Amosando publicacións coa etiqueta ÁLVARO CUNQUEIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ÁLVARO CUNQUEIRO. Amosar todas as publicacións

"O incerto Sr. Cunqueiro"

Non debe ser casualidade, máis ben parece maxia da do mago Merlín, que coincidan na mesma semana o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e o aniversario do pasamento de Álvaro Cunqueiro.

 


Aquel que deixou escrito para o seu epitafio: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis"

Este documental titulado "O incerto Sr. Cunqueiro" tenta destapar unha figura tan grande como é a do noso autor ÁLVARO CUNQUEIRO, que se viu soterrada pola época que lle tocou vivir. Antón Reixa dirixe os testemuños de familiares, escritores, críticos, amigos e especialistas como Xuan Vello, Quico Cadaval, Xavier Castro, César Cunqueiro, Juan Ramón Díaz, Luis Mateo Díez, Francisco Fernández del Riego, José María Merino, César Antonio Molina, César Morán, Sacha Ormaechea e Nélida Piñón.

Álvaro Cunqueiro. Aniversario (1911-2011)

Exposición Álvaro Cunqueiro. Aniversario do seu nacemento (1911-2011)









Exposición sobre a vida e a obra de Ávaro Cunqueiro elaborada polos Equipos de Normalización Lingüística do CEIP Galán (Oseiro - Arteixo) e CEIP Fernández Latorre (A Coruña) con motivo do centenario do seu nacemento, que acabamos de celebrar o pasado ano.

Cunqueiro no seu centenario.



Cartaz dixital de Álvaro Cunqueiro realizado polo CPI O Progreso de Catoira.

Na nosa biblioteca tamén podes atopar o folleto da exposición "No niño novo do vento", que está a percorrer unha parte de Galicia con motivo do seu centenario e na que se resume a súa traxectoria e obra. Así como unha escolma de dezaseis poemas realizada para esta exposición.