Amosando publicacións coa etiqueta linguas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguas. Amosar todas as publicacións

Cantar para estar viva

First we take Manhattan. 
Leonard Cohen

sempre un clásico para prever e logo non andar con elexías, desmoronamentos, 
antigo "Ubi sunt"...


Mergullei
Guadi Galego
pola fermosa lingua na música ben feita


El chico de la armónica. 
Micky
para os invisíbeis "nenos soldado" de África e do mundo enteiro

Niña de agua. 
Ana Belén
polo amor e a vida

Winter in Canada
Elissa Gabbai

polas belas cancións
Rb.

CINE PARA PENSAR, PARA AMAR, PARA EMOCIONAR...

 Un invierno en la playa."Inteligencia, tono y talento". Josh Boone. EE UU, 2012. A vida día a día. O amor duradeiro: un proxecto de vida en común; agora que o amor vai tan barato ben paga a pena deterse en películas coma esta dirixida ás emocións. Nada está perdido, verás. Gústame este cine fresco, fermoso e reflexivo que nos está a chegar de América.

 
Hannah Arendt. "H. Arendt, pensadora alemana de orixe xudeu" / "Eichmann en la horca"). Filme alemán 2013, da directora Margarethe von Trotta, "Un elogio de la inteligencia".


Las horas del verano. Olivier Assayas, un importante director do cine francés actual. Francia 2008. "Un film francés terso, fluído y suave como la corriente serena de ese río que en la metáfora representa el paso del tiempo..." 


                                       



    





En tierra de hombres. Niki Caro. EE UU, 2005    (ficha didáctica). Filme moi interesante para traballar na aula. A crítica é controvertida e ás veces un pouco despiadada e irreflexiva. É certo que a actriz Charlize Theron é moi boa e a música tamén, pero non só. Talvez non sexa suficiente vela con ollos de europeo sen máis. Trasladémonos a USA e miremos como funcionan as súas leis laborais; como se vive e se relacionan na América profunda - non é o mesmo que no Manhattan de Woody Allen; e quen se foi de Europa para alá, non sempre foi o mellor, tamén emigraron as comunidades máis retrogradas fuxindo do libre pensamento. América é moi grande e hai sitio para todos. E aquí?, son as comarcas mineiras outra cousa que terra de homes? En calquera caso saiban os novos e os non tan novos que nada se nos dá gratuitamente, non vaia ser que todo estea por ganar.

OUTONO: CINE

 INCH´ALLAH. Anaïs Barbeau-Lavalette. Algo máis que "unha doutora europea en Palestina que vive en Israel". Dous mundos enfrontados: os muros que erguen os poderosos do mundo para non ver as miserias que enxendran do outro lado. Estado de sitio.


TI MÁIS EU (Tú y Yo / Io e Te). Bernardo Bertolucci. Este mestre do cine italiano regresa unha vez máis para falar dos xoves, bota unha ollada á adolescencia e faino ben. Lorenzo ten 14 anos e rebélase contra o mundo vivindo en soedade, pero que fai o mundo?

A CAZA (La caza / The Hunt). Thomas Vinterberg. Un bo filme dinamarqués que ocorre no ámbito da escola e dun pequeno pobo, onde unha mentira corre coma a pólvora e pode rematar en traxedia. Fermosa  é a fotografía e a súa banda sonora. Moi boa interpretación.

BÁRBARA (Barbara). Christian Petzold. Unha vez máis no século XX, os muros erguidos polas guerras, sempre dos poderosos, impiden que a vida de moitas persoas, responsablemente dedicadas ao seu traballo, sexa digna. Represión. Só o amor, o coñecemento e o trato humano van restaurando a situación. Alemaña do Leste (República Democrática Alemana), 1980. Magnífica interpretación.

ANNA KARENINA (Anna Karénina). Joe Wright. de novo volve ao cine esta historia romántica de amor e rebeldía do século XIX, baseada na novela do mesmo nome de León Tolstói. Agora sorpréndenos cunha posta en escena máis próxima ao teatro. 

NON (No). Pablo Larraín. Baseada na obra teatral El Plebiscito, de Antonio Skármata. Neste filme pódese ver como se xesta a campaña publicitaria que rematou coa longa e brutal dictadura de Augusto Pinochet en Chile. Se alguén quere ir máis lonxe pode ver tamén Missing que mostra, a raíz da desaparición dun xove cooperante norteamericano en Chile, como e quen decidiu rematar violentamente co goberno democrático de Salvador Allende (1973) e elevou a Pinochet ao poder. Golpe de Estado.

LAWRENCE DE ARABIA (Lawrence of Arábia). David Lean. Outro clásico para ver que nos leva, a través das campañas do enigmático oficial británico T. E. Lawrence, aos escenarios da Primeira Guerra Mundial, durante a que árabes, apoiados polo Reino Unido, e turcos tamén se baten. 
             
                   GRANDES ESPERANZAS (Great Expectations).MikeNewell.Tamén reaparece esta obra épica do século XIX baseada na novela homónima de Charles Dickens. Hai outras versións xa clásicas e brillantes, pero esta chéganos con actores novos. Non está mal, e esa necesidade que temos os humanos de que nos conten historias felices e dramáticas, que nos transmitan os sentimentos e as emocións dos demais, ben pode quedar satisfeita. Que nos conten un conto longo, talvez nós tamén sexamos eles. 

O EXERCICIO DO PODER (L´Exercice de L´Etat). Pierre Schoeller. Un interesante thriller político do noso tempo.
Rb.

MÚSICA PARA UNHA NOITE DE REIS

Le roi
Renaud de Malicorne
Pierre Bensusan

Músicas como estas é posible escoitalas grazas a programas como Radio 3/El Hexágono: Noche de Reyes 2013, e tódolos venres de 19 a 20 horas:



Quand Jean Renaud, de guerre revient
Tient ses entrailles dans sa main.
Sa mère était sur les créneaux
Qui vit venir son fils Renaud.

" - Mon fils Renaud, réjouis toi,
Ta femme a mis au monde un roi."
" - Ni de ma femme, ni de mon fils
Je ne saurais me réjouir."

" - Faites moi vite un beau lit blanc
Je n'y dormirai pas longtemps !"
Et quand ce vint sur les minuits
Le Roi Renaud rendit l'esprit.

" - Ah! dites moi, mère, m'amie,
Que pleurent nos valets ici ? "
" - Ma fille en baignant les chevaux,
Ont laissé noyer les plus beaux."
.................................