Amosando publicacións coa etiqueta 2022-2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2022-2023. Amosar todas as publicacións

PROXECTO LENDAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

 Este curso seguimos co noso proxecto Lendas de aquí e de acolá realizado polo EDLG do IES de Vilalonga con centros doutros países ou lugares para o intercambio de lendas en diferentes linguas co obxectivo de realizar un compendio plurilingüe. 

Neste curso escolar este organizouse co centro portugués Escola Secundária Carlos Amarante, de Braga, e nel as lendas galegas foron traducidas ao portugués polo alumnado do país veciño e as lendas portuguesas foron traducidas ao galego polo alumnado do centro.

Aquí tendes o resultado final. Esperamos que sexa do voso agrado!

https://www.canva.com/design/DAFer008HAo/wAbBWbbhMGIpWpYsSyf-dw/view?utm_content=DAFer008HAo&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink







Exposición Acorda.

 Como complemento ás actividades de memoria histórica que se están facendo no centro en colaboración co departamento homónimo da Deputación de Pontevedra, esta semana traemos a exposición Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Ponetevedra. 

Poderemos disfrutar dela ata o próximo 24 de abril.










Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra

 O mércores 12 de abril o alumnado de 4º da ESO puido ver o documental "Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra", no que se mostran os diferentes lugares relacionados coa represión franquista na provincia de Pontevedra. Os testemuños de familias e  asociacións aparecen aquí acompañados das voces de diferentes artistas musicais de Galicia. Todo para dar luz ao ocorrido e traer un pouco de xustiza e reparación.


Como complemento inaugurouse tamén esta semana a exposición do mesmo nome, que estará no centro ata o 24 de abril.







Charla de memoria histórica


 O martes 11 de abril volveu visitarnos Montse Fajardo, nesta ocasión para achegarlle ao alumnado de 1º de bacharelato a realidade do que pasou na nosa historia máis recente. A través da charla "A represión contra as mulleres tras o golpe de estado do 36" puideron coñecer os feitos atroces e aínda non subsanados da vida chea de aldraxes, amezas e crimes que viviron as mulleres da provincia nesta etapa.

Un complemento magnífico á exposición "Rexas" que xa tivemos anteriormente no centro. Ambas son actividades que for,an parte do programa O pasado por vir da Deputación de Pontevedra. 






Obradoiro de iniciación á creación dunha curtametraxe

 Ó longo da semana o alumnado de 3º da ESO puido, na compaña de María Ruíz, do FICBUEU (Festival Internacional de Cinema de Bueu) iniciarse no coñecemento da creación dunha curtametraxe. 

Coa análise de diferentes elementos propios da arte cinematográfica o alumnado aprendeu a ver o cinema desde outra perspectiva e cales son os pasos necesarios para sacar adiante unha produción.





A VOLTA Á PROVINCIA DAS MISIÓNS PEDAGÓXICAS

Co grupo Polo correo do vento tivemos hoxe a oportunidade marabillosa de achegarnos ao proxecto das Misións Pedagóxicas que na Segunda República  levaron a diferentes lugares galegos a cultura, o teatro, os libros... e deixaron unha pegada alí por onde pasaron. Recupérase, a través das figuras de Rafael Dieste e Maruja Mallo, o que foi esta iniciativa e o que supuxo; e todo isto usando a narración oral, a música, a lingua de signos e as ilustracións para conectar co noso público de 3º de ESO.

Grazas a Quique Mauricio que actuou de narrador, Carlos Taboada e Tania Solla que estiveron na ilustración, Marcelo Dobode e Antón Ke na música e Rebeca Araujo na lingua de signos.

Foi un pracer  tervos no noso centro e que a rapazada puidese coñecer desta forma tan atractiva esa etapa da nosa historia e da nosa cultura.






CLUB DE LECTURA 1º ESO

 Hoxe xuntouse o club de lectura de 1º ESO para falar e intercambiar opinións sobre o libro de Paula Carballeira Trece avisos. Contos para ler pola noite da editorial Xerais.

Houbo quen ata pasou medo con algunha das historias ou das imaxes que as acompañan, e non é para menos!

Agora hai que seleccionar un novo libro para o 2º trimestre. Xa vos avisaremos, a ver se vos animades a unirvos.




PORTAS GAÑADORAS DO CONCURSO "DECORA A TÚA PORTA DE NADAL"

 Xa está aquí a decisión máis importante de todo o ano!!! O resultado do concurso Decora a túa porta de Nadal.

Foi ben difícil, xa que había moitas portas ben bonitas e con moito traballo, pero había que tomar unha decisión.

Na categoría 1 (1º ESO, 2º ESO e 1º FPB) a gañadora foi a clase de 1º ESO C; na categoría 2 (3º ESO, 4º ESO e 2º FPB) a vencedora foi 3º ESO A; na categoría 3 (BACH E CICLOS) o premio foi para 1º BACH C. Todas estas clases gozarán da súa festa con biscoito e chocolate para celebrar o seu éxito. 

Faremos un poster/composición con imaxes de todas as portas e esperamos que todo o mundo o teña pasado moi ben traballando en grupo e organizando o traballo creativo.

Parabéns a toda a rapazada do IES de Vilalonga!!!

A continuación podedes ver as fotos das portas gañadoras.

1º ESO C

3º ESO A

1º BACH C



REXAS. MULLERES BAIXO O TERROR FRANQUISTA

 A Deputación de Pontevedra reivindica a memoria das vítimas do alzamento de 1936 a través da exposición creada por Montse Fajardo baixo o nome "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista". Nesta escolma formada por 78 fotografías cóntase a historia de represión sufrida por 172 pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e, ademais, polo feito da súa condición de mulleres, soportaron tamén vexacións de corte sexista. A mostra está distribuída ao longo do edificio 1 e podemos visitala e aprender dela ata o 15 de decembro.

Grazas por un material tan ben feito e que nos achega un pouco máis á verdade, xustiza e reparación de todas as vítimas da barbarie inciada en xullo do 36.









PREMIOS DO CONCURSO "O MEU OUTONO EN FOTOS"

 Xa temos gañadoras do concuros "O meu outono en fotos". A categoría da ESO e FPB quedou deserta, na de BACH-CICLOS gañou a alumna de 2º  de bacharelato Sara Martínez Nogueira e na de PROFESORADO-PAS resultou escollida a da profesora Silvia Castro Gondar.

Parabéns a todas e grazas por participar!





III CERTAME ESCOLAR PROVINCIAL DE REGUEIFAS



A nosa alumna de 4º de ESO A, Iria Otero, foi unha das catro gañadoras do concurso de regueifas celebrado, o pasado venres, no Centro cultural, Artístico e Recreativo de Valladares (Vigo). Parabéns a Iria e aos catro finalistas do IES de Vilalonga!!!





25-N 1ª PARTE: INVISIBLES

 A tarde do martes o alumnado de 4º de ESO puido pasar unha hora con Montse Fajardo, autora da obra Invisibles, Relatos do maltrato.

Con ela descrubimos ou revisamos os prexuízos que existen arredor da violencia machista, que tipos desta violencia existen, como podemos axudar  as vítimas tanto a nivel persoal como a nivel colectivo...

Tantas cousas que quedan por facer, pero o primeiro paso é ter consciencia do feito atroz que é a violencia machista e de como toda a sociedade sofre esta lacra.

Moitas grazas por acompañarnos e compartir con nós esas historias das mulleres de Invisibles e das súas familias e amizades.