O pasado martes 27 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO desfrutou dunha charla co escritor Manuel Núñez Singala, autor da obra de teatro Comedia bífida, que foi lectura da segunda avaliación nese curso. O autor comentou as diferenzas do xénero dramático con outras expresións literarias e as dificultades e vantaxes de escribir un texto que nace para ser representado. Ademais, contestou preguntas da rapazada e realizou con eles unha pequena interpretación dun texto seu.
TEATRO EN INGLÉS
O luns 23 de xaneiro o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiu á obra de teatro
"The Movie" en Pontevedra. Unha forma divertida de seguir aprendendo
inglés. Ademais, varios alumnos e alumnas tiveron oportunidade de participar na
obra dende o mísmísimo escenario!!! Pasárono en grande!!
A VOLTA Á PROVINCIA DAS MISIÓNS PEDAGÓXICAS
Co grupo Polo correo do vento tivemos hoxe a oportunidade marabillosa de achegarnos ao proxecto das Misións Pedagóxicas que na Segunda República levaron a diferentes lugares galegos a cultura, o teatro, os libros... e deixaron unha pegada alí por onde pasaron. Recupérase, a través das figuras de Rafael Dieste e Maruja Mallo, o que foi esta iniciativa e o que supuxo; e todo isto usando a narración oral, a música, a lingua de signos e as ilustracións para conectar co noso público de 3º de ESO.
Grazas a Quique Mauricio que actuou de narrador, Carlos Taboada e Tania Solla que estiveron na ilustración, Marcelo Dobode e Antón Ke na música e Rebeca Araujo na lingua de signos.
Foi un pracer tervos no noso centro e que a rapazada puidese coñecer desta forma tan atractiva esa etapa da nosa historia e da nosa cultura.
CENTENARIO MARÍA CASARES
Non podemos esquecernos, antes de que acabe o ano, da figura de María Casares. Foi unha actriz galega de teatro e cinema que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Santiago Casares Quiroga, que fora ministro da Segunda República española durante o goberno de Azaña. Protagonizou varias obras escritas por Camus e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, chegando a converterse en musa do existencialismo francés.
Figuras como a dela cómpre recordalas e difundilas.

FOMOS AO TEATRO


TERCEIRO E CUARTO DE ESO VAN Ó TEATRO
Saída ao teatro de Pontevedra (3º da ESO)
“Espero que ningunha muller pase polo que
pasaron as sete mulleres que aparecen na obra. Fagamos que a nosa xeración sexa
recordada por non ter estes problemas, que sexa recordada por vivir nunha
mellor época para a muller”. (Nerea Fernández)
“Ela fixera unhas cabazas cos seus fillos
para o colexio e chegou o marido e rompeunas”. (Lucas Cores)
“Invisibles
busca concienciarnos dos danos que causan estes actos nas mulleres e que o
problema desapareza. (...) Unha grande
axuda para promover a desaparición do machismo”. (Aitor Domínguez)"Leonardo e os fontaneiros"

VIAXE A VILAGARCÍA, 1 DE MARZO 2018
O número de alumnos
que participou desta actividade foi de 124, para o que se necesitaron tres autobuses.Saída teatral a Pontevedra
O xoves 16 de novembro o alumnado de ESO e de Bacharelato do noso centro asistiu á posta en escena no Teatro Principal de Pontevedra d' A noiva de Don Quixote, comedia escrita por José Luís Esteban e dirixida por José Carlos García.
.jpeg)
.jpeg)























