Final de curso 2018/19

O venres día 21 de xuño  finalizaron as clases do curso 2018/19 no IES de Vilalonga. Celebrámolo todos xuntos, con premios e música. As doce e dez  da mañá acabamos as clases para dar a benvida as vacacións, o verán e o descanso merecido.
Primeiro tivemos un recreo de 20 minutos, como sempre, para descansar e repoñer forzas. As doce e media empezou o festival coa entrega de  premios:
    Os premios do Certame literario do IES de Vilalonga (Hora de escribir):

  1º ciclo: 
1ª Eva Mª de Apellaniz Álvarez

2ª Natalia Díaz Padín
3ª Paula Padín Otero




















2ºciclo:
1ª Ainhoa Miniño Cores
2ª Zaira Muñiz Míguez











3º Jaime Camiña Caneda
 Premios as mellores colaboradoras da biblioteca:


Antía Weiss Prol
Ainhoa Miniño Cores

A coordinadora de normalización lingüística (EDLG) Carme Picallo entregou os premios do Abecedario de Antonio Fraguas:




 Tamén os diplomas do Canguro Matemático, ao alumnado que participou nunha proba tipo test da materia de matemáticas, este curso foi para 1º e 2º da ESO. Entregounos a súa profesora Silvia e o xefe de estudos Rafael Arines.











Finalizamos con música e baile. Boas lecturas de verán a tod@s

Festival das letras do IES Sanxenxo.


O xoves 13 de xuño o IES Sanxenxo entregou os premios do Certame literario. Tivo lugar no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Acudiu o alumnado finalista coas súas familias e unha representante do noso centro, a profesora Montserrat Ferreirós. Entregáronlle premios a tod@s os finalistas e os gañadores de cada categoría. Do IES de Vilalonga foron premiados:

CATEGORÍA B:
- EVA APELLÁNIZ ÁLVAREZ ( gañadora do 1º premio da categoría)
- ALEXANDRA CARBALLA ESTÉVEZ

CATEGORÍA C:
- MARIO SANTISO FERREIRÓS
- INÉS COSTADO AFONSO
- ARTHUR GIL TORRES
- MANUEL ARNOSO DOVALO
- ANTÍA ASPÉREZ MARTÍNEZ
 

Exposición de bioloxía na biblioteca



   O alumnado de 3º da ESO fixo, na materia de bioloxía, uns traballos sobre edafoloxía. Guiados polo seu profesor Jorge José Pérez Maceira recolleron mostras dos solos da zona para estudalos. Fixeron tamén unha exposición cos seus traballos na biblioteca para así poder gozar todos deles.
Noraboa e grazas por compartir a vosa aprendizaxe!!!
















Foro de Innovación Tecnolóxica na FP de Automoción

O Departamento de Automoción do IES de Vilalonga organizou o VIII Foro de Automoción, este ano tivo como tema a innovación tecnolóxica. Estivo dedicado a "Electromovilidade e híbridos de última xeración". Houbo ponencias e modelos para mostrar as últimas tendencia neste campo. Asistiron unhas 250 persoas entre profesorado deste ciclo e profesionais relacionados co mesmo. Incluíu un apartado para proxectos de innovación onde profesores de toda Galicia expuxeron os seus proxectos, aquí deuse cabida ao proxecto dun veciño de Sanxenxo que presentou o primeiro kart acuático do mundo. Ademais celebráronse exposicións sobre vehículos innova, libros técnicos e ferramentas
Foi un éxito, esperamos poder seguir gozando deste foro moitos anos máis!

 

 







Certame Literario en Baltar


O 24 de maio fomos con 52 rapaces/as da ESO ao Certame Literario que organiza, todos os anos, o IES de Sanxenxo. Ó alumnado que participou do IES de Vilalonga propuxerono os seus profesores de Lingua Galega e de Lingua Castelá. Chegamos sobre as dez da mañá e tiveron que escribir unha narración ou unha poesía a partir de dous pequenos textos que se lles repartiron. O idioma empregado tiña que ser o galego. Avisaránnos cando teñan decididos os premios e tamén a data da ceremonia de entrega dos mesmos no Auditorio de Sanxenxo: Emilia Pardo Bazán.
Sorte a todos/as!!!!

 



 

EMPREGAR IMAXES RESPECTANDO O DEREITO DE AUTOR

No blog o lar do Frianciño da Biblioteca do C.E.I.P. Friáns - Teis aparece,xa realizado en 2014, este práctico titorial para aprender a usar imaxes. Unha información que sen dúbida nos será moi útil para fomentar a responsabilidade. É por eso que volvemos a traelo a primeira páxina. Unha vez máis,parabéns os autores e/ou autoras.

OBRADOIRO DE POESÍA CON MÍRIAM FERRADÁNS



O pasado 9 de maio, os Clubs de Lectura de 1º de Bacharelato participaron nun obradoiro de poesía da man da poeta bueuesa Míriam Ferradáns Ferradás.

Na actividade poética de Míriam podemos nomear como máis próximos o  Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, coa obra titulada Nomes de fume, da que o xurado destacou “o fío narrativo que conduce a quen le ao longo de todas as páxinas”, e a recente  participación na edición dun libro do que xa escoitamos falar esta semana, No camiño do vento de Sesé Mateo, vítima de asasinato machista no 2017, que se está a presentar por toda a xeografía do país e cuxos fondos están destinados aos fillos de  vítimas de violencia machista.


Se ben a escrita, sobre todo a poesía, son parte da vida de Míriam, como a súa terra e a contorna máis próxima, tamén é certo que o seu xeito de vivir a poesía vai máis alá dos estereotipos que algúns pretenden manter, as palabras deixan de ser o que son e reconverten significados, os que nos ispen, ou os que deixan que ispamos seres, os que tecen e destecen tempos, os das voces que berran en silencio...

E todo isto foi o que ela pretendeu trasladarlle á nosa rapazada nunha breve xornada que espertou nelas e neles inquedanzas adormecidas e lles permitiu ver a poesía desde unha nova perspectiva, a propia.