Exposición sobre a prehistoria


O alumnado de  1º da ESO fixo unha exposición sobre a evolución humana na prehistoria dende unha perspectiva de xénero. Organizou esta actividade a súa profesora de Xª e Historia Patricia Díaz. O resultado é impresionante, colocada nas escaleiras do edificio 2 do Centro, baixamos seguindo os pasos evolutivos do ser humano. Móstrase tamén a importancia da arqueoloxía e a arte como medios para comprender e estudar este período. 
 


Para rematar a profesora fixo un vídeo do traballo realizado:


Parabéns ao alumnado de 1º da ESO  e a súa profesora polo bo traballo e os resultados conseguidos.

Visita dunha escritora


 

O luns 28 visotounos a escritora do Grove Teresa González. Falounos do seu libro A filla do ladrón de bicicletas. Asistiu o alumnado dos tres grupos de 3º da ESO. Estableceu un diálogo co alumnado sobre os personaxes, o tempo e o espazo da obra. Resultou moi interesante. Gracias Teresa.



Semana das Letras

O IES de Vilalonga celebra, este curso, a Semana das Letras. As datas elexidas son do 4 ao 8 de abril.

O obxectivo é facer toda unha serie de actividades a prol da lectura e a escritura, ata sumir ao Centro nunha atmosfera de libros, escritores, obradoiros, podcast, radio, etc. A literatura, a ciencia e a cultura en xeral visibles no día a día do instituto.

Actividades do Plan Director

O martes 22 de marzo tiveron lugar as primeiras charlas do Plan Director sobre as novas tecnoloxías, o seu uso responsable e os perigos e beneficios que estas teñen na sociedade actual. Nesta ocasión estiveron dirixidas ao alumnado de 1º e 2º da ESO.


 

Alimentos para Ucraína

O Departamento de Administrativo, concretamente a profesora Silvia Castro, propuxo unha recollida de alimentos para Ucraína como colaboración coas asociacións que están xestionando estas cuestións en Sanxenxo.
A recollida vai ser a semana do 28 ao 1 de abril. Adxunto cartel:

 



Viaxe didáctica de 2º de CM de Auto


Trece alumnos/as de 2º ciclo de Automoción viaxaron a Italia, organizou esta actividade extraescolar o Departamento de Auto e acompañáronos os profesores Rafael Domínguez Piñeiro, José Manuel Casalderrey Sanmartín e Mª Mercedes Argibay Pérez.

O obxectivo principal era aportar unha visión real e innovadora da industria actual do automóbil, aínda que a propia viaxe, o contacto con outra sociedade, a convivencia entre eles, a gastronomía, a arte, etc, foron tamén experiencias importantes e formativas.

O seu destino foi a cidade de Bolonia na rexión de Emilia-Romaña onde visitaron as fábricas e museos das firmas de automóbiles: Ferrari, Pagani, Ducati e BCS Ferrari-Pascualí. Asímesmo fixeron visitas culturais ás cidades de Bolonia e Florencia.

Todo o alumnado valorou de forma positiva a actividade, resaltando a convivencia deses días, os lugares visitados, a experiencia da viaxe, etc. Todos/as manifestaron o seu desexo de repetir a experiencia.

Parabéns!

8 de marzo

A comunidade educativa do IES de Vilalonga levou a cabo unha serie de actividades ao longo do trimestre con motivo do Día Internacional da Muller. 

A meirande parte delas foron expostas ao público nestes últimos días, especialmente o día da propia conmemoración, no que se acompañou da lectura do Manifesto do Día Internacional da Muller.  

Nada máis acceder ás instalacións do primeiro edificio colocouse a exposición fotográfica "Desenfocando a Automoción", elaborado polo alumnado de 2º curso dos Ciclos de Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos e Servizos Administrativos, guiados polas súas profesoras de Ámbito Socio-lingüístico Patricia Díaz e Gala Puy. O obxectivo é visibilizar a escasa presenza de mulleres en determinados ciclos e oficios, neste caso a automoción. A situación neste eido académico-laboral é sangrante, contando unicamente con 4 alumnas dun total de 81.

     

A exposición prolóngase polo lateral exterior da Biblioteca, onde se colocaron diferentes fotografías das alumnas destes ciclos.

      

Casualmente, dúas delas son nai e filla, que recentemente saíron en diferentes medios de comunicación: 

A profesora do Departamento de Artes Plásticas, Alba Piñeiro, realizou co seu alumnado da ESO unha grilanda e un mural con motivo deste día, que se colocaron en diferentes puntos do centro.   





     

O Grupo de Igualdade, coa súa profesora Patricia Díaz, elaboraron distintos materiais que colocaron por todo o centro: 
  • Varios murais reivindicativos

  • Imaxes con lemas feministas na pantalla do edificio 1
     

  • Unha comparativa entre as rúas de Sanxenxo dedicadas a homes a mulleres respectivamente, onde se pode ver o claro sesgo de xénero e un cartel sobre as diferentes dimensións da violencia. 
  

A RAFAEL PILLADO

-A LOITA COMPROMETIDA ATA QUE O CORPO AGUANTE-

Rafael Pillado na Biblioteca do IES de Vilalonga en novembro de 2007

Recollemos da Memoria da Biblioteca 2007-2008, este apunte emocionante, que hoxe, día da clase traballadora desexamos facerlle chegar a Rafael Pillado:"Anunciabamos en novembro desde a Biblioteca, a idea de Salvar a memoria. Contar e cantar historias.Queriamos que estas foran fragmentos de vida, de compromiso. Relatos de quen sofre a historia, dignifica a memoria, énchenos de coraxe e ábrenos sendas. Os que outros nunca nos ían contar.Unha vez foi Rafael Pillado (20/11/2007), lóstrego que enfiou e desenfiou discursos, deixando nidia a maña..."...Ao longo desa xornada, Rafael foi recibindo aos alumnos de Bacharelato. E recóllese na memoria dese día o dicir que transmiten alumnos e profesores, logo de escoitar tan maxistrais clases. Historias sobre o mesmo tema, que Rafael soubo e non dubidou en tecer para cada grupo de diferente maneira...Sirvan estas palabras de Elisa Rey, coordinadora da Biblioteca nese momento, para introducir a historia que contamos máis abaixo. Oxalá a nosa humilde contribución sirva de axuda para mellorar as condicións dos traballadores.Que a nosa admiración e alento chegue ata Rafael que transita por istes días coa fortaleza da que fixo gala durante a súa vida.

Curiosidades sobre Roma

 Despois de ler, estudar e investigar sobre Roma e os romanos na época clásica o alumnado de 1º FPB de Administrativo preparou uns carteis con curiosidades que nos serven para coñecer un pouco máis ese mundo tan fascinante.

Ademais, este material serve tamén para alumnado da ESO.







EXPOSICIÓN MANUEL MARÍA

 Desde hoxe, e durante todo o mes de marzo, teremos no centro unha magnífica exposición titulada Manuel María. Beleza, amor e compromiso. (1929-2004) sobre a vida e a obra dunha das figuras fundamentais do panorama literario e cultural galego do século XX.

Grazas infinitas á Fundación Manuel María de Estudos Galegos por esta colaboración que nos serve para lembrar o legado deste autor e para difundilo entre as novas xeracións.





Matemáticas e Arte

 O alumnado de matemáticas de 1º da ESO, guiado pola súa profesora Estela Prol, elaborou unhos traballos de xeometría relacionados coa arte. Utilizaron o programa informático Geogebra. O obxectivo superior é a   interdisciplinariedade que  pode verse como unha estratexia pedagóxica que implica a interacción de varias disciplinas, entendida como o diálogo e a colaboración destas para lograr a meta dun novo coñecemento (Van do Linde, 2007).O resultado é espectacular, aquí vos deixamos unha mostra. 

1º ESO A 

1º ESO B

1º ESO C

Tres alumnas destacaron excepcionamente polos seus cadernos de xeometría, foron: 

Alba Domínguez Soutullo

                                                            Nerea Varela Garrido
   
                                                              
                                                             Sandra Villar Vázquez

Entrega de premios

O venres 25 de febreiro entregamos os premios do Concurso de Postais do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Os gañadores foron:

1º premio: Mateo Amado Díaz (3º ESO A).

2º premio: Lucía Franco Torres (3º ESO B).

3º premio: Carmelo García Castro (3º ESO C).

Como obsequio, recibiron un caderno da biblioteca, os libros Leonardo e os fontaneiros (Mª Victoria Moreno) e O Salnés en acuarelas (Eduardo Baamonde), un vale para a cafetería e un pequeno set de material escolar.   

Entroido no IES de Vilalonga


O pasado venres 25 aproveitamos as derradeiras horas da mañá para a celebración do Entroido. Entre os moitos que viñemos disfrazados celebrouse un concurso, coas modalidades de disfraz individual e grupal. 

Foi un día de convivencia e alegría!






    






Proxecto Revitaliza

O IES de Vilalonga continúa, por segundo ano consecutivo, coa súa formación para abordar o proceso de compostaxe no centro. Primeiro, a través de talleres formativos con alumnado novo de 1º ESO. E segundo, coa formación específica do alumnado de 4º ESO, que formará parte do comité ambiental do centro, encargado de supervisar o plan de recollida de residuos e mantemento do composteiro. 

O obxectivo desta iniciativa será facer compost comunitario obtido a partir da descomposición controlada da materia orgánica recolectada no instituto e sempre co asesoramento dos técnicos e técnicas do Plan Revitaliza.