175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA


O pasado 25 de febreiro celebrouse o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Neste enlace: http://poemasderosalia.blogspot.com/ podedes atopar os seus poemas.



2NA FRONTEIRA pon música ó poema que Curros Enríquez dedicou a Rosalía de Castro: "Do mar pola orela mireina pasar"

"Aquel no era yo"




TRAILER Aquel no era yo from quieneslala on Vimeo.



A curtametraxe 'Aquel no era yo', escrito e dirixido por Esteban Crespo, conta a historia de Paula e Kaney, dúas personaxes -un neno africano e unha muller española- que poderían non ter nada en común, pero que chegarán a unir as súas vidas irremediablemente a través dun disparo. Un disparo que dá vida.

Esta curtametraxe foi estreada días atrás con motivo da celebración que hoxe se fai do DÍA MUNDIAL CONTRA A UTILIZACIÓN DE NENOS E NENAS SOLDADO. Trátase dun envento organizado polas ONG españolas: Fundación El Compromiso, Amnistía Internacional, Save The Children, Entreculturas, Alboan, etc.

Álvaro Cunqueiro. Aniversario (1911-2011)

Exposición Álvaro Cunqueiro. Aniversario do seu nacemento (1911-2011)









Exposición sobre a vida e a obra de Ávaro Cunqueiro elaborada polos Equipos de Normalización Lingüística do CEIP Galán (Oseiro - Arteixo) e CEIP Fernández Latorre (A Coruña) con motivo do centenario do seu nacemento, que acabamos de celebrar o pasado ano.

Rafeef Ziadah - "Nosotros enseñamos vida, señor"

PALESTINA
Escoitade este poema




Entrade neste blog de Ciencias Sociais, sempre vos sorprenderá

Sine Nomine

Lembrando a Díaz Pardo

DIAZ PARDO, SEMPRE