Día Internacional dos Museos.


Día Internacional dos Museos: «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 que se celebra o 18 de maio. A pesar da actual situación de pandemia, celebrarase mediante a organización de actividades dixitais e en liña.

Este encontro internacional ten como obxectivo reflexionar desde os museos sobre a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos e ofrecer ferramentas para superar os prexuízos no que os museos contan e mostran.

O Museo da  BNE organizou diferentes exposicións e actividades nas que se mostraron realidades diversas a través do  riquísimo patrimonio que se conserva na Biblioteca Nacional de España.

Para esta ocasión seleccionouse a exposición virtual "Mans con voz propia: cincocentos anos de lingua de signos"  na que se fai un percorrido que se inicia co primeiro manuscrito conservado sobre os primeiros intentos de educación das persoas xordas: o Tratado legal sobre os mudos de  Laso, datado en 1550, ata a actualidade, prestando unha especial atención aos fondos conservados datados no século  XIX.
Dende o centro tamén quixemos colaborar e a 
profesora de Lingua e Literatura castelá Fátima Barreiro  ademais de animar ao alumnado a visitar a exposición virtual "Manos con voz propia: quinientos años de lengua de signos", pedíuselle que elaboraran un vídeo presentándose en LSE. Aquí temos dúas mostras do ben que o sabe facer o noso alumnado.                                                                                                   

 


Laura Esperante de 1° de Bach A.
 



 Sabes que di a compañeira?

Alba García, de 1° de Bach B 


 Aquí vos deixo a dirección da páxina da BNE para que ampliedes a información: http://www.bne.es/es/AreaPrensa/noticias2020/0514-el-museo-bne-en-dia-internacional-de-los-museos.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario