PALABRAS, DITOS E FEITOS DO MES DE SANTOS


Xa estamos en novembro, un mes no que se celebran os magostos, se fan as matanzas do porco e outras festas e feiras tradicionais moi arraigadas en todo o territorio galego.
O día 1, día de Tódolos Santos, tamén serve para darlle nome: Santos ou mes de Santos.
Moi común é a de San Martiño (ou mes de San Martiño), festividade que cae o día 11 e que está asociada a un pequeno “verán”, o de san Martiño, que “pode ser grande ou pequeniño”, como di o refrán.
Por celebrarse neste mes o día de defuntos (2 de novembro), recibe os nomes de mes dos mortos ou, simplemente, mes morto; tamén mes das ánimas.
E, por caer neste mes o día de Santo André (o 30), tamén recibe o nome de mes de San Andrés ou, simplemente, San Andrés.
Son moitos os ditos e refráns que recollen elementos propios deste mes: o porco, o viño, o frío, as festas…
Serías capaz de achegar unha palabra asociada a este mes, un refrán ou dito, unha tradición... e poñela no noso blog http://abeiradaspalabras.blogspot.com/ou no Facebook https://es-es.facebook.com/iesvilalonga/ a través dun comentario a esta entrada?
A ver cantas xuntamos neste mes de San Martiño!!
(EDLG e Biblioteca do IES de Vilalonga)

Ningún comentario:

Publicar un comentario