel Castro, deixovos aquí o enlace para que o desfrutedes: 

Botádelle un ollo.

Árbore de Nadal superorixinal.


 Dende o IES de Vilalonga desexámosvos un nadal fractal (infinita felicidade nun espazo acotado), á semellanza da árbore de Sierpinski, realizada de xeito cooperativo por todo o alumnado da ESO mediante a construción, utilizando técnicas de papiroflexia, de pequenos tetraedros de papel.

Departamento de matemáticas. Gutier Fernández Villar. 

Bo Nadal a todas /os.

 

O equipo da Biblioteca do IES de Vilalonga felicita o Nadal e desexa un próspero e máis tranquilo Ano Novo a toda a Comunidade Escolar.

Ánimo e forza!!!

Obradoiro de animación (21 días de galego)

  O xoves 17 de decembro tivemos a oportunidade de gozar coas achegas de Borja Guerrero e Carlos Madureira, da editorial OQO, ao mundo da animación. Foi un obradoiro no que coñecemos a historia desta arte e nos explicaron varios aspectos sobre o incrible mundo das imaxes en movemento, de como funciona o noso cerebro no campo visual, das necesidades técnicas neste traballo, os primeiros obxectos ou "xoguetes" relacionados con el... E logo chegou o mellor: facer as nosas propias animacións en plastilina coa app Stop Motion. Encantounos deixar saír o lado creativo e comprobamos que algúns participantes teñen moito xeito e poden acabar sendo uns artistas de primeira!


 



Actividades Fp básica- lectura.

 A acollida do libro  Xenia tes un  whatsapp foi excepcional. Este libro de literatura xuvenil enganchou desde a primeira páxina ao alumnado de 1º FPB-Administrativo o que nos fixo reflexionar sobre o bo intre que pasamos grazas a lectura daqueles libros que son do noso interese. De aí xurdiu a idea de elaborar unha serie de carteis publicitarios para promocionar nas súas redes sociais no que motivasen aos seus amigos/ as a ler libros utilizando para iso unha linguaxe coloquial e que conseguise dar no cravo: COMO PODEMOS FACER PARA QUE UNHA MOZA/Ou DA túa IDADE QUEIRA

LER? Aquí o resultado:


 Cristina Meis

          Manuel  Fernández


Noelia del Valle


 Alex Chan



Saida Martínez

Aleksander Méndez

Un ilustrador no IES de Vilalonga

 

O profesor de plástica Eduardo Pérez Baamonde fixo esta fermosa e interesante acuarela. Titúlase Enredante (en-red-ado), nela un mozo aparece facendo un selfie diante dun panel cunha paisaxe caribeña. Ten os pés afundidos en lastres de cemento con iconas das redes sociais. No chan espallados hai: unha botella, unha caixa de pizza, cabichas, un cinceiro... Non sabemos se está dentro ou fóra pero a parede está esconchada.

Sen dúbida quere transmitir varias mensaxes:

- Queremos aparentar o que non somos.

- Sublimamos modelos ou estilos de vida inalcanzables e enganosos.

- O consumismo a ultranza fainos máis pobres e sectarios.

- Non importa o que se é, senón a imaxe que os demais teñan de ti.

Parémonos a reflexionar, vivimos nunha cultura que se esconcha, que todo o quere rápido e pasaxeiro; o ser humano precisa tempo para formarse, para pensar. Non fagamos caso de todo aquilo que quere atraernos e confundirnos con cantos de serea. Non nos deixemos levar por unha subcultura superficial, enganosa e consumista.

O outono a concurso!

 

RETO: PALABRAS, DITOS E FEITOS DO MES DE SANTOS

-Novembro de estío, a porta do frío.

-Polo novembro as noites van crecendo.

-A cada porco chégalle o seu San Martiño.

- O día de San Martiño, proba o teu viño.

-Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío.

-Sembra trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.

-Se novembro comeza ben, confianza has de ter.

-Do 20 de Novembro en diante, o inverno xa é constante.

-Polo San Simón pon o tapón, polo San Martiño proba o viño.

-Polo San Andrés, colle o porco polos pés, a galiña polo rabo e levaos ao mercado.

-Novembro acabado, inverno empezado.

-Se novembro empeza ben, nada hai que temer.

-Polo novembro, as noites van crecendo.

-Entre santos e natal inverniño caroal.

-No día de defuntos, memoria e frío van xuntos.

-O veranillo de San Martín, dura tres días e fin.

-O veranciño de san martiño dura tres días e un pouquiño.

-En novembro voan casas, vén o vento.

-De Santos ó Nadal é o inverno natural.

-Polo mes de Santos, xa baixa a neve ós campos.

-Por tódolos santos, neves nos altos.

-San Xoán garda a chave do pan , San Martiño a do viño e San Andrés a do porquiño.

-Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.

-Por Todos os Santos, frío nos campos.

-Do San Martiño en adiante, non hai demo que o aguante.

-San Xoán trae o inferno e San Andrés o inverno.

-Polo San Martiño ,o teu mosto xa é viño.

-Cada cousa no seu tempo e os nabos en adviento.

-No mes de nadal o carón da lareira vaite sentar.

-Polo Pilar os nabos a terra e o viño envasado.

-Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.

-Por san Martiño, proba o teu viño.

-Auga de San Martiño come pan e viño.

-Antes de san Martiño, pan e viño; despois de san Martiño, fame e frío.

-Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.

-No vinte de Novembro en diante, o inverno é constante.

-Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.

-Auga de agosto, nin bo viño nin bo magosto.

- Estamos no outono os paxaros marchan xa, o día é mais curto e o frío vai chegar.

Estamos no outono as follas van ao chan temos unha alfombra de cores

para xogar e pisar.

Alumnado de 4º ESO