Amosando publicacións coa etiqueta alumando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alumando. Amosar todas as publicacións

21 días co galego e + (xaneiro 2020)




 









Ten como obxectivos que os mozos falen máis o galego e perfeccionen o seu uso dentro e fóra das aulas.

‘21 días  co  galego e +’  é un programa promovido pola Xunta de Galicia baseado nos 21 días que se consideran necesarios na adquisición dun hábito, unha experiencia que se desenvolveu hai uns anos no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponche e que, desde o curso pasado, o Goberno galego asumiu como propio para facelo extensivo a outros catro centros, un por provincia. Participaron na primeira edición un total de 95 docentes e de 1.316 alumnas e alumnos de 12 a 18 anos. A iniciativa recibiu o Premio da Cultura  Galega 2019 na modalidade de Lingua da Consellería de Cultura e Turismo.

En 2020, o programa continúa a súa expansión coa participación de 10 centros e 3.877 alumnos e alumnas dos 12 aos 18 anos da ESO, de bacharelato e de FP, que se comprometen a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 xornadas que dura o programa, é dicir, un total de 504 horas ininterrompidas en galego desde o 13 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2020, dentro e fóra do centro de ensino. Así mesmo, tamén participan de forma directa 305 profesoras e profesores e 60 membros do persoal de administración e servizos.

Os centros participantes son o IES  As  Lagoas (Ourense), IES Afonso X Ou Sabio (Cambre), IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), IES Ánxel  Fole (Lugo), IES  Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Eduardo Branco Amor (Ourense), CPR Plurilingüe  Fogar de Santa  Margarida (A Coruña), IES  Illa de Ons (Bueu), IES de Poio e IES de Vilalonga (Sanxenxo).
 O día 13 de xaneiro empezou a nosa participación , estamos ilusionados e desexando arrancar.

Festival das letras do IES Sanxenxo.


O xoves 13 de xuño o IES Sanxenxo entregou os premios do Certame literario. Tivo lugar no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Acudiu o alumnado finalista coas súas familias e unha representante do noso centro, a profesora Montserrat Ferreirós. Entregáronlle premios a tod@s os finalistas e os gañadores de cada categoría. Do IES de Vilalonga foron premiados:

CATEGORÍA B:
- EVA APELLÁNIZ ÁLVAREZ ( gañadora do 1º premio da categoría)
- ALEXANDRA CARBALLA ESTÉVEZ

CATEGORÍA C:
- MARIO SANTISO FERREIRÓS
- INÉS COSTADO AFONSO
- ARTHUR GIL TORRES
- MANUEL ARNOSO DOVALO
- ANTÍA ASPÉREZ MARTÍNEZ
 

XX encontro da Rede solidaria da Mocidade-Entreculturas en Monfero.


O pasado sábado 24 de novembro  un grupo de 11 alumnas de 1º de Fp básica e 1º, 3º e 4º  da ESO, coa súa profesora de relixión Ana Mª González, foron a Monfero ( A Coruña) para  participar no XX encontro da Rede solidaria da Mocidade da  fundación Entreculturas . O IES de Vilalonga forma parte desta fundación.


Este evento ten como obxectivo ser un punto de encontro e intercambio de ideas entre rapaces e rapazas comprometidos, formarse en cuestións relacionadas coa Educación para a Cidadanía Global,  e establecer as liñas básicas de actuación para o curso escolar. Realizáronse talleres e dinámicas onde o alumnado abordou temáticas como a igualdade, os dereitos humanos, a cooperación, o consumo responsable... Ademais o profesorado contou  cun espazo propio para o debate e a reflexión.
Aquí vos deixos os enlaces para visitar a páxina web e o  blog do encontro.
https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/

Regueifando con Josiño da Teixeira


Un ano máis desfrutamos coa arte de regueifar que nos ensina Josiño da Teixeira, este xa sería o terceiro no que o seu obradoiro triunfa entre o alumnado de 2º de ESO, e tanto é así, que se nos queda moi curto.