Día Internacional Contra o Maltrato

 O 25 de novembro é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a biblioteca e o EDLG xunto con toda a comunidade educativa do IES de Vilalonga quixemos visibilizar esta data e manifestar a nosa repulsa contra os feitos deste tipo. Fixemos distintas actividades:

a) Puxemos na entrada unha pancarta:


b) A profesora Ana Belén Vázquez Pardal do Departamento de Lingua Galega e coordinadora do EDLG fixo un audiolibro co seu alumnado, na parte técnica axudoulle a profesora de Lingua Castelá Fátima Barreiro. Preme nesta ligazón para escoitalo:

https://drive.google.com/file/d/1OMEm1hSFEHK2mX9ZIDmBUhKEI6jj4CgH/view?usp=sharing

Con el esperamos animar a coñecer, ler e escoitar unha historia na que moitas rapazas e mulleres se poden ver identificadas, das que todas as persoas podemos aprender algo, facernos máis conscientes dunha realidade que nos rodea e contra a que temos que reaccionar.

 Participaron na elaboración deste audiolibro do relato de María Reimóndez: A esencia da cidade, os seguintes membros da comunidade escolar do IES de Vilalonga.  

 

Alexia González Simes1º BACH C

Ana B. Vázquez Pardal Lingua galega e literatura

Andrea Dovalo Méndez 3º B

Arturo Juíz Río Matemáticas

Daniela NoresLópez 3º A

Iago Alonso Barriga 1º BACH C

Jennifer Lamelas Barreiro3º A

Laura González Castro 3º B

Lidia Fernández Lingua galega e literatura

Marcos Chaves Montenegro Xeografía e historia

Mario SantisoFerreirós 1º BACH C

Martín Agraso Otero 3º A

Martín Ameneiro Cacabelos 3º A

Martina Afonso Torres ESA

Miguel Anxo Rodríguez Pena Lingua galega e literatura

Nicolás Fontán Piñeiro 3º B

Nicolás Soutullo Vidal 3º A

Patricia Díaz González Xeografía e historia

Sara Piñeiro Vizoso 3º B

Vicki Villar Mosquera Lingua galega e literatura

c) Participamos no concurso da Secretaría Xeral de Igualdade e Secretaría Xeral de Educación da Xunta de Galicia  "Lemas contra a violencia de xénero". Participou o alumnado de 2º de bacharelato e 4º da ESO. Os gañadores foron:


1º.-Noelia Dopazo Arosa. 

2º.- Daniel Daporta Otero.


3º.- Andrea Ara Solla.

Fixemos carteis con eles, plastificámolos e colgámolos nos tres edificios.

 
 
d) Os últimos 15 minutos da cuarta hora da mañá, ás doce menos cinco en todas as aulas os profesores falaron sobre a violencia de xénero e lemos poemas de temas relacionados coa mesma.

 

 

 

e) A biblioteca preparou unha exposición de libros relacionados coa loita pola Igualdade e o recoñecemento do traballo e o valor das mulleres. Hai dous cursos que inauguramos a nova sección de Feminismo e Igualdade, alí colocamos os materiais relativos a estas temáticas. Aproveitamos para mostralos e incentivar o seu uso.



 

 

 

 

 

f) Exhibimos  na biblioteca, orgullosos, os nosos premios dos concursos de Igualdade destes cursos pasados. A profesora de Xeografía e Historia Patricia Díaz impartiu os últimos cursos a materia de Igualdade e participaba con frecuencia, co seu alumnado, en diferentes concursos, cun notable éxito.

 

 

 g) O martes 24 de novembro, ás 10:00h, a profesora Patricia Díaz, con dous representantes do alumnado premiado pola Secretaría Xeral de Igualdade en edicións anteriores no certame do 25N, na modalidade de vídeos, Lorena Míguez (4ºESO) e Héctor M. Vidal (3º ESO), van participar nunha xuntanza virtual con outros centros premiados en cursos anteriores, evento ao que foron convidados pola Secretaría Xeral de Igualdade como recoñecemento polo seu traballo nos cursos anteriores.

 

h) Proxectamos na pantalla da entrada do Intituto o vídeo que fixemos con motivo do Día da Muller, como mostra do traballo feminino que sempre estivo e segue estando.

Este curso non puidemos concentrarnos, como en cursos anteriores, para manifestar a nosa repulsa por feitos tan inxustos e inhumanos, porén non pasou desapercibida esta data, para o próximo curso volveremos a xuntarnos.

Día das librarías

O 13 de novembro celebrouse o Día das Librarías, eses pequenos comercios cercanos que atesouran miles de mundos por descubrir. Queremos agradecerlle desde aquí o seu esforzo  por asesorarnos e axudarnos a diario.
 Todos tus Libros.com é a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio  online ás súas prestacións de consulta, difusión cultural e interacción co usuario. Un proxecto estratéxico, de carácter colectivo e asociativo, cunha filosofía participativa, co que queremos achegarnos ao consumidor dixital pero sen renunciar aos principios que nos caracterizan: a diversidade libreira, a atención personalizada, a  bibliodiversidad e o noso papel cultural.

Nun momento social, sanitario e económico tan complicado, coa celebración do Día das Librerías queremos destacar o noso esforzo por manternos vivas e activas, dinamizando as nosas contornas, xerando cultura e comunidade a través dos libros e as lecturas, ademais de darvos as grazas por elixirnos e por defender o voso espazo e tempo individual de lectura.

CEGAL: Confederación Española de Gremios e Asociacións de Librarías.


PALABRAS, DITOS E FEITOS DO MES DE SANTOS


Xa estamos en novembro, un mes no que se celebran os magostos, se fan as matanzas do porco e outras festas e feiras tradicionais moi arraigadas en todo o territorio galego.
O día 1, día de Tódolos Santos, tamén serve para darlle nome: Santos ou mes de Santos.
Moi común é a de San Martiño (ou mes de San Martiño), festividade que cae o día 11 e que está asociada a un pequeno “verán”, o de san Martiño, que “pode ser grande ou pequeniño”, como di o refrán.
Por celebrarse neste mes o día de defuntos (2 de novembro), recibe os nomes de mes dos mortos ou, simplemente, mes morto; tamén mes das ánimas.
E, por caer neste mes o día de Santo André (o 30), tamén recibe o nome de mes de San Andrés ou, simplemente, San Andrés.
Son moitos os ditos e refráns que recollen elementos propios deste mes: o porco, o viño, o frío, as festas…
Serías capaz de achegar unha palabra asociada a este mes, un refrán ou dito, unha tradición... e poñela no noso blog http://abeiradaspalabras.blogspot.com/ou no Facebook https://es-es.facebook.com/iesvilalonga/ a través dun comentario a esta entrada?
A ver cantas xuntamos neste mes de San Martiño!!
(EDLG e Biblioteca do IES de Vilalonga)

Facilitar a aprendizaxe de Lingua Castelá

 

Ramón Alemán é un corrector español que ten varios libros publicados sobre gramática e ortografía. “Lavadora de textos”  foi o seu primeiro libro sobre o castelán, despois viñeron outros como: “La duda, el sentido común y otras herramientas para escribir bien” e  “Cincuenta sonetos lingüísticos”. O autor pretende dun xeito didáctico e divertido que aprendamos as normas que rexen esta lingua. Colabora con distintas emisoras de radio nacionais e autonómicas para difundir as normas do español.

A biblioteca ten os seus libros, acércate a velos:

 

 

 

Premio Nacional de cómic 2020

 

O  historietista Javier de  Isusi foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2020 pola súa obra A divina comedia de Óscar  Wilde.

Este cómic editado pola editorial Astiberri en 2019 ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2019.

Ademais, o xurado premiou a obra de  Isusi (Bilbao, 1972) por ter unha "introdución e final que evocan a representación do teatro da vida, e unha brillante caracterización dos personaxes mediante o acertado recurso de entrevistas individuais".

Na divina comedia de Óscar  Wilde o autor transforma a admiración e xenerosidade que profesa ao escritor irlandés nun cómic onde  fabula sobre os seus últimos anos de vida.

O xurado destacou ademais "o excelente dominio da acuarela de tinta  sepia, con sutís transparencias e diferentes planos de profundidade marcados polo virtuosismo no emprego  tonal dunha mesma gama cromática".

Javier de  Isusi estudou arquitectura nas escolas de San Sebastián e Lisboa. Acabada a carreira, probou brevemente a profesión e emprendeu unha viaxe que lle levou durante un ano para percorrer boa parte de Latinoamérica. Ao volver desa viaxe decidiu dedicarse ao que sempre quixo facer: contar historias en viñetas.

                Book trailer incluido no artigo do periodista Jesús Jiménez sobre a obra premiada. RTVE.