"The Wolf of Wall Street" ou a NÁUSEA: "C'est si bon"

C'est si bon



  
Talvez serían precisas de novo estas palabras:

“Este home vivia no medio dunha longa vida; para nós, para el, para os homes que fan que a orde reine como para os que o rexeitaron, era importante que Albert Camus saíra do silenzo, que decidise, que concluira. Raramente os caracteres dunha obra e as conviccións do momento histórico esixiron con tanta claridade que un escritor viva.”
Jean-Paul Sartre
Rb.

Adeus a JUAN GELMAN


    O poeta arxentino nacido en Bos Aires en 1930  faleceu o martes 14 de xaneiro aos 83 anos de idade en Cidade de México.
   Fillo de inmigrantes ucraínos, iniciouse na poesía dende moi pequeno, orientado polo seu irmán Boris . Abandonou a súa carreira de Química para dedicarse por completo as  letras.
    Saíu de Arxentina en 1976 durante a ditadura militar, que lle arrebatara a seus dous fillos e á nora xestante, e viviu no exilio en México, onde decidiu fixar a residencia de forma definitiva.
Carta abierta a mi nieto (fragmento)
Me resulta muy extraño hablarte de mis hijos como tus padres que no fueron. No sé si sos varón o mujer. Sé que naciste...
Ahora tenés casi la edad de tus padres cuando los mataron y pronto serás mayor que ellos. Ellos se quedaron en los 20 años para siempre. Soñaban mucho con vos y con un mundo más habitable para vos. Me gustaría hablarte de ellos y que me hables de vos. Para reconocer en vos a mi hijo y para que reconozcas en mí lo que de tu padre tengo: los dos somos huérfanos de él. Para reparar de algún modo ese corte brutal o silencio que en la carne de la familia perpetró la dictadura militar. Para darte tu historia, no para apartarte de lo que no te quieras apartar. Ya sos grande, dije.

Escrita en 1995 y publicada en Brecha, el 23 de diciembre de 1998


    Autor de máis dunha trintena de libros, da súa obra poética destácanse as seguintes publicacions:«Violín e outras cuestións» en 1956, «No xogo en que andamos» en 1959, «Gotán» en 1962, «os poemas de Sidney West» en 1969, «Fábulas» en 1970, «Salarios do impío» en 1993, «Sombra de volta e de ida» en 1997, «Incompletamente» en 1997 e «Salarios do impío e outros poemas» en 1998.
Ruedas (fragmento)
Ella llora con una rueda en la garganta
que gira contra el deseo y con
restos de oscuras órdenes. Hay
que envolverte ahora
con la luz que seas.
Esa luz tiene horizontes que ninguno ve,
como fulgor en un borde casual del viaje.
(a Andreíta)
Valer la pena (2001)
    En 1997 obtivo o Premio Nacional de Poesía en Arxentina, o premio Juan Rulfo no ano 2000, en 2004 o Premio Iberoamericano de Poesía Ramón López Velarde, en 2005 os premios Iberoamericano Pablo Neruda e Raíña Sofía de Poesía, e no ano 2007 o Premio Cervantes.                                                
(Fontes :         El país)
                                  
    Non deixedes de consultar a emotiva reseña que se fai no blog: Nos queda la palabra de Agustina Pérez.
    E para rematar esta pequena homenaxe, aí queda o epitáfio que el escribiu:
Epitafio

Un pájaro vivía en mí.
Una flor viajaba en mi sangre.
Mi corazón era un violín.

Quise o no quise. Pero a veces
me quisieron. También a mí
me alegraban: la primavera,
las manos juntas, lo feliz.

¡Digo que el hombre debe serlo!

Aquí yace un pájaro.
Una flor.


Un violín.

Caderno de viaxe de agosto de 2013 de E. Baamonde



Unha vez máis podemos gozar das acuarelas pintadas polo noso compañeiro Eduardo Baamonde. Estas pertencen ó Caderno de viaxe  do verán de 2013. Realizadas en Francia, Suíza e o norte de España.

Breogán Riveiro charla co alumnado de 1º de ESO


O escritor Breogán Riveiro visitounos o 19 de decembro  para falar co alumnado de 1º de ESO do seu libro Tonecho de Rebordechao. Aproveitou para explicarnos o proceso de construción da novela, que iniciou cando estaba a rodar un documental sobre a figura de Romasanta, o home lobo de Allariz. Deste xeito desvelou a particular historia do Home do Unto que aparece no libro. Así mesmo, Breogán incidiu na importancia de recoller as historias que oralmente se contan nas casas e transcribilas para non perder a nosa tradición de contadores de historias. 

Tonecho de Rebordechao segue a ser unha das lecturas preferidas do noso alumnado. Este neno conecta con eles ó igual que o  fai o Balbino de Neira Vilas.  Achégalles episodios como o namoramento da profesora Sabela, nos que se recoñecen  e lévaos a reflexionar sobre as diferenzas da vida dun rapaz de aldea fronte ó de cidade con moitas doses de humor.