PREMIOS DO CONCURSO "O MEU OUTONO EN FOTOS"

 Xa temos gañadoras do concuros "O meu outono en fotos". A categoría da ESO e FPB quedou deserta, na de BACH-CICLOS gañou a alumna de 2º  de bacharelato Sara Martínez Nogueira e na de PROFESORADO-PAS resultou escollida a da profesora Silvia Castro Gondar.

Parabéns a todas e grazas por participar!





25N no IES de Vilalonga

 

 

Durante o venres 25 de novembro, todo o alumnado do IES de Vilalonga baixou ao patio frontal ás 12 horas. Na entrada había unha mesa con pintura de mans lila, para poderen pintar as palmas desa cor.

As xanelas desa fachada (1ºESOA, 1ºESO B, 1ºESO C e Desdobre 1 no primeiro andar; aula de idiomas, 3º ESO A, 2º ESO C e Desdobre 2 no segundo andar) estarán abertas e as persianas fechadas agás a ventá central de 2º ESO C. Unha das xanelas de 2º ESO C estaba completamente aberta e coa persiana levantada, porque era onde estaba disposto o equipo de son e as persoas (catro alumnas) que leron o manifesto.Da fachada colgarán as faixas de igualdade que posúe o centro.

Unha vez concluída a lectura do manifesto, o resto das voluntarias ergueron as persianas e berraron o lema deste ano: "Caladas e sumisas, nunca máis". Repetirano varias veces e amosarán as pancartas que fixeron individualmente, con lemas feministas.

Todo o acto foi gravado desde o patio, e acabou cunha salva de aplausos e coa reprodución dun tema musical . Despois, o alumnado voltou ás súas aulas.

Polos corredores do Centro as alumnas de Igualdade coa súa profesora Laura Ramos Cubas colocaron bandeirolos e pancartas con lemas en contra da violencia de xénero.




VISITA A GADISA



 

O alumnado dos segundos cursos dos ciclos de Administración e Xestión dentro da iniciativa de aulas de emprendemento, visitaron as instalacións do grupo Gadisa en Betanzos. A súa visita foi guiada pola encargada de recursos humanos. Coñeceron o funcionamento da empresa, liñas de negocios, principais innovacións que están implementando… Asemade, familiarizáronse co proceso de selección de persoal. Finalmente, visitaron o almacén principal e visualizaron o seu funcionamento, desde o punto de vista de xestión do almacén, preparación de pedidos e a loxística necesaria para o seu reparto.

VISITA SEDE AFUNDACIÓN

A semana pasada o alumnado de primeiro de ciclo superior de administración e finanzas realizou unha visita á oficina de Abanca e instalacións da sede de Afundación nas plantas superiores.

A visita, promovida polo programa de aulas de emprendemento do centro, consistiu nunha reunión /coloquio na súa sala de xuntas con dúas alumnas que fixeron o ciclo de administración e finanzas e que agora traballan con eles. 

CENTENARIO MARÍA CASARES

 Non podemos esquecernos, antes de que acabe o ano, da figura de María Casares. Foi unha actriz galega de teatro e cinema que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Santiago Casares Quiroga, que fora ministro da Segunda República española durante o goberno de Azaña. Protagonizou varias obras escritas por Camus e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, chegando a converterse en musa do existencialismo francés. 

Figuras como a dela cómpre recordalas e difundilas.

Semana da Ciencia no IES de Vilalonga

 



SEMANA DA CIENCIA

“Matemaxia”, hológrafas, lograr reacciones de oxidación-redución (re-dox) con golosinas, fabricar “pasta de dentes para elefantes”, extraer el ADN de un kiwi, o xogar o “Catro en raia por propiedades” son algunhas das actividades que se realizaron na “Semana da Ciencia” que desenvolveu o IES de Vilalonga entre os días 14 e 18 de novembro.

Esta primeira edición dá “Semana da Ciencia” foi impulsada polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas y Tecnoloxía de este instituto de Sanxenxo, cuxos responsables deseñaron diferentes talleres, pósters científicos, prácticas de laboratorio e xogos. Todo baixo o lema “Quen dixo que a ciencia non era divertida?" e co obxectivo de "motivar e espertar vocacións científicas" entre o alumnado. 



Esta actividade saíu no xornal o sábado día 19 de novembro, podedes pinchar aquí para ver a nova:



Saída de FPB cociña a Showcooking

 

VISITA ETIQUETA NEGRA GOURMET PONTEVEDRA.




O alumnado de 1º FPB de cociña e hostalería do IES de Vilalonga asistiu este luns ao SHOWCOOKING impartido polo alumnado de cociña e servizos de restauración do CIFP Carlos Oroza. Aproveitaron para visitar os stands de outras empresas e puideron degustar diferentes produtos innovadores como salsas, queixos ou conservas. 


Resultou unha experiencia moi apetitosa!!

Viaxe didáctica de Automoción


VISITA A SALAMANCA E ÁVILA.

O alumnado de 1º, 2º CM e 2º FP básica de automoción, en colaboración coa coordinación de aulas de emprendemento, realizaron o día 16  unha visita ao Museo do automóbil en Salamanca e  o día 17, a Cesvirecambios e CESVIMAP en Ávila. Esta actividade transversal supuxo unha oportunidade de coñecer en persoa e en directo os laboratorios de vangarda, no proceso de reparación de vehículos e os seus avances actuais sobre electromobilidade. 

Deseñando camisetas


 O Departamento de Inglés, en colaboración co Departamento de Plástica, convocou un Concurso de Deseño de Camisetas entre o alumnado de 4º da ESO coa finalidade de recadar fondos para a viaxe a York, Inglaterra.

Os tres premios outorgáronse aos seguintes concursantes:

1º Premio de 30 euros para : Laura Cacabelos Varela.

2º Premio de 20 euros para : David Nicolás González.

3º Premio de 10 euros para : Valeria Caramés Periscal.

 

A camiseta levará o deseño de Laura Cacabelos Varela.


2º premio: David Nicolás
1º premio: Laura Cacabelos












3º premio: Valeria Caramés




Diseño gañador


       Parabéns aos gañadores!!!

III CERTAME ESCOLAR PROVINCIAL DE REGUEIFAS



A nosa alumna de 4º de ESO A, Iria Otero, foi unha das catro gañadoras do concurso de regueifas celebrado, o pasado venres, no Centro cultural, Artístico e Recreativo de Valladares (Vigo). Parabéns a Iria e aos catro finalistas do IES de Vilalonga!!!





25-N 1ª PARTE: INVISIBLES

 A tarde do martes o alumnado de 4º de ESO puido pasar unha hora con Montse Fajardo, autora da obra Invisibles, Relatos do maltrato.

Con ela descrubimos ou revisamos os prexuízos que existen arredor da violencia machista, que tipos desta violencia existen, como podemos axudar  as vítimas tanto a nivel persoal como a nivel colectivo...

Tantas cousas que quedan por facer, pero o primeiro paso é ter consciencia do feito atroz que é a violencia machista e de como toda a sociedade sofre esta lacra.

Moitas grazas por acompañarnos e compartir con nós esas historias das mulleres de Invisibles e das súas familias e amizades.





ACTIVIDADE EMPRENDE JAM


 



O alumnado de 2º CM e CS de Administrativo gozaron o pasado venres 4 de novembro dunha sesión de aprendizaxe práctica e vivencia onde traballar en equipo para crear e testar ideas de negocio nun contexto  social. Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga por fomentar un espírito emprendedor na nosa xuventude!


Aquí vos deixo un enlace  a un vídeo da actividade:


Obradoiros de educación afectivo-sexual para 1º de ESO

 

A coordinación de Igualdade do IES Vilalonga e o CIM de Sanxenxo organizaron os obradoiros de educación afectivo-sexual para o alumnado de 1º de ESO. A iniciativa foi levada a cabo por Abal e Boo durante os días: martes 18 e 27 de outubro, e 3 e 7 de novembro.

As actividades incluíron dinámicas de comprensión e traballo da empatía a partir de lecturas, debates, concursos, etcétera.

A coordinación de igualdade do centro e as persoas formadoras valoraron positivamente o impacto dos obradoiros e foi mencionada a posibilidade de contar con máis formacións deste tipo durante o curso.