Concurso de receitas de entroido.

 

Concurso de vídeos de cociña en francés. Aproveitade o inverno, as vacacións de Nadal e de
Entroido para cociñar nas vosas casas e participar no concurso de vídeos de cociña do
Departamento de Francés da EOI de Vilagarcía.



Bases do concurso:
Tema: A cocina, receitas en francés, ingredientes e elaboración. Evitaranse os contidos
susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou discriminatorios. Todos os contidos
deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.
Participantes: Todo o alumnado da EOI de Vilagarcía inscrito para o curso académico 2020-2021
pode participar sempre que respecte as bases deste concurso. Cada participante poderá enviar
un so vídeo e optar a un so premio.
Categorías de participación:
Hai i tres categorías de participación: nivel básico (A1-A2), intermedio (B1-B2) e nivel avanzado
(C1).
Características dos vídeos:
-Evitaranse os contidos susceptibles de ser considerados desaxeitados, ofensivos ou
discriminatorios.
-Todos os contidos deben ser orixinais e estar libres de dereitos de autor.
-Os vídeos deben incluír como mínimo unha pequena presentación en francés do participante,
o nome da receita, os ingredientes, a súa preparación e o resultado final.
Presentación dos vídeos: Enviade un correo a
frances@eoivga.org co voso vídeo e o seu título,
nome e apelidos, grupo no que estades inscritos/as e número de teléfono. Cada participante
poderá enviar un so vídeo e optar a un so premio.
Prazo de presentación: A data límite para a entrega de vídeos é o día 1 de marzo de 2021.
Premios:
Premio mellor vídeo nivel A1-A2: vale de compra de 50€*.
Premio mellor vídeo nivel B1-B2: vale de compra de 50€*.
Premio mellor vídeo nivel C1: vale de compra de 50€*.
Publicidade: Difusión a través da páxina web e das redes sociais da Escola.
Xurado: estará formado por tres profesoras e terá en conta a creatividade e a calidade
lingüística. O resultado será comunicado por correo aos participantes. O xurado resérvase o
dereito de declarar os premios nulos de non haber a lo menos un vídeo presentado para cada
categoría.
*Nun establecemento comercial de Vilagarcía por determinar.

Xaneiro: mes de Castelao


I CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA “CASTELAO NO SÉCULO XXI”

Castealo no século XXI é un proxecto dirixido ao alumnado co obxcetivo de incentivar e normalizar o uso da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación
de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado. 
Ademais recuperamos e homenaxeamos a unha das figuras máis importantes da nosa cultura.


BASES DO CONCURSO
1ª. As Cousas poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia, pero sempre deberán ter o carácter de denuncia dos males do tempo que nos toca vivir ao igual que as obras orixinais de Castelao.

2ª. O texto que acompañe as ilustracións estará escrito en galego.

3ª. Nas obras presentadas valorarase a calidade do debuxo e a súa orixinalidade, así como a corrección lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...).

4ª. Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo. Poderán participar cun máximo de dúas obras.

5ª. O concurso vai destinado a todo o alumnado do centro en tres categorías:
- 1º e 2º da ESO.
- 3º e 4º da ESO e FPB.
- 1º e 2º de bacharelato e ciclos formativos.

6ª. A data final de entrega das obras será o 4 de febreiro de 2021. Mandaranse as obras escaneadas ao correo edlgbib.iesvilalonga@gmail.com ou os orixinais depositados na biblioteca nunha caixa designada para o concurso. Nun documento á parte (se se entrega por correo) ou nun sobre pechado co título da obra escrito por fóra as/os autoras/es indicarán o seu nome e curso.
IMPORTANTE: as Cousas teñen que ser anónimas, se as obras traen escrito o nome na folla serán eliminadas do concurso.

7ª. A cada obra gañadora dentro da súa categoría entregaráselle un lote de libros e de material de debuxo. Ademais publicaranse no blog e no Facebook do centro.

8ª. O xurado estará composto por tres persoas do centro, actuando de secretario/a a responsable do EDLG.

9ª. O xurado emitirá o ditame na semana seguinte ao remate do concurso.

10ª. A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases.

Arte matemática


O alumnado de 1º da ESO, dirixido polos seus profesores da materia de matemáticas Estela Prol e Arturo Juiz, fixo unhas preciosas obras de arte.  Por moi diferentes que parezan ser, ambas disciplinas, os seus enfoques son similares; as súas longas historias están entrelazadas. Tanto as matemáticas como a arte requiren unha certa creatividade, tanto se se trata de atopar a mellor maneira de resolver un problema desconcertante como do ben e imaxinativo que se pode capturar unha emoción nun lenzo en branco.

Tanto os matemáticos como os artistas deben estirar as súas mentes e imaxinacións para expresar as súas ideas. Ao longo da historia e aínda hoxe, moitos artistas tamén utilizaron as matemáticas para crear e inspirar as súas obras de arte. Durante o Renacemento,  Albrecht  Durero e Leonardo da  Vinci foron famosos por facer que as escenas cobrasen vida nunha superficie plana mediante o uso de cuadrículas e os principios da perspectiva lineal.

Benvida sexa a transversalidade, a creatividade e saber elevarnos sobre o que aprendemos para ir máis alá. Parabéns aos profes e o seu alumnado.

XELA ARIAS, POETA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS 2021

 

A distancia, observo

                 que me observas,

que probas, vacilas,

e recólle-las certezas. 

  

 

Este ano novo iniciámolo dando a coñecer o nome da nova persoa ligada á nosa cultura e homenaxeada co día das Letras Galegas no 2021, que nesta ocasión recae sobre a poeta Xela Arias.

 Real Academia Galega: Xela Arias Letras Galegas 2021

 

Podes adentrarte nos seus versos neste libro que atoparás na nosa biblioteca!


Benvido sexa o ano de Xela Arias!

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA


 

Un pintor-escritor no IES de Vilalonga.

 

Xa hai uns anos que o IES de Vilalonga goza, entre os seus profesores, dun pintor, ilustrador e escritor; falo do compañeiro e amigo Eduardo Pérez Baamonde. Recórdoo sempre pintando, cos seus cadernos de debuxo, plasmando unha rúa, unhas flores, un rostro, un barco... atento a calquera obxecto ou figura que lle inspire unha imaxe. Froito dese traballo foron innumerables cadros, exposicións, ilustracións de libros de contos e cadernos de viaxe, etc.

Naceu en Vilalba (Lugo). En Santiago cursou estudos de Historia da arte, de  Museoloxía e de Artes e Oficios. A partir de  l988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio, con destino na actualidade no IES de Vilalonga (Sanxenxo).

Amante do deseño gráfico e da pintura, empezou a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta e, desde entón, leva realizadas unhas sesenta mostras individuais e máis de cento vinte colectivas.

Este Nadal publicou un álbum infantil orientado a fomentar o gusto polos libros. Non só pola lectura como finalidade esencial, senón polo libro como obxecto de goce, de coñecemento, de consulta, de distracción... O equipo da biblioteca acolle con ledicia esta obra e ademais comparte a mensaxe que transmite.

Grazas Eduardo por formar parte do equipo da biblioteca tantos anos, por colaborar en incontables proxectos, por seguir aí o pé do canón.



Se queredes curiosear na súa obra aquí vos deixo un enlace: https://almacendefabulas.com