Amosando publicacións coa etiqueta LITERATURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LITERATURA. Amosar todas as publicacións

Premio Nobel de literatura 2021

 

 

 

A Academia Sueca  resolveu que o Premio Nobel de Literatura 2021 é para o novelista nado en Tanzania e residente en Reino Unido: Abdulrazak  Gurnah. O xurado concedeu este premio polo seu "interese nos efectos do colonialismo e o destino dos refuxiados e a súa relación con culturas e continentes".
Nacido en  Zanzíbar en 1948,  Gurnah instalouse en Inglaterra a finais dos anos sesenta e é autor de novelas como ' Memory  of  Departure', ' Pilgrims  Way', 'Dottie', ' Paradise', ' Admiring  Silence' ou ' By  the Sea'.

 

 

 

  Parabéns profesor!



Premio Nobel de Literatura 2020


 

A poeta norteamericana Louise  Glück é Premio Nobel de Literatura 2020, segundo anunciou este xoves a Academia Sueca.  Glück, de 77 anos, debutou con  Firstborn en 1968 e pronto foi aclamada como unha das autoras máis destacadas da literatura contemporánea estadounidense.
Louise  Glück obtivo o galardón por, en palabras do xurado, "a súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual".
A estadounidense publicou doce coleccións de poesía e algúns volumes de ensaio que sobresaen polo seu "esforzo de claridade"
Nada en 1943 en Nova York, vive en Cambridge,  Massachusetts e é profesora de inglés na Universidade de  Yale (New  Haven,  Connecticut), leva toda a súa vida compaxinando a docencia coa creación literaria.
Este ano a pandemia modificou as cerimonias ao redor dos Nobel. A tradicional entrega de diplomas e medallas que leva a cabo cada 10 de decembro, día do aniversario da morte de Alfred Nobel, en Estocolmo (Suecia) viuse cancelada polo coronavirus.






ADEUS A UN DOS GRANDES NARRADORES ACTUAIS: 
CARLOS RUIZ ZAFÓN.


Carlos Ruiz Zafón faleceu no día de hoxe deixando para nós un gran número de novelas. Grazas á súa boa pluma converteuse nun dos grandes escritores españois. De feito, dise que é o segundo autor español máis lido. Xa coñecederedes o nome do primeiro. 
A fama internacional chegoulle coa obra La sombra del viento, da que xurdiu unha tetralogía concluíndo no 2016 con El laberinto de los espíritus. Mais, como xa saberedes, antes desta fama, Zafón foi un autor xuvenil. El príncipe de la niebla, El palacio de la medianoche e Marina son algunhas das obras que máis se pasean polos andeis das Bibliotecas dos centros educativos.


Ademais de deixarnos todos estes títulos, a Carlos Ruiz Zafón debemos agradecerlle que fora capaz de achegar a literatura aos mozos e mozas e que moitos de vós descubrísedes o pracer pola lectura.








Premio Planeta 2019

Javier Cercas Premio Planeta 2019


O Premio Planeta de novela é un premio literario comercial outorgado desde 1952 polo editorial Planeta á mellor obra inédita. Foi creado polo fundador da editorial, José Manuel Lara Hernández. Wikipedia
Data da cerimonia: 15 de outubro de 2019 11:30  p. m.
Categoría de: Premio Planeta
Primeira entrega: 1952

 Javier Cercas:

Terra Alta é o título da novela gañadora, unha historia de plena actualidade, co pano de fondo no  procés e un protagonista chamado Melchor Marín,  exdelincuente  convicto, heroe nos atentados  yihadistas de  Cambrils de 2017 e actual  mosso d’ esquadra en  Gandesa (Tarragona). O seu labor é resolver un triplo asasinato. Cercas ( Ibahernando, 57 anos), moi crítico co independentismo, inicia con esta novela, que presentou ao premio co nome do seu protagonista e baixo o título Cristais rotos, unha serie de historias  policíacas coas que prevé estar un tempo en Planeta. Terra Alta supón unha volta de Cercas á ficción máis pura, máis na liña dos relatos do móbil ou da súa primeira novela, O inquilino, que o xogo coa falsa  autoficción, de inspiración  posmoderna, da súa obra a partir de Soldados de  Salamina (2001).El País: https://elpais.com/cultura/2019/10/15/actualidad/


Manuel Vilas (Barbastro, 57 anos): quedouse ás portas de gañar o galardón co que de xeito evidente parece unha secuela da  súper vendas  Ordesa, é dicir, un libro  autobiográfico, titulado simplemente Alegría, no que a voz do narrador, un escritor de mediana idade que se lamenta polo paso do tempo e a perda dos seus seres queridos, trata de escapar á depresión e ser, definitivamente, feliz. El País

Javier Cercas 1º premio e Manuel Vilas 2º premio.