Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

DÍA DAS LETRAS GALEGAS II

 Esta mañá tivemos a fortuna de contar coa presenza da compañía Polo correo do vento no noso IES. A súa actuación combinou relato oral, debuxo e música para facer unha semblanza de Luísa Villalta.






DÍA DAS LETRAS GALEGAS I

 Comezamos de cheo coas actividades arredor do Día das Letras Galegas deste ano. A figura de Luísa Villalta, a súa vida e obra van ir ocupando os diferentes espazos do noso centro con actividades dirixidas a todos os niveis. 

Comezamos cunha exposición de cartelaria sobre a figura homenaxeada e unha exposición dalgúns dos fondos da biblioteca relacionados con esta data e esta autora, dirixids sobre todo estes últimos aos primeiros cursos da ESO.







DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    Este ano celebramos o Día das Letras Galegas con actividades variadas. Fixemos carteis, preparamos unha exposición sobre a obra de Francisco Fernández del riego na biblioteca, colgamos información do autor polos corredores, fixemos unha sopa de letras xigante, viñeron Os Terribles de Donas a dar un concerto aos grupos da ESO...

De todas elas deixamos aquí unha pequena mostra.













XOGO COAS LETRAS SOLUCIÓNS

 Xa están aquí as posibles solucións do Xogo coas letras que esta semana estivo posto polos corredores do edificio 2.

Ademais, xa puidestes descubrir que en realidade é un xogo que existe. A Mesa pola Normalización Lingüística ofrece a posibilidade de xogar cada día cun grupo de letras diferentes e, no día seguinte, consultar as solucións.

Animádevos a xogar desde os vosos dispositivos!!

https://pensatermos.amesa.gal/


  

XOGO COAS LETRAS GALEGAS

 Comezamos as actividades para o Día das Letras Galegas. Unha delas é xogar a crear palabras a partir das letras dadas. Tedes colgada polos corredores do edificio 2 toda a información. Ollo, teredes a solución ao final da semana e para a semana que vén haberá un novo grupo de letras.

Ademais, o día 5 de maio unha información complementaria que seguro que vos engancha ao xogo!!




DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS III

 O venres 14 de maio tivemos a fortuna de contar cun grupo de alumnado para facer unha pequena homenaxe a Xela Arias e nos nosos "Patios poéticos" gozamos dun recital-concerto de poemas da autora.

Ao saxo Marcos Sabor Camiña e recitando Laura Pereira Dadín, Daniel Padín Soto, Nerea Martínez Prol, Carmen Aguiño Guío e Claudia Pérez Viñas.

De agasallo pola súa colaboración unha fermosa camiseta cun verso de Xela.



Letras galegas

 O venres 14 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no IES de Vilalonga. O día propio é o 17, luns, pero é festivo e polo tanto non estaremos xuntos/as.

Ademais dos patios poéticos puxemos nas mesas da biblioteca os suplementos do diario Nós, que publicaron en relación con esta celebración.





                               Esta semana o cartel da "Hora de ler" está ilustrado coa imaxe de Xela Arias. 

Bo día a todos/as!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS I

 Hoxe comezamos coas diferentes actividades do Día das Letras Galegas no noso centro. Para abrir a celebración aquí tendes a mostra dos carteis gañadores deste ano feitos polo alumando do IES Plurilingüe de Ames.



Nos seguintes días comezarán a agromar nos nosos "Patios poéticos" as mostras creativas do noso alumnado baseadas na vida e obra de Xela Arias dentro do concurso ConXELArte. Que ganas de velas!!!

Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - ABECEDARIO CARVALHO CALERO


DÍA DAS LETRAS - 2020

RICARDO CARBALLO CALERO



    Ricardo Cavalho Calero é o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e, para que vos acheguedes á súa vida e á súa obra, aquí tendes este abecedario que podedes completar moi facilmente con información que atoparedes na Rede.



    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca outorgarán diplomas ó alumnado que envíe antes todas as respostas correctas ó seu profesor ou profesora de Lingua Galega e Literatura.



 Concederanse  tres diplomas por cada categoría:

             - 1º e 2º de ESO     
             - 3º e 4º de ESO
             - Outros cursos         
            

DÍA DAS LETRAS  GALEGAS 2020    
 ABECEDARIO  RICARDO CARVALHO CALERO
(1910-1990)

A. Así está o “silenzo” no seu poemario de 1934: __________________

B. Editorial compostelá que publlica a súa primeira novela en 1951: __________________________

C. Apelido co que asina desde 1981: ______________

D. Apelido nun dos seus pseudónimos: ____________________

E. Autor sobre o que publica un ensaio en 1965: __________________

F. Lugar de nacemento: __________________

G. Revista literaria na que colabora: ___________

H. Obra moi importante para o estudo da nosa literatura: ___________________________________

I. Peza teatral publicada en 1982: ______________

L. Editorial que publicou As pitas baixo a chuvia : __________

M. Cidade na que o sorprende o inicio da guerra civil: _________________

N. Xénero ó que pertence A xente da Barreira: _______________

O. Escritor que resposta o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega: _____________________

P. Institución galega que adquiriu a súa biblioteca persoal: _____________________

Q. Pseudónimo que remata con esta letra: _____________

R. Corrente lingüística da que é considerado ideólogo. ___________________

S. Novela publicada en 1987: __________________

T. Poemario en castelán publicado en 1928: _______________

U. Institución na que exerce como primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas: ____________

V. Poemario de 1931: __________

X. Localidade en cuxo cárcere cumpre condena acusado de separatista: _________

Z. Segunda palabra que forma parte dun pseudónimo: _______________




Letras Galega 2018



O luns día 28 fixemos no Centro unha actividade co gallo do 17 de maio. O alumnado de 2º da ESO leu pequenos textos dos libros de Mª Victoria Moreno, preparounos con eles a profesora de Lingua e Literatura galega Salomé Díaz. O profesor de Música Juan Andrés Ventoso preparou cos seus alumnos de 4º da ESO unha canción relacionado con este acto.


Letras Galegas 2018



Os alumnos de 3º de ESO fixeron, co gallo da celebración do Día das Letras, un percorrido pola traxectoria vital e literaria de autores homenaxeados en anos anteriores: Rosalía, Curros, Pondal, Cabanillas, Castelao, Manuel Antonio, Cunqueiro, Fole, Vidal Bolaño, Casares…

Letras Galegas 2018


 O profesor de Lingua e Literatura galega, Samuel Rodríguez López, traballou cos seu alumnado de 4º da ESO  a biografía e a obra de Mª Victoria Moreno. A Biblioteca expuxo os seus materiais no corredor do edificio 1. A escritora homenaxeada este ano o Día das Letras foi profesora no IES Vilalonga durante uns cursos nos anos 90 . Por este motivo  sumámonos á homenaxe facendo múltiples traballos, exposicións, música, teatro, etc.

Letras Galegas 2018





"Sombra e luz". A Secretaría Xeral de Política Lingüística enviou ao noso Centro dez carteis, mais unha unidade didáctica, co gallo do Día das Letras Galegas 2018. Estes materiais foron elaborados polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra. O obxectivo  é dar a coñecer a figura e a obra de Mª Victoria Moreno Márquez e analizar, xa con certa prerspectiva histórica, unha época de transcendental importancia no proceso de normalización lingüística e especialmente fecunda en manifestacións culturais na nosa lingua (nas súas palabras).
 O alumnado de 3º da ESO A estivo traballando con estes materiais e despois axudou a colocar os dez carteis no cubo da entrada para que estiveran expostos a toda a comunidade escolar.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TOD@S!!!!!!!! 



Sofía Mª Martínez-Almeida  (3º ESO A)
 é a autora deste fermoso cartel.