Amosando publicacións coa etiqueta Josiño da Teixeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Josiño da Teixeira. Amosar todas as publicacións

I CERTAME DE REGUEIFAS CONCELLO DE SANXENXO

O alumnado de 2º ESO do IES de Vilalonga participou o pasado 11 de abril, xunto con compañeiras e compañeiros do IES de Sanxenxo e o Colexio Abrente, no I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo que tivo lugar no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.
Ao encontro asistiron ademais os regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira que guiaron esta xornada de lingua, cultura e convivencia entre o alumnado dos tres centros educativos de Sanxenxo.






Algúns enlaces de interese sobre este encontro:



AS REGUEIFAS NO IES DE VILALONGA



O venres 5 de abril tivo lugar na biblioteca do IES de Vilalonga o primeiro dos dous obradoiros de regueifas dirixido a alumnado de 2ºESO. Nesta ocasión contamos coa presenza da regueifeira Lupe Blanco, quen ademais de inicialos na teoría da composición deste tipo de textos, axudou a que improvisaran e crearan as súas primeiras regueifas.
O alumnado quedou moi satisfeito desta experiencia e xa están pensando no que van facer o vindeiro martes 9 de abril con Lupe, que nesta ocasión virá acompañada de Josiño da Teixeira.
Finalmente, tanto os participantes como as compañeiras e compañeiros de 2º ESO do IES de Vilalonga, viaxarán o xoves 11 de abril ao Auditorio Emilia Pardo Bazán para participar no I Certame de Regueifas de Sanxenxo e compartir experiencia regueifeira con alumnado do IES de Sanxenxo e do Colexio Abrente.

Regueifando con Josiño da Teixeira


Un ano máis desfrutamos coa arte de regueifar que nos ensina Josiño da Teixeira, este xa sería o terceiro no que o seu obradoiro triunfa entre o alumnado de 2º de ESO, e tanto é así, que se nos queda moi curto.