Emilio Xosé Ínsua visítanos mañá


O escritor e profesor, Emilio Xosé Ínsua, estará connosco mañá. Autor de dous poemarios: Devalar das esperas (1995) e Acontece ás veces a ternura (2005), é tamén autor de numerosos traballos ensaísticos de persoeiros significativos da nosa literatura e da nosa cultura: Antón Villar Ponte, Cabanillas, Maruja Mallo. O seu último traballo estuda a toponimia deturpada a través do topónimo San Cibrao.


Este poema da súa obra, Acontece ás veces a ternura, achéganos ó homenaxeado das Letras Galegas deste ano.

"ESA DIGNIDADE DE MORRER DE SIDA"
A Lois Pereiro, poeta
I
MENTRAS o virus se adonou do teu corpo
medrou en ti e nos teus versos unha dignidade nova.

Acariñaron os teus ollos como nunca a paisaxe
reclamaron as túas vísceras desfeitas como nunca
vida, afectos, amor, sucesión, outro destino.

Máis humano entón aínda
converteches os restos da túa existencia
nun xogo divino de furias
ao que ficamos convidados por ti
para sempre.

Fixécheste definitivamente noso
mentres o sangue fervente
transportaba en ti o irremediábel
e o teu verso proclamaba
un adeus emocionado a todas as cousas
que hoxe nos traspasa
conmovente.

Prometémosche a memoria
agora que descansas
xa sen dor
co rostro definitivamente
sereno.

Prométemosche viva
para sempre entre nós
a forza inconmesurábel
do teu amor.

II

Nas aulas onde traballo e disque xustifico
nómina formación condición laboral día tras día
lemos os teus versos
de amor e enfermidade
relemos o clamor silencioso da túa vida que se despide
do teu amor que se apaga entre pálpitos e dores
sobrecollidos
emocionados.

Voces de adolescentes quebradas
rezan unha a unha as palabras
coas que puideches conxurar o olvido
e trépalles a mágoa aos ollos
e ábreselles unha chaga no corazón.

Déixame perguntarche
agora que estás detrás do espello
que non embaza xa o alento
se vale a vida toda túa miña de calquera
un intre así, este silencio reverenciado,
se che vale de recompensa a tanta dor
que sexamos outros os que amamos máis a vida
através dos teus versos dolorosos e claros
se non era isto
non foi sempre isto
non pode ser senón isto, Lois,
a poesía.
UNHA PÁXINA POLA PAZ

MÁIS CINE, MÁIS LIBROS NA BIBIOTECA

Cometas en el cielo, do director estadounidense Marc Forster e baseada na novela homónima do escritor afgano Cometas en el cielo, do escritor Khaled Hosseini, estreouse en 2007. Son as memorias sentidas e cribles de Afganistán. Son os ceos de cometas, as rúas da amizade e da dor e as cidades do reecontro.

La última estación, de Michael Hoffman, 2009. Trata os últimos anos de vida do escritor ruso Leo Tólstoi, momento no que cre nun modo de vida harmonioso, sinxelo e colectivo, sen propiedade privada. Notable interpretación.

¡Bienvenido, Mister Marshall!, de Luis García Berlanga, España 1953. A España atrapada no franquismo e illada internacionalmente vista con humor.

El diario de Carlota, José Manuel Carrasco, España 2010. Comedia baseada na novela El diario rojo de Carlota, de Gemma Lienas. “Quen dixo que ter 16 anos era fácil?”



EN CARTEL

De Dioses y hombres,de Xavier Beauvois. Francia 2010.

Emocionante relato nunha pequena comunidade do Atlas, na Alxeria dos anos noventa.


A Biblioteca deu entrada tamén nos últimos días á banda deseñada:

Silvana, a filla do explorador. OS ESPÍRITOS AZUIS, de R. Marcos.



Paul se muda, de Michel Rabagliati. Canadá.


E máis libros: Periferia, El chico de la ventana, A filla do ladrón de bicicletas, El libro azul, A casa dos murmurios...





DÍA DA PAZ



href="http://www.imagechef.com/ic/word_mosaic/" target="_blank"> ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com

POESÍA

EN TEMPO DE DESASOSEGO, SÍRVETE POESÍA

http://www.poemas-del-alma.com/jose-agustin-goytisolo-palabras-para-julia.htm


Palabras para Julia

La vida es bella, ya verás
como a pesar de los pesares
tendrás amigos, tendrás amor.

..........................................................
José Agustín Goytisolo

Teatro en francés: "Les femmes savantes"



O pasado mércores, 13 de xaneiro, o alumnado de francés do noso IES asistiu á representación teatral no Teatro Principal de Pontevedra da obra: Les femmes savantes de Molière. Adaptada pola compañía Eina d'Escola.

Tras a representación os seus actores desenvolveron un pequeno coloquio, no cal contestaron ás preguntas do público sobre as orixes da compañía, as súas nacionalidades, o tempo que lles levou ensaiar a obra e outras cuestións que lles fixeron os alumnos, incluso algunha formulada en francés.

SANTIAGO, DA LENDA Á HISTORIA. VIAXES.




4º ESO (DC) ENTRA EN SANTIAGO
POLO CAMIÑO PORTUGUÉS.

O día 16 de decembro os alumnos de 4º de ESO (DC) visitan Santiago de Compostela. Fan a pé desde o Milladoiro e guíannos, por quendas, ata a Praza do Obradoiro e o interior da catedral, entrando pola Porta de Faxeiras e a rúa do Franco. Á luz das guías, previamente preparadas, e das súas investigacións sobre a historia do camiño veremos un amplo abano de fermosos recantos da cidade vella. Ademais dispoñen xantar no Parque de Bonaval, esixen unha mirada do Campus Sur desde o balcón da Ferradura e toman a firme decisión de volver en tren para entrar en Vilagarcía a carón da ría, ao solpor, e degustar o luxo das comunicacións das que habitualmente carecen.

EXCELENTE VIAXE!

Guión de traballo: O Camiño de Santiago, unha ficción / De como a lenda se vai fecendo historia / Da historia á publicidade / As vías máis importantes / O Camiño de Santiago unha ruta de cultura e coñecemento, de economía e progreso / Elaboración de guía e plano: Milladoiro-Praza do Obradoiro.

Bibliografía: Otra idea de Galicia, Miguel-Anxo Murado; Guía e rutas da arte. Santiago de Compostela, B. Cegarra, Galaxia; Guía da Catedral de Santiago, A nosa Terra; Hª da arte , Pilar Díaz, Lóstrego; Galicia na I. Media, A. Mª Framiñán, Lóstrego; O Camiño de Santiago, C. A. González, Lóstrego;De acuarelas por Santiago, E. Baamonde.
"Meiga": recursos web; arhttp://www.arteguias.com/camino-santiago-historia.htmte; Wikipedia; http://www.vallenajerilla.com/berceo/santiago/economia.htm

Biblioteca/Ámbito Sociolingüístico