"Sorbete de limón" de Noa e Clara

Seguimos dando a coñecer as coñecer as receitas elaboradas polo noso alumnado, neste caso trátase dun "sorbete de limón" moi axeitado para a calor que vai, cuxa elaboración nos ensinan Noa Martínez e Clara Moldes de 2º de ESO A.


.

Excursión a Santiago de Compostela

O 12 de maio o alumnado de 2º da ESO, cos profesores Mª Luisa Castaño, Sergio Piñeiro e Mª Aurora López, levaron a cabo unha saída cultural a Santiago onde visitaron distintos lugares de interés:
- Museo de Historia Natural da USC, había moitas cousas interesantes: animais, minerais, vexetais, instrumentos, etc:


- Cubertas da Catedral, desde as que se observan vistas extraordinarias:

- Museo do Pobo galego situado no Convento de Sto. Domingo de Bonaval, coa súa impresionante escaleira:


Gozaron das visitas, en especial das dúas primeiras, que foron guiadas. O alumnado atendía as explicacións dos guías e respostaban ás preguntas destes, tamén sacaron fotos, falaron, riron...

Voltaron moi cansos pero a experiencia foi moi positiva.

Se queredes máis información podedes ir a: www.usc.es/museohn
                 www.museodopobo.gal/

Presentación da revista ENÓRMIC BANDA


Presentación da portada de ENÓRMIC BANDA 2016


O pasado xoves 26 de maio presentouse no IES Casto Alobre o novo número da revista de cómic da Coordinadora EDLG do Salnés, que este ano contou coa colaboración  na portada  de Luis Davila, o Bichero, e no limiar da xornalista  Monste Fajardo



Este ano os traballos que obtiveron o galardón da súa publicación no noso centro foron o de Ana Rodríguez  Domínguez e Noelia Caneda Rey de 1º de bacharelato C.

Na pantalla temos a obra de NOELIA CANEDA REY
Alumnado premiado no acto de presentación

IES Castro Alobre

"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ from a beira das palabras




Podedes acceder á historia da revista  ENÓRMIC BANDA na ligazón da Wikipedia

Semana de teatro clásico de Ourense

XVI FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO – OURENSE


O día 11 de abril de 2016 o profesor de Lingua Castelá, Rafael Arines, en coordinación coa Biblioteca, levou aos alumnos de 4º da ESO, 1º de bach, 2º de bach (latín) e Fp básica ao teatro a Ourense.
 Acompañárono os profesores José Casariego e Gerardo Sanmartín. Aproveitaron para visitar a vila de Ribadavia, co seu histórico barrio xudeo e en Ourense fixeron a ruta da Esmorga de E.  Blanco Amor. Pola tarde foron ao teatro a ver a obra Cásina de Plauto.

Pasárono moi ben! según nos informa o alumnado.
Parabéns a todos/as!


Exposición de Antropoloxía realizada polo alumnado de 1º de bacharelato



O alumnado da materia optativa de Antropoloxía de 1º Bac elaborou unha exposición sobre dous temas.

O primeiro deles sobre as "Escolas de antropoloxía cultural", a cargo dos alumnos e alumnas de 1º Bac A e B, onde explican as principais escolas ou teorías (Evolucionismo, Funcionalismo, Materialismo, etc.) que desde o século XIX ata a actualidade se ocuparon de explicar por que a humanidade desenvolveu culturas tan dispares en tódolos recuncho da Terra.

O segundo tema (alumnado de 1º Bac C e D), é a análise e explicación de algunhas peculiaridades culturais moi rechamantes desde a noso punto de vista, como poida ser o canibalismo dos aztecas, o maltrato ás mulleres dos ianomami ou o sentido do honor dos xaponeses.


Neste enlace pódense ver os carteis da exposición.



Saída dos clubs de lectura a Lugo e á casa de Manuel María


O pasado xoves 19 de maio, 35 rapaces e rapazas dos clubes de lectura do IES de Vilalonga fixeron unha viaxe ata Lugo onde puideron pasear pola súa muralla romana e percorrer o casco histórico no que tiveron a ocasión de admirar abundantes restos romanos (a Domus de Mitreo, a Casa dos Mosaicos, os restos dun acueduto, unha piscina). 
       
        

  






Logo de percorrer a vila intramuros e de recitar algúns poemas de Manuel María e o trobador Fernando Esquío en distintos lugares da cidade, fixeron unha pausa para xantar  na Praza Maior onde fixeron tamén unha xincana.
Xa pola tarde trasladáronse á casa de Manuel María en Outeiro de Rei onde puideron coñecer de preto unha pequena parte do universo deste autor e da súa obra.


Manuel María, Letras Galegas 2016


Nos corredores do instituto atoparás unha mostra de dez paneis cunha escolma da vida e obra de Manuel María elaborada pola súa Casa Museo.






 Na biblioteca tes distintos libros e discos para coñecelo de preto.

Celebración culinaria das Letras Galegas

Sonia Morgade e Nuria Puente de 2º de ESO  elaboraron a súa receita de 
MADALENAS CON CHOCOLATE 
 
Esta é a primeira  das nosas entregas culinarias para celebrar as LETRAS GALEGAS 2016

Coloquio de ex-alumnos/as con alumnos/as de 2º de bacharelato.





O venres 29 de abril tivo lugar o encontro entre ex-alumos/as do Centro que están cursando primeiro na Universidade e alumnos/as de 2º de bacharelato, como xa ven sendo habitual nos últimos anos.


Os universitarios comentan a súa experiencia na Selectividade e danlle consellos aos aspirantes, en xeral tratan de quitarlle ferro ao asunto e de tranquilizalos. Comentan tamén as súas experiencias no 1º ano de facultade: a matrícula, as clases, os profesores, a vida fora da casa,etc.

Resultou unha xornada moi agradable e ata divertida, esperamos que tamén útil.


ÁNIMO CHICOS/AS!