Realizaron un mural sobre tres fórmulas matemáticas coñecidas co nome de Igualdades Notables, son unhas fórmulas moi usadas en álxebra e que lles resultan difíciles de aprender e aplicar pola abstracción que supón pasar do cálculo numérico ao cálculo con variables. Son importantes porque non aprendelas ben este curso pódelles carrexar dificultades os próximos cursos.
O obxectivo é que as aprendan, non só as fórmulas en si, senón como se len, para que lles resulte máis fácil lembralas e aplicalas. O traballo realizárono en grupos de 7 alumnos de diferentes niveis para que os que teñen máis dificultades de comprensión se vísen apoiados por aqueles alumnos aos que lles resulta máis fácil e para que na parte máis manual visen que poden achegar tanto ou máis que outros alumnos que a priori sacan mellores notas, tiveron que distribuírse as tarefas e expoñelo en clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario