"Pollo con ciruelas"



Con esta nova adaptación cinematográfica da obra de MARJANE SATRAPI poderemos engaiolarnos de novo do  particular universo  que describe esta autora iraniana de banda deseñada. A autora de Persépole e Bordados achéganos con esta obra a vida dun personaxe, Nasser Alí, que perdeu o interese por vivir porque a súa muller lle estragou o seu querido instrumento musical. Esta historia sobre a saudade e as teimas do artista serviranos para ver o universo iraniano con outros ollos, liberándonos dos nosos prexuízos de sociedade occidental. Esta vez o relato cinematográfico recrea a historia sen os  peculiares debuxos en branco e negro, que caracterizan a Satrapi.


"El caso del libro desaparecido"



Interesante vídeo, que recrea a historia da busca dun libro nunha biblioteca escolar, para a formación dos nosos usuarios.