Amosando publicacións coa etiqueta ENREDANDO VERSOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENREDANDO VERSOS. Amosar todas as publicacións

Enredando versos en SALAMANCA

Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui.

O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
 

Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste
O primeiro día paramos en Zamora a comer. Xa en Salamanca visitamos a librería Hydria e á noite realizamos un recital da man do poeta Raúl Vacas e o cantautor, Fernando Maés.
Exemplo de Urban Knitting.

Os seguintes días visitamos a biblioteca municipal G. Torrente Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla ornitolóxica con José Luis Moreno "Pájaros en la cabeza". 

Fixemos un roteiro guiado por Salamanca e visitamos o Museo de Arte Contemporáneo. Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a visita ó Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte urbana  pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar  na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal,   Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)

De volta á casa paramos en Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como  o Beato mozárabe de Tábara.

Máis de ENREDANDO VERSOS


Os nosos alumnos de 3º da ESO recitando "Un poema de amor"  de KIKO NEVES.



O alumnado no obradoiro PROXECTO LINGUAS NO ENSINO USC (Proetomarea) e no recital posterior xunto con poetas como Carlos Negro.

 María Lado e Lucía Aldao a bilingüar marabillosamente co poema "Deitado frente ao mar" de CELSO EMILIO FERREIRO.

Aquí seguimos coas nosas intervecións poéticas pola rúa da man do poeta,  Raúl Vacas, como animador. Tendendo os poemas nos enxugadoiros poéticos e compartindo o manifesto cos poetas anteriores e Ledicia Costas para lanzar a nosa botella ó mar.