O alumnado de 1º da ESO fixo, coa súa profesora de xeografía Patricia Díaz, uns mapas físicos con plastilina. A biblioteca expuxos nos corredores por que pensamos que son moi didácticos e un bo traballo. Parabéns.
Arte matemática
Tanto os matemáticos como os artistas deben estirar as súas mentes e imaxinacións para expresar as súas ideas. Ao longo da historia e aínda hoxe, moitos artistas tamén utilizaron as matemáticas para crear e inspirar as súas obras de arte. Durante o Renacemento, Albrecht Durero e Leonardo da Vinci foron famosos por facer que as escenas cobrasen vida nunha superficie plana mediante o uso de cuadrículas e os principios da perspectiva lineal.
Un pintor-escritor no IES de Vilalonga.
Este Nadal publicou un álbum infantil orientado a fomentar o gusto polos libros. Non só pola lectura como finalidade esencial, senón polo libro como obxecto de goce, de coñecemento, de consulta, de distracción... O equipo da biblioteca acolle con ledicia esta obra e ademais comparte a mensaxe que transmite.
Grazas Eduardo por formar parte do equipo da biblioteca tantos anos, por colaborar en incontables proxectos, por seguir aí o pé do canón.
Se queredes curiosear na súa obra aquí vos deixo un enlace: https://almacendefabulas.com
Guía de poesía de outono
Ler poesía é unha experiencia íntima, ás veces abrumadora, ás veces relaxante; pero nunca indiferente.
Achégate á poesía, oirás melodías.
Guía de cómic de outono
Aí van as imaxes e referencias dalgúns dos cómics que engadimos á biblioteca este
outono. Hai máis. Vinde a buscalos.
Guía de lecturas de outono
Ola a todos/as, aquí vos deixamos algúns dos libros que lemos este outono. Están na biblioteca, vinde buscalos.
Podcast en Historia de 1º de bacharelato
Árbore de Nadal superorixinal.
Dende
o IES de Vilalonga desexámosvos un nadal fractal (infinita felicidade nun
espazo acotado), á semellanza da árbore de Sierpinski, realizada de xeito
cooperativo por todo o alumnado da ESO mediante a construción, utilizando
técnicas de papiroflexia, de pequenos tetraedros de papel.
Departamento de matemáticas. Gutier Fernández Villar.
Bo Nadal a todas /os.
O equipo da Biblioteca do IES de Vilalonga felicita o Nadal e desexa un próspero e máis tranquilo Ano Novo a toda a Comunidade Escolar.
Ánimo e forza!!!
Obradoiro de animación (21 días de galego)
O xoves 17 de decembro tivemos a oportunidade de gozar coas achegas de Borja Guerrero e Carlos Madureira, da editorial OQO, ao mundo da animación. Foi un obradoiro no que coñecemos a historia desta arte e nos explicaron varios aspectos sobre o incrible mundo das imaxes en movemento, de como funciona o noso cerebro no campo visual, das necesidades técnicas neste traballo, os primeiros obxectos ou "xoguetes" relacionados con el... E logo chegou o mellor: facer as nosas propias animacións en plastilina coa app Stop Motion. Encantounos deixar saír o lado creativo e comprobamos que algúns participantes teñen moito xeito e poden acabar sendo uns artistas de primeira!
Un ilustrador no IES de Vilalonga
O profesor de plástica Eduardo Pérez Baamonde fixo esta
fermosa e interesante acuarela. Titúlase Enredante (en-red-ado), nela un
mozo aparece facendo un selfie diante dun panel cunha paisaxe caribeña. Ten os
pés afundidos en lastres de cemento con iconas das redes sociais. No chan
espallados hai: unha botella, unha caixa de pizza, cabichas, un cinceiro... Non
sabemos se está dentro ou fóra pero a parede está esconchada.
Sen
dúbida quere transmitir varias mensaxes:
-
Queremos aparentar o que non somos.
-
Sublimamos modelos ou estilos de vida inalcanzables e enganosos.
-
O consumismo a ultranza fainos máis pobres e sectarios.
-
Non importa o que se é, senón a imaxe que os demais teñan de ti.
Parémonos a reflexionar, vivimos nunha cultura que se esconcha, que todo o quere rápido e pasaxeiro; o ser humano precisa tempo para formarse, para pensar. Non fagamos caso de todo aquilo que quere atraernos e confundirnos con cantos de serea. Non nos deixemos levar por unha subcultura superficial, enganosa e consumista.
O outono a concurso!
RETO: PALABRAS, DITOS E FEITOS DO
MES DE SANTOS
-Novembro de estío, a
porta do frío.
-Polo novembro as noites van crecendo.
-A
cada porco chégalle o seu San Martiño.
- O día de San Martiño, proba o teu viño.
-Ata
san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío.
-Sembra
trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.
-Se
novembro comeza ben, confianza has de ter.
-Do 20 de Novembro en diante, o inverno xa
é constante.
-Polo San Simón pon o tapón, polo San
Martiño proba o viño.
-Polo San Andrés, colle o porco polos pés,
a galiña polo rabo e levaos ao mercado.
-Novembro
acabado, inverno empezado.
-Se
novembro empeza ben, nada hai que temer.
-Polo
novembro, as noites van crecendo.
-Entre
santos e natal inverniño caroal.
-No día de defuntos, memoria e frío van xuntos.
-O
veranillo de San Martín, dura tres días e fin.
-O
veranciño de san martiño dura tres días e un pouquiño.
-En
novembro voan casas, vén o vento.
-De
Santos ó Nadal é o inverno natural.
-Polo
mes de Santos, xa baixa a neve ós campos.
-Por tódolos santos, neves nos altos.
-San Xoán garda a chave do pan , San
Martiño a do viño e San Andrés a do porquiño.
-Castañas,
noces e viño fan a ledicia de San Martiño.
-Por
Todos os Santos, frío nos campos.
-Do
San Martiño en adiante, non hai demo que o aguante.
-San
Xoán trae o inferno e San Andrés o inverno.
-Polo San Martiño ,o teu mosto xa é viño.
-Cada cousa no seu tempo e os nabos en
adviento.
-No mes de nadal o carón da lareira vaite
sentar.
-Polo Pilar os nabos a terra e o viño
envasado.
-Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
-Por san Martiño, proba o teu viño.
-Auga
de San Martiño come pan e viño.
-Antes
de san Martiño, pan e viño; despois de san Martiño, fame e frío.
-Chegan
os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.
-No
vinte de Novembro en diante, o inverno é constante.
-Horta
de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
-Auga
de agosto, nin bo viño nin bo magosto.
- Estamos no outono os paxaros marchan xa, o
día é mais curto e o frío vai chegar.
Estamos no outono as follas van ao chan temos
unha alfombra de cores
para xogar e pisar.
Alumnado de 4º ESO
Día das librarías
Nun momento social, sanitario e económico tan complicado, coa celebración do Día das Librerías queremos destacar o noso esforzo por manternos vivas e activas, dinamizando as nosas contornas, xerando cultura e comunidade a través dos libros e as lecturas, ademais de darvos as grazas por elixirnos e por defender o voso espazo e tempo individual de lectura.
CEGAL: Confederación Española de Gremios e Asociacións de Librarías.
Premio Nacional de cómic 2020
O historietista Javier de Isusi foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2020 pola súa obra A divina comedia de Óscar Wilde.
Este cómic editado pola editorial Astiberri en 2019 ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2019.
Ademais, o xurado premiou a obra de Isusi (Bilbao, 1972) por ter unha "introdución e final que evocan a representación do teatro da vida, e unha brillante caracterización dos personaxes mediante o acertado recurso de entrevistas individuais".
Na divina comedia de Óscar Wilde o autor transforma a admiración e xenerosidade que profesa ao escritor irlandés nun cómic onde fabula sobre os seus últimos anos de vida.
O xurado destacou ademais "o excelente dominio da acuarela de tinta sepia, con sutís transparencias e diferentes planos de profundidade marcados polo virtuosismo no emprego tonal dunha mesma gama cromática".
Javier de Isusi estudou arquitectura nas escolas de San Sebastián e Lisboa. Acabada a carreira, probou brevemente a profesión e emprendeu unha viaxe que lle levou durante un ano para percorrer boa parte de Latinoamérica. Ao volver desa viaxe decidiu dedicarse ao que sempre quixo facer: contar historias en viñetas.
Book trailer incluido no artigo do periodista Jesús Jiménez sobre a obra premiada. RTVE.
Día das escritoras
O IES de Vilalonga únese a celebración do Día das escritoras. Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia alentóusenos a participar para que todos/as recoñezamos e valoremos a creatividade e o traballo das nosas escritoras, a miúdo tan difícil e silenciado.
Blog de Bibliotecas escolares: O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Elvira
Lindo, comisaria de la V Edición del Día de las Escritoras 2020:
"Bien
se podría decir que la literatura escrita por mujeres está a menudo espoleada
por una conciencia esencial del esfuerzo. En clave autobiográfica o como
representación de una colectividad destinada a un trabajo poco o nada
reconocido las mujeres expresan cuánto trabajo precisa el acto de amar, de
tener hijos o de desear la soledad, cuán férrea voluntad hay que reunir para
defender una vocación al tiempo que se cumple con las tareas que ha acarreado
tradicionalmente la condición femenina. La voz de las mujeres suele exhalar un
aliento esforzado, una conciencia constante de que la vida siempre ha de
exigirles más que a los hombres.
De Teresa de Jesús a Idea Vilariño, de Luisa Carnés a Alfonsina Storni, pasando por Elena Fortún, Luz Pozo, Concha Méndez, Mercé Rodoreda, Circe Maia, Gabriela Mistral y tantas otras en cuya escritura se refleja el esfuerzo de vivir, la vida trabajada, el cansancio y la voluntad de cumplir, a pesar de las trampas del camino, con una vocación tozuda e intensa."
Eva
Mejuto "Memoria do
silencio" (Editorial Xerais):
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."
O Instituto de Vilalonga organizou unha actividade para visivilizar este Día para a comunidade escolar: alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato cubriron fichas, feitas polas súas profesoras de galego e coordinadas pola profesora Ana Belén Vázquez Pardal, sobre escritoras galegas contemporáneas. Organizamos os seus traballos nun vídeo e engadímoslle a voz de Silvia Penas recitando: Elas. O vídeo foi proxectado na pantalla da entrada do instituto e deixámolo aquí para todos/ as.
Os alumnos/as que participaron foron:
4º ESO A: Claudia Pérez Viñas , Inés Sineiro Domínguez, Marta Novas Fernández, Marta Vilar Abal, Mateo Rozas Pérez.
4º ESO C: Noelia Montes Camiña.
1º BACH A: Gabriel Folgada González, Iago Alonso Barriga, Julia Soutullo Parada, Mario Santiso Ferreirós, Nicolás Freijeiro Vázquez.
1º BACH D: Daniela Otero Vázquez, Elena Muñiz Domínguez, Nerea Fernández González, Daniel Castro Besada, Natalia Sabarís Hernanz.













