DÍA DAS LETRAS - 2020
RICARDO CARBALLO CALERO
Ricardo Cavalho Calero é o autor homenaxeado este
ano no Día das Letras Galegas e, para que
vos acheguedes á súa vida e á súa obra, aquí tendes este abecedario que podedes
completar moi facilmente con información que atoparedes na Rede.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o
Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca outorgarán diplomas ó
alumnado que envíe antes todas as respostas correctas ó seu profesor ou
profesora de Lingua Galega e Literatura.
Concederanse
tres diplomas por cada categoría:
- 1º e 2º de ESO
- 3º e 4º de ESO
- Outros cursos
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
ABECEDARIO RICARDO CARVALHO CALERO
(1910-1990)
A. Así está o “silenzo” no seu poemario de 1934:
__________________
B. Editorial compostelá que publlica a súa primeira
novela en 1951: __________________________
C. Apelido co que asina desde 1981: ______________
D. Apelido nun dos seus pseudónimos: ____________________
E. Autor sobre o que publica un ensaio en 1965:
__________________
F. Lugar de nacemento: __________________
G. Revista literaria na que colabora: ___________
H. Obra moi importante para o estudo da nosa literatura: ___________________________________
I. Peza teatral publicada en 1982: ______________
L. Editorial que publicou As pitas baixo a chuvia
: __________
M. Cidade na que o sorprende o inicio da guerra civil:
_________________
N. Xénero ó que pertence A xente da Barreira:
_______________
O. Escritor que resposta o seu discurso de ingreso na
Real Academia Galega: _____________________
P. Institución galega que adquiriu a súa biblioteca
persoal: _____________________
Q. Pseudónimo que remata con esta letra: _____________
R. Corrente lingüística da que é considerado ideólogo.
___________________
S. Novela publicada en 1987: __________________
T. Poemario en castelán publicado en 1928: _______________
U. Institución na que exerce como primeiro catedrático de
Lingua e Literatura Galegas: ____________
V. Poemario de 1931: __________
X. Localidade en cuxo cárcere
cumpre condena acusado de separatista: _________
Z. Segunda palabra que forma parte dun pseudónimo:
_______________
Ningún comentario:
Publicar un comentario