FELICES E VENTUROSAS FESTAS

 Canción de nadal africana:  "Hurray Hurray"

Un ano máis, con esta árbore musical feita coa colaboración dos departamentos de administrativo, matemáticas, alumnado de plástica de 3º de ESO, alumnado de francés de 1º de ESO, alumnado de galego de 2º de ESO e Club de lectura e coa achega que nos brindou a escolma poética do IES San Paio, que nos facilitou o traballo para unhas tarxetas poéticas "moi matemáticas", desexámosvos unhas 

FELICES E PRÓSPERAS FESTASSAÚDE E PAN!

CINE POLOS DEREITOS HUMANOS




O martes 16 de decembro e o mércores 18, organizado pola Biblioteca en colaboración co departamento de Filosofía, organizamos tres megasesións cinematográficas: "Quero ser como Beckham" para 1º e 2º de ESO, "A bicicleta verde" para 3º e 4º de ESO, "A verdade oculta" para 1º e 2º de BACHARELATO. O obxectivo, a parte de disfrutar de cine de calidade, foi reivindicar os dereitos humanos, especialmente os da muller, deste xeito rendemos a nosa homenaxe ós Dereitos humanos e en particular, ós das mulleres. As sesións foron un éxito.


GUÍAS DE CINE E LECTURA

Un Nadal máis, presentámosvos aquí un feixe de suxestións para pasar unhas vacacións ben acompañados dun libro, dunha película ou dun cómic... Dende a Biblioteca desexamos que as vacacións veñan acompañadas de saúde, paz, harmonía e pan para todos. 
 VÉMONOS NO 2015

"GATUXO"

Moi fermoso libro-disco para "BeBés" e  maiores
con  Magín Blanco, Raquel Queizás, María Faltri e Jorge Juncal (folmúsica), presentado no CULTURGAL (Feira das industrias culturais), en Pontevedra 2014

   
Rb.

Enredando versos en SALAMANCA

Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui.

O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
 

Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste
O primeiro día paramos en Zamora a comer. Xa en Salamanca visitamos a librería Hydria e á noite realizamos un recital da man do poeta Raúl Vacas e o cantautor, Fernando Maés.
Exemplo de Urban Knitting.

Os seguintes días visitamos a biblioteca municipal G. Torrente Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla ornitolóxica con José Luis Moreno "Pájaros en la cabeza". 

Fixemos un roteiro guiado por Salamanca e visitamos o Museo de Arte Contemporáneo. Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a visita ó Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte urbana  pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar  na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal,   Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)

De volta á casa paramos en Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como  o Beato mozárabe de Tábara.