O pasado 22 de maio as alumnas de EPVA de 4º da ESO do IES Vilalonga
participaron na Convocatoria de Esculturas de Area na Praia da
Lanzada organizada polo departamento de Debuxo do IES Monte da Vila.
Un enriquecedor encontro con alumnado doutros centros de Galicia,
onde tiveron a posibilidade de traballar en equipos durante toda a
xornada nunha peza de creación colectiva partindo da obra de
Picasso. O resultado foi unha gran mostra de esculturas efímeras e
revisións da obra do artista nun contexto inmellorable.
O Departamento de Inglés, en
colaboración co Departamento de Plástica, convocou un Concursode
Deseño de Camisetas entre o alumnado de 4º da ESO coa finalidade de recadar
fondos para a viaxe a York, Inglaterra.
Os tres premios outorgáronse aos seguintes concursantes:
1º Premio de 30 euros para : Laura Cacabelos Varela.
2º Premio de 20 euros para : David Nicolás González.
3º Premio de 10 euros para : Valeria Caramés Periscal.
A camiseta levará o deseño de Laura Cacabelos
Varela.
O profesor de plástica Eduardo Pérez Baamonde, inestimable e constante colaborador da biblioteca, fixo esta inspiradora acuarela. Faremos un cartel grande para colocar nun lugar visible. O obxectivo é motivar a comunidade escolar a somerxerse na lectura.
O profesor de plástica Eduardo Pérez Baamonde fixo esta
fermosa e interesante acuarela. Titúlase Enredante (en-red-ado), nela un
mozo aparece facendo un selfie diante dun panel cunha paisaxe caribeña. Ten os
pés afundidos en lastres de cemento con iconas das redes sociais. No chan
espallados hai: unha botella, unha caixa de pizza, cabichas, un cinceiro... Non
sabemos se está dentro ou fóra pero a parede está esconchada.
Sen
dúbida quere transmitir varias mensaxes:
-
Queremos aparentar o que non somos.
-
Sublimamos modelos ou estilos de vida inalcanzables e enganosos.
-
O consumismo a ultranza fainos máis pobres e sectarios.
-
Non importa o que se é, senón a imaxe que os demais teñan de ti.
Parémonos
a reflexionar, vivimos nunha cultura que se esconcha, que todo o quere rápido
e pasaxeiro; o ser humano precisa tempo para formarse, para pensar. Non fagamos
caso de todo aquilo que quere atraernos e confundirnos con cantos de serea. Non
nos deixemos levar por unha subcultura superficial, enganosa e consumista.
Ohistorietista Javier deIsusi foi
galardoado co Premio Nacional de Cómic 2020 pola súa obra A divina comedia de
ÓscarWilde.
Este cómic editado pola editorial
Astiberri en 2019 ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade
publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2019.
Ademais, o xurado premiou a obra
deIsusi (Bilbao, 1972) por ter unha
"introdución e final que evocan a representación do teatro da vida, e unha
brillante caracterización dos personaxes mediante o acertado recurso de
entrevistas individuais".
Na divina comedia de ÓscarWilde o autor transforma a admiración e
xenerosidade que profesa ao escritor irlandés nun cómic ondefabula sobre os seus últimos anos de vida.
O xurado destacou ademais "o
excelente dominio da acuarela de tintasepia, con sutís transparencias e diferentes planos de profundidade
marcados polo virtuosismo no empregotonal dunha mesma gama cromática".
Javier deIsusi estudou arquitectura nas escolas de San
Sebastián e Lisboa. Acabada a carreira, probou brevemente a profesión e emprendeu
unha viaxe que lle levou durante un ano para percorrer boa parte de
Latinoamérica. Ao volver desa viaxe decidiu dedicarse ao que sempre quixo
facer: contar historias en viñetas.
Book trailer incluido no artigo do periodista Jesús Jiménez sobre a obra premiada. RTVE.
JUAN CARLOS PINTOS de 2º de ESO foi este ano o gañador na categoría de 1º ciclo de ESO no noso concurso de adhesivos 2016 coa súa obra "Que o galego te acompañe"
NEREA CAMIÑA con "Irmandiño galáctico" e ÉRIKA CACABELOS con "Galefuturízate" foron finalistas nesta mesma categoría.
Así mesmo, "Galefuturízate" de MARTINA BASDEDIÓS e "Crea o futuro, crea o galego" de ALBA DOMÍNGUEZ foron as finalistas do 2º ciclo de ESO.
En bacharelato as finalistas foron: LAURA GONZÁLEZ con "Que o galego te acompañe", INÉS REY con "Sacho Wars"e NEREA TORRES con "Irmandades robóticas. Gal.16"
Desde o 2014 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu no calendario de lectura a celebración do DÍA DA ILUSTRACIÓN en Galicia, coincidindo coa data do 30 de xaneiro, nacemento de Castelao.
Nesta ligazón poderás atopar este libro con haikus contra a violencia de xénero realizados no IES Laxeiro de Lalín polo alumnado e o profesorado e coa colaboración de poetas, como Carlos Negro ou Chus Pato, e as artistas plásticas comos Mar García e Aránzazu Diñeiro.
Agora que vivimos no mundo dos autorretratos, selfies para máis datos, non está de máis pararnos a mirar estes moito máis artísticos, que realizaron os nosos alumnos de 4º de ESO nas clases de plástica e cos que pechamos o curso pasado as exposicións no centro.