Amosando publicacións coa etiqueta CASTELÁN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CASTELÁN. Amosar todas as publicacións

SAN VALENTÍN NO IES DE VILALONGA

       Música: Pablo Alborán "Mon amour"/"Dulce amor"

Dende a Biblioteca do IES de Vilalonga decidimos celebrar o día de San Valentín reivindicando a poesía: fixemos unha selección de poemas en distintas linguas e deixámolos na entrada do IES para que o alumnado escollera o que máis lle gustara e o metera nun sobre. A actividade rematará este venres coa entrega dos sobres polo noso especial cupido. Non deixedes de  ver o vídeo que ilustra graficamente a actividade.

OUTONO: CINE

 INCH´ALLAH. Anaïs Barbeau-Lavalette. Algo máis que "unha doutora europea en Palestina que vive en Israel". Dous mundos enfrontados: os muros que erguen os poderosos do mundo para non ver as miserias que enxendran do outro lado. Estado de sitio.


TI MÁIS EU (Tú y Yo / Io e Te). Bernardo Bertolucci. Este mestre do cine italiano regresa unha vez máis para falar dos xoves, bota unha ollada á adolescencia e faino ben. Lorenzo ten 14 anos e rebélase contra o mundo vivindo en soedade, pero que fai o mundo?

A CAZA (La caza / The Hunt). Thomas Vinterberg. Un bo filme dinamarqués que ocorre no ámbito da escola e dun pequeno pobo, onde unha mentira corre coma a pólvora e pode rematar en traxedia. Fermosa  é a fotografía e a súa banda sonora. Moi boa interpretación.

BÁRBARA (Barbara). Christian PetzoldUnha vez máis no século XX, os muros erguidos polas guerras, sempre dos poderosos, impiden que a vida de moitas persoas, responsablemente dedicadas ao seu traballo, sexa digna. Represión. Só o amor, o coñecemento e o trato humano van restaurando a situación. Alemaña do Leste (República Democrática Alemana), 1980. Magnífica interpretación.

ANNA KARENINA (Anna Karénina). Joe Wright. de novo volve ao cine esta historia romántica de amor e rebeldía do século XIX, baseada na novela do mesmo nome de León Tolstói. Agora sorpréndenos cunha posta en escena máis próxima ao teatro. 

NON (No). Pablo Larraín. Baseada na obra teatral El Plebiscito, de Antonio Skármata. Neste filme pódese ver como se xesta a campaña publicitaria que rematou coa longa e brutal dictadura de Augusto Pinochet en Chile. Se alguén quere ir máis lonxe pode ver tamén Missing que mostra, a raíz da desaparición dun xove cooperante norteamericano en Chile, como e quen decidiu rematar violentamente co goberno democrático de Salvador Allende (1973) e elevou a Pinochet ao poder. Golpe de Estado.

LAWRENCE DE ARABIA (Lawrence of Arábia). David Lean. Outro clásico para ver que nos leva, a través das campañas do enigmático oficial británico T. E. Lawrence, aos escenarios da Primeira Guerra Mundial, durante a que árabes, apoiados polo Reino Unido, e turcos tamén se baten. 
             
                   GRANDES ESPERANZAS (Great Expectations).MikeNewell.Tamén reaparece esta obra épica do século XIX baseada na novela homónima de Charles Dickens. Hai outras versións xa clásicas e brillantes, pero esta chéganos con actores novos. Non está mal, e esa necesidade que temos os humanos de que nos conten historias felices e dramáticas, que nos transmitan os sentimentos e as emocións dos demais, ben pode quedar satisfeita. Que nos conten un conto longo, talvez nós tamén sexamos eles. 

O EXERCICIO DO PODER (L´Exercice de L´Etat). Pierre Schoeller. Un interesante thriller político do noso tempo.
Rb.

MÚSICA, CANCIÓNS ... PARA UN TEMPO DE LOBOS, DE GUERRA: AMOR

Joni Mitchell: A Case of You
letra da canción en inglés
sempre é unha delicia escoitala
fai poucos días os xornais daban a triste nova... unha xove  moitos xoves e maiores  puxéronse a escoitar esta canción en París e no resto do planeta... quédate sempre "meteco"... In Memoriam


Bob Dylan: The girl from the north country

letra en inglés e castelán
unha canción de amor linda

LULAVAI EN VIVEIRO

"Haurtxo polita sehaskan dago, zapi xuritan txit bero.
Amonak dio: ene potxolo, arren egin ba, lo, lo.
Txakur haundia etorriko da zuk ez badeza egiten lo;
horregatik, ba, ene potxolo, egin aguro lo, lo, lo.." ?
escóitase tamén en galego no CD, atentos!

LULAVAI: CorDas Verbas

que ben soan estas arpas celtas!

Nena Daconte: Sólo Muerdo por Ti



outra  preciosa nana para un tempo de lobos...
E.Rey

MÚSICA E LIBROS PARA UN ANO NOVO

Para Ti, Princesa
MÚSICA 
Van Morrison: Br0wn Eyed Girl

Grandes voces da poesía europea están en GRECIA, mal que lle pese aoFMI /
TROIKA: 
Yorgos Seferis: Mythistórima. Poesía completa. Galaxia Gutenberg/Círculo de lectores. Poesía. Premio Nobel de Literatura 1963. Unha  vez máis, unha viaxe poética, como na Odisea ou como en Viaxe a Ítaca de K. Kavafis.

"Temblaba tanto que se la llevó el viento
................................................................
allá lejos 
un mar 
allá lejos 
una isla al sol 
y las manos aferradas a los remos 
muriendo a la vista del puerto
................................................................ "


poesía amediavoz


MÚSICA           Safo


Yannis Ritsos: Sonata del claro de luna. Acantilado. Poesía. Fermosos monólogos. Intensa e bela voz lírica da poesía europea.

       poesía amediavoz

"Deja que vaya yo contigo,
déjame bajar un poco, hasta la tapia de la fábrica de 
ladrillos,
hasta el lugar donde tuerce el camino y surge
la ciudad enjabelgada y etérea, blanca a la luz de la 
luna,
......................................................................."


Monemvasia, pobo natal do poeta



 e en PALESTINA:
Mahmud Darwis: En presencia de la ausencia (1941-2008).Pre-Textos. Narrativa.
Poema narrativo ou  autobiografía poética,  beleza de tan fondo lirismo e inmensas imaxes poéticas. Unha creación comprometida co ser humano, con delicadeza e  intelixencia.  Darwis (Birwa, Palestina, 1941-Houston, EEUU, 2008)  é referente fundamental da poesía árabe do século XX. 

Mahmud Darwix: Como la flor del almendro o allende. Pre-Textos. Poesía.

Checkpoint Rock:  documental


(Este documental mostra moitos músicos palestinos que se inspiraron na poesía de Darwis)

e máis:

Francisco Brines: Yo descanso en la luz. Edición de L. G. Montero. Visor. Poesía
Poesía lírica, pausada, tranquila

MÚSICA 

Maria del Mar Bonet: La Balanguera (Bellver)

EPÍSTOLAS

Paul Auster, J.M. Coetzee: Aquí y ahora: Cartas 2008-2011. Mondadori. Cartas...Cartas coma as que recibía Sergio Makaroff da súa nai; cartas de tanta ternura coma as que recibía, de estudante, do meu pai; as cartas de amor, de amizade, cartas sobre o saber...

MÚSICA

Deste mesmo disco: Un hombre feo, Sergio Macaroff ten unha canción que fala da correspondencia:  "...cada cien cartas que escribo recibo una y es de mamá..." 
PROSAS
WislawaSzymborska: Lecturas no obligatorias. Alfabia. Narrativa. Desde Cracovia   esta  creadora incansable, premio Nobel de Literatura 1996.
NARRATIVA 


Teju Cole: Ciudad abierta. Acantilado. Narrativa.
Muñoz Molina di dela que lle gustaría a él escribila. A min despois de acariciala e mirala entráronme unhas enormes ganas de lela. É unha historia coral do ser humano en todas as dimensións soñadas:  de sol e chuvia; en blanco e negro; de ciencia, pensamento, música e pintura; de amor e desamor; de palabras e silencios... Un xove nixeriano psiquiatra nun hospital neoiorquino pérdese profundamente polas rúas de Manhattan. Unha beleza.
                               MÚSICA 
Ismael Serrano:Despierta

NARRATIVA

Lluis Llach: Memoria de unos ojos pintados. Seix Barral. Narrativa. Conta a historia de amor entre Germinal e David que reciben a República con gran ilusión. Pero  a guerra e a represión da dictadura  romperán todos os soños?







Juan José Millás: Vidas al límite. Seix Barral.Prosas. Reúne as millores reportaxes do autor.
    MÚSICA 



PROSAS

William Faulkner: Ensayos y discursos. Capitán Swing. Prosas. Faulkner sempre volve. Aquí lemos seu pensamento.

                           MÚSICA 
ENSAIO

Erwin Schrödinger: ¿Qué es la vida? Tusquets.Ensaio. Profesor de física vienés, que abandona Alemaña cando entra Hitler, foi un home moi preocupado polo aspecto humanístico da ciencia e da ética científica.     
             MÚSICA