MOTIVACIÓN, ESFORZO, SUPERACIÓN E ÉXITO, CLAVES DAS NOSAS ALUMNAS EXEMPLARES DA OFERTA MODULAR DA EMPRESA

Claro exemplo de que case sempre se cumpre o dito de que quen quere, pode, sexa cal sexa a etapa da vida na que unha se atope, son as alumnas exemplares da Oferta Modular da Empresa. Foi unha experiencia gratificante para o profesorado traballar cun grupo tan motivado, do cal dúas das alumnas dependen xa só das prácticas de setembro para graduarse.

O bo descanso merecido comeza co peche do curso e unha comida de xuntanza! (Falta Inés, pero agardamos que poida estar na vindeira).


Parabéns
ao profesorado e alumnado do IES de Vilalonga, por comtribuír en todos os niveis a un ensino público e de calidade!



SOMOS XENTE DE RADIO!!

 O pasado día 10 continuamos dándolle forma ao noso proxecto de radio no centtro, neste caso con formación a cargo de Luis Pardo para que o alumnado saiba empregar as técnicas necesarias para ser grandes locutores/as.




LIBRO DIXITAL DO PROXECTO LENDAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

 

Como resultado do proxecto Lendas de aquí e de acolá, que este ano realizou o alumnado de Francés de 1º de bacharelato en colaboración co alumnado do curso de Iniciación ao galego niveis 1 e 2 da Universidade da Sorbonne Nouvelle (Centro de Estudos Galegos), presentamos o libro dixital coas versións bilingües das lendas en galego e en francés procedentes de diferentes culturas.

Para ver o resultado final preme na ligazón:

https://www.calameo.com/books/0070998395d83f2eb3f30










Roteiro interdisciplinar en Sanxenxo

 


Ao largo do curso 2021-2022 formouse un grupo de traballo no IES de Vilalonga chamado "Roteiro matemático" a súa coordinadora foi a profesora de matemáticas Estela Prol. Participaron no mesmo profesores de diversas materias. O resultado dese traballo que unía o uso das TICs coa posta en práctica dos coñecementos teóricos impartidos nas aulas foron dúas saídas a Sanxenxo:

Os días 13 e 15 de xuño varios seminarios do IES de Vilalonga fixeron un roteiro polo paseo de Silgar en Sanxenxo. O obxectivo era levar a clase a realidade da contorna. Participaron os seminarios de matemáticas, plástica, física e química e xeografía e historia. O roteiro consistía en facer distintas actividades das diferentes materias ao largo do paseo, usando como base elementos situados no mesmo.

Estivo un día soleado e o alumnado mostrouse moi resolutivo, a experiencia foi moi positiva. O luns  13 foi o alumnado de 3º da ESO e o mércores 15 o de 4º da ESO, ademais despois da pandemia, poder saír todos/as xuntos/as e facilitar a convivencia tamén resultou positivo.

Roteiro literario en Celanova



O día nove de xuño o alumnado de 4º da ESO viaxou a provincia de Ourense, acompañados polos profesores Victoria Villar Mosquera de Lingua e Literatura Galega, María Elisa Vidal Cacabelos de Física e Química e Iván García Ambruñeiras de Xeografía e Historia. Fixeron distintas actividades, a pesar da calor que soportaron ese día. Visitaron a casa do escritor galego Curros Enríquez, leron uns poemas na praza maior do concello:


Foron ao Mosteiro de San Rosendo de Celanova, onde visitaron a igrexa, e puideron gozar do órgano e escoitalo, tamén viron o Oratorio mozárabe de San Miguel que se encontra no interior do mosteiro:



Pola tarde visitaron Vilanova dos Infantes que é unha vila medival moi ben conservada situada a dous quilómetros de Celanova e alí visitaron a Torre do Homenaxe do antigo castelo, as covas de San Vivián e o Museo etnográfico dos zapateiros:


Por último foron ao xacemento de Castromao:


A saída foi calificada como moi positiva polo alumnado, quitando a calor. 😓

Éxito no certame Literario do IES de Sanxenxo.


As alumnas do IES de Vilalonga deixaron en moi bo lugar ao noso centro. Foron finalistas moitas:

Categoría B

- Diana de Sousa Basdediós.

- Gabriela Abal Blanco.

- Alba D. Soutullo.

Categoría C: 

- Manuela Garrido Míguez.

- Uxía Rozas Pérez.

- Carla Barreiro Fontela.

- Daniela Requejo González.

- Candela Estévez Deza.

- Valeria Caramés Periscal.


Gañadoras absolutas na categoría C:

- Manuela Garrido Míguez

- Uxía Rozas Pérez.

Parabéns a todas , seguide así, chegaredes a onde queirades.

CHARLAS SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL COA ASOCIACIÓN ARELAS

Esta semana o alumnado de 3ºESO e 4ºESO participou con representantes de ARELAS, Asociación de familias de menores trans, nunhas charlas sobre diversidade sexual, tan necesarias para o coñecemento e formación no respecto da diversidade en todos os aspectos da sociedade, pero nesta ocasión poñendo a atención na defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da vida.





Seguimos contribuíndo a que o noso alumnado sexa parte dunha sociedade diversa, baseada no respecto e a inclusión, desde un ensino público e de calidade.

CREA A TÚA BOLSA

 Os departamento de LGL e o EDLG colaboramos para facer con 1º FPB de administrativo unha actividade artística. O alumnado deseñou e realizou o debuxo da súa propia bolsa de algodón ecolóxico.

Unha forma de deixar saír a creatividade e usar a lingua!!!






ADRIÁN CASTRO E CRISTIAN TRONCOSO PREMIADOS NO FPBASICASKILLS GALICIA 2022





Esta mañá tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago a entrega de premios do 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos, que ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia e que é unha iniciativa única a nivel nacional.

Nesta primeira edición resultaron premiados, cun segundo posto e cunha puntuación moi axustada respecto do primeiro, dous alumnos dos IES de Vilalonga, Adrián Castro e Cristian Troncoso, alumnado referente do que debe ser a FP Básica, que amosaron coas súas destrezas e bo facer un grande nivel de implicación no traballo que desenvolveron.






Parabéns para Adrián e Cristian, para o seu titor Fernando Prado e para o compañeiros e profesorado implicado en sacar adiante unha formación pública e de calidade!